{"id":891,"date":"2006-02-02T20:24:37","date_gmt":"2006-02-02T18:24:37","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=891"},"modified":"2006-02-03T16:03:35","modified_gmt":"2006-02-03T14:03:35","slug":"un-rueiro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/02\/02\/un-rueiro\/","title":{"rendered":"un rueiro"},"content":{"rendered":"<p>Ao sa\u00edr do traballo, distra\u00eddo, desv\u00edome en direcci\u00f3n contraria durante cinco minutos.<\/p>\n<p>Minto: en realidade, a inercia cerebral levoume polo cami\u00f1o da mi\u00f1a casa <em>vella<\/em>, na que viv\u00edn ata hai un mes. Aquel cami\u00f1o de 9 minutos contados (sen inclu\u00edr o tempo do caf\u00e9) estaba cheo de pequenos rituais. Cando volv\u00eda \u00e1 casa, \u00e1 mediod\u00eda, cruz\u00e1bame cunha xerente de trinta e tantos que mesmo nos d\u00edas m\u00e1is escuros do inverno levaba gafas de sol e un reprodutor MP3 a todo volume cos 40 principais. Cami\u00f1aba morta de medo e agorafobia ata o refuxio escuro dun baixo de xestor\u00eda. Eu med\u00eda o meu retraso polo seu mundo puntual e exacto. Ao sa\u00edr da casa, pola ma\u00f1\u00e1, viv\u00eda unha escena como de peli independente americana: nunha volta de r\u00faa chea de fr\u00edo e vento, unha dona cl\u00e1sica de barrio, co seu delantal, marabill\u00e1base a diario de como se ali\u00f1aban as pombas en perfecta cadr\u00edcula nas paredes dunha casa ruinosa.  &#8220;Que fermosura&#8221;, dic\u00edame todos os d\u00edas. Ti\u00f1ades que ver como sorr\u00eda: todos deberiamos fascinarnos as\u00ed polas pequenas cousas. <\/p>\n<p>Ao baixar, as gaivotas chiaban no alto, e eu, que viv\u00edn fronte o mar toda a infancia, non pod\u00eda menos que desexar ver o porto cheo de barcos \u00e1 volta de San Roque.  Un vello xen\u00f3fobo, cando volv\u00eda, recib\u00edame sentado \u00e1 porta do seu antigo comercio, nunha t\u00e9trica pasaxe, desexando que eu -ou calquera- fose un ladr\u00f3n que lle roubara a tenda e as\u00ed poder confirmar a s\u00faa versi\u00f3n dom\u00e9stica do fascismo e morrer en paz. Nunca lle din o pracer, non hab\u00eda nada de interese nesas estanter\u00edas de salsa de tomate caducado \u00e1 espera do incauto ou un resacoso de s\u00e1bado a mediod\u00eda. <\/p>\n<p>No recanto da mi\u00f1a r\u00faa medraban cogumelos xigantes, gatos de cores impos\u00edbeis, reis de ouros e estarcidos pararevolucionarios en a penas dous metros cadrados. Cando as monxas la\u00f1aron -ilegalmente e baixo a anuencia xeral- unha porta na parte de atr\u00e1s da muralla, a horta de tralos muros mudou de imaxinaci\u00f3n morbosa enpura prosa,  pero gust\u00e1bame entrar e ver como eran aquelas hedras de cabaza. Dende f\u00f3ra, no alto do muro alt\u00edsimo, aparec\u00edan bulbos verdes de cabelo de anxo. <\/p>\n<p>M\u00e1is abaixo, hab\u00eda prazas, luces, e na Algalia de arriba, na esquina m\u00e1is estreita, era sempre estresante escoitar os pasos -como soan obscenos e enormes os pasos no medio da Algalia- de alg\u00fan oficinista que chega tarde \u00e1 s\u00faa lectura matinal de xornal.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ao sa\u00edr do traballo, distra\u00eddo, desv\u00edome en direcci\u00f3n contraria durante cinco minutos. Minto: en realidade,&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2006\/02\/02\/un-rueiro\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">un rueiro<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-891","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/891","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=891"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/891\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=891"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=891"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=891"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}