{"id":8849,"date":"2009-11-16T00:57:58","date_gmt":"2009-11-15T22:57:58","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=8849"},"modified":"2009-11-16T09:33:40","modified_gmt":"2009-11-16T07:33:40","slug":"o-pan-nos-mesmos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/11\/16\/o-pan-nos-mesmos\/","title":{"rendered":"O pan, n\u00f3s mesmos"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/artesa_pan.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Maril\u00f3 e David amasan na artesa da Casa do Monte. Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>O pan, pensei, o pan somos n\u00f3s mesmos. <\/p>\n<p>Poucos fornos do pa\u00eds se seguen a\u00ednda a prender nas casas dos labradores de Galicia. E moitos menos a\u00ednda realizan todo o proceso como hai d\u00e9cadas. O trigo, o millo, pero sobre todo o amasado manual, na mesma artesa. Maril\u00f3, da Casa do Monte, de Noente (Vila de Cruces), avisounos de que o s\u00e1bado, o seu vello forno volv\u00eda a prender. Dez quilos de fari\u00f1a da casa, al\u00ed mesmo, amasados durante trinta ou corenta minutos. A nai, a petrucia de autoridade incontestable, iniciou o proceso, mesturando as fari\u00f1as e a auga na artesa. <\/p>\n<p>E logo os dous fillos mozos axeonll\u00e1ronse, e durante corenta minutos, corenta minutos que eran un contrarreloxo, amasaron en silencio. Unha experiencia f\u00edsica, inc\u00f3moda, na escuridade do alpendre do forno, rodeados de gatos e pitas, sen falarse, s\u00f3 suando, s\u00f3 batendo coas mans naquela masa que ped\u00eda fari\u00f1a, afundindo as mans no profundo dunha masa estirada como unha serpe ao longo da artesa, que domexan desde as estremas. Os cheiros vanse xuntando segundo anoitece: o fume da le\u00f1a da casa, das casta\u00f1as, a suor humana, dozona, que nace do traballo duro, a fari\u00f1a voando polo aire, todo \u00e9 o pan, unha sucesi\u00f3n do bater da masa, do respirar duro, das mans percorrendo a fari\u00f1a do fondo da artesa. Os homes e o pan, mestur\u00e1ndose nunha soa cousa. O pan, n\u00f3s.  <\/p>\n<p class=\"note\">\n<object width=\"591\" height=\"443\"><param name=\"allowfullscreen\" value=\"true\" \/><param name=\"allowscriptaccess\" value=\"always\" \/><param name=\"movie\" value=\"http:\/\/vimeo.com\/moogaloop.swf?clip_id=7628230&amp;server=vimeo.com&amp;show_title=1&amp;show_byline=0&amp;show_portrait=0&amp;color=01AAEA&amp;fullscreen=1\" \/><embed src=\"http:\/\/vimeo.com\/moogaloop.swf?clip_id=7628230&amp;server=vimeo.com&amp;show_title=1&amp;show_byline=0&amp;show_portrait=0&amp;color=01AAEA&amp;fullscreen=1\" type=\"application\/x-shockwave-flash\" allowfullscreen=\"true\" allowscriptaccess=\"always\" width=\"591\" height=\"443\"><\/embed><\/object><\/p>\n<p>Ese foi o <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2009\/11\/14\/%c2%bfque-se-escoita-aqui\/\">son m\u00e1xico co que xogamos \u00e1s adivi\u00f1as este fin de semana<\/a>. Xabr\u00e9s da Teixeira foi o primeiro en suxerilo. O son da masa, do bater, da madeira, mesturado co esforzo, coa respiraci\u00f3n humana, sen palabras. Un son esencial da nosa cultura, da vida dos nosos devanceiros. Un son, o do amasado na artesa, practicamente desaparecido. As familias que contin\u00faan a facer o seu pan moitas veces xa empregan amasadoras mec\u00e1nicas. Este v\u00eddeo de enriba permite completar o fragmento que o s\u00e1bado guindamos \u00e1 rede.\n<\/p>\n<p>Por veces, chaman a Lola, a nai, que supervisa con autoridade como a criatura vai pedindo fari\u00f1a. Ela ten a \u00faltima palabra. La\u00f1a con coidado o alto da bola e examina o interior como un ar\u00faspice. Maril\u00f3, cos pu\u00f1os pechados, vai compondo o bolo grande do que nacer\u00e1 o pan da casa para esa semana, facendo que todo se replegue para o interior a pu\u00f1adas. E os pu\u00f1os af\u00fandense devorados pola fari\u00f1a composta. D\u00e1ndolle cachetes \u00e1 masa parecen alumbrar \u00e1 nova criatura que vai botar a chorar. A nai d\u00e1 os \u00faltimos toques. Maril\u00f3 corre \u00e1 coci\u00f1a, onde ao car\u00f3n da bilba\u00edna qu\u00e9ntanse os trapos. Cruza a eira coas sabas como novelos metidas entre a camiseta e a pel, convertida nunha figura estra\u00f1a e inchada: al\u00ed dentro trae a calor que \u00e9 a cultura, quentada con le\u00f1a e suor. Entre as d\u00faas mulleres, pousan o bolo coidadosamente entre as sabas no cesto de vimbio. Case un susurro, a nai dille \u00e1 filla:<\/p>\n<p>-Faille a beiz\u00f3n. <\/p>\n<p>E Maril\u00f3 traza cos dedos, sobre este bolo de dez quilos, unha cruz de prosperidade, de protecci\u00f3n, unha cruz que \u00e9 a fartura da casa, mentres as d\u00faas ollan en silencio, axeonlladas, a bola, convertida no ben m\u00e1is preciado, e tam\u00e9n no m\u00e1is delicado. Sole e m\u00e1is eu mir\u00e1monos, emocionados. Eu non sab\u00eda deste ritual, deste bautizo, do v\u00ednculo sagrado entre o pan e a casa. Ben envolta a bola, l\u00e9vana ata a coci\u00f1a, ao car\u00f3n do lume prendido. Lola quita a penas un anaqui\u00f1o, mold\u00e9ao coa man e b\u00f3tao a unha cunca de auga, posta sobre a coci\u00f1a. Am\u00f3sanola. <\/p>\n<p>-Cando a bola flote, ser\u00e1 o momento de prender o forno. E pouco despois, faremos o pan e as empanadas. <\/p>\n<p>Iso pasar\u00e1 tres horas despois. Hai tempo. En outubro, vimos como as xentes da Casa do Monte fac\u00edan o seu vi\u00f1o que, como todos os tradicionais, \u00e9 un coupage informal co que as vi\u00f1as dan de si. Entre eles, un misterioso <em>branco romano<\/em>, perfectamente diferenciado por eles de todas as variedades tradicionais da zona. Agora \u00e9 tempo de probar estes caldos.<\/p>\n<p>-O blanco g\u00fastame moito, pero o tinto <em>pr\u00e9stame<\/em> m\u00e1is -dinos Lola. <\/p>\n<p>Nesa coci\u00f1a chea de xente da casa en plena actividade conversamos, con felices vasos de tinto novo de Cruces, tinto ull\u00e1n que se distingue dos amandi en que parece un prado de herba por colleitar. Desp\u00edstome observando un reloxio de parede no que en cada hora ten ao car\u00f3n unha fotograf\u00eda carn\u00e9 dun dos 11 fillos de Lola (ela est\u00e1 co finado do seu home pegados por riba das XII) Cando volvo \u00e1 conversa, Lola imita unha conversa entre d\u00faas persoas que remata nun chiste a gargalladas por todos. O seu cu\u00f1ado engade outro sucedido da casa do lado. Tardo en enfiar pero de s\u00fapeto todo se ordena. Algunhas das persoas das que falan volveron do Outromundo para dicir o que ti\u00f1an que dicir. Ordenar as cousas antes de desaparecer para sempre. Maril\u00f3 corta unhas dez ou doce enormes cebolas, os rustridos das empanadas de aldea son xenerosos. E se aviva o lume da bilba\u00edna. <\/p>\n<p>E aparecen as lendas, claro, unha especialmente curiosa. Pero esa contar\u00e9ivola ma\u00f1\u00e1. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Maril\u00f3 e David amasan na artesa da Casa do Monte. Fotos: Sole O pan, pensei,&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/11\/16\/o-pan-nos-mesmos\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O pan, n\u00f3s mesmos<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":8850,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,7],"tags":[],"class_list":["post-8849","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8849","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8849"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8849\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/8850"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8849"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8849"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8849"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}