{"id":8534,"date":"2009-10-27T22:21:13","date_gmt":"2009-10-27T20:21:13","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=8534"},"modified":"2009-10-27T22:24:51","modified_gmt":"2009-10-27T20:24:51","slug":"que-podemos-aprender-do-peche-de-soitu","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/10\/27\/que-podemos-aprender-do-peche-de-soitu\/","title":{"rendered":"Que podemos aprender do peche de Soitu?"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/soitu.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Gumersindo Lafuente (esquerda, arriba) comunica \u00e1 redacci\u00f3n o peche de Soitu. Foto: Soitu<\/em><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">P<\/span>orque co\u00f1ezo a algunha xente de Soitu, inclu\u00eddo o seu director, Gumersindo Lafuente, te\u00f1o que reco\u00f1ecer que me doeu algo o peche deste medio, do m\u00e1is innovador que hab\u00eda en Internet no Estado espa\u00f1ol, <a href=\"http:\/\/www.soitu.es\/soitu\/2009\/10\/27\/actualidad\/1256642105_453965.html\">anunciado hoxe \u00e1 ma\u00f1\u00e1 por Lafuente<\/a>. Soitu, respaldado financeiramente polo BBVA, non conseguira monetizarse, sinalando que -por riba das decisi\u00f3ns t\u00e1cticas da empresa, que desco\u00f1ezo- <strong>non hai un mercado publicitario sustentable para o mantemento de organizaci\u00f3ns xornal\u00edsticas complexas<\/strong>, a\u00ednda que sexan dun reducido tama\u00f1o, como era o caso de Soitu. Neste momento, o contorno Internet permite manter (alg\u00fans) proxectos a\u00ednda m\u00e1is pequenos, que recorren a diferentes estratexias -\u00e1s veces f\u00f3ra do que os propios medios poden seguir- para manterse. Blogs de unha ou d\u00faas persoas, cun consumo de recursos e un investimento en I+D (dese\u00f1o, tecnolox\u00eda) ben modesto. <\/p>\n<p>Al\u00e9n diso, o sector no Estado contin\u00faa a ser un proceloso mar no que parecen machacar todos os proxectos editoriais xornal\u00edsticos que apostaban por certa renovaci\u00f3n nos procesos -a inclusi\u00f3n dos cidad\u00e1ns, a aproximaci\u00f3n \u00e1s publicaci\u00f3ns sociais, a instantaneidade, etc.- O problema fundamental contin\u00faa a ser a <strong>facturaci\u00f3n publicitaria<\/strong>, desde un punto de vista interno, de viabilidade do negocio. O clich\u00e9 di que o mercado publicitario non est\u00e1 maduro. Ben, s\u00f3 relativamente. Non est\u00e1 maduro para algunhas cousas pero para outras si.  E o mercado publicitario est\u00e1 cambiando.<\/p>\n<p>A mi\u00f1a reflexi\u00f3n vai sobre <strong>cal a identidade e imaxe p\u00fablica destes medios cara os lectores e a esfera p\u00fablica<\/strong>. Estes cibermedios son xornais que fan moi pouca r\u00faa, que non traballan naquelo no que o xornalismo ten unha tradici\u00f3n contrastada, que \u00e9 a investigaci\u00f3n dos feitos, o traballo a p\u00e9 de fonte. Son todas cuesti\u00f3ns que consumen moitos recursos econ\u00f3micos, que requiren experiencia e investimento en recursos humanos (formaci\u00f3n e contrataci\u00f3n). O modelo de Soitu, por exemplo, a\u00ednda que non pretend\u00eda competir con medios xeralistas de fortes plantillas &#8211;<a href=\"http:\/\/www.lainformacion.com\">lainformacion.com<\/a> si que o intenta-, era unha mestura de informaci\u00f3n con contidos de <em>magazine<\/em> e an\u00e9cdotas frescas que ben pod\u00edas atopar en moitos sitios m\u00e1is. Soitu era un Bloglines ou un Google Reader ben editado. Fascinado polo c\u00f3digo, os widgets, polos comentarios e tal. Pero non ti\u00f1a temas propios. Non ergu\u00eda novos debates. Non circulaba al\u00e9n dun minoritario c\u00edrculo de <em>early adopters<\/em>. <\/p>\n<p>A reflexi\u00f3n nos debe vir analizando que medios exclusivamente electr\u00f3nicos si est\u00e1n a sobrevivir. E son os cibermedios especializados en pol\u00edtica, moitos deles nacidos a partir de confidenciais. Son moi cr\u00edtico en xeral con estes medios, pero hai que analizar que te\u00f1en de positivo. Periodista Digital, El Confidencial, El Plural, etc, son produtos cunha pranti\u00f1a m\u00ednima, moitas veces non nas mellores condici\u00f3ns, pero que <strong>operan nun sector no que se converten en referencias diarias dun sector profesional moi concreto: os pol\u00edticos e os xornalistas capitalino<\/strong>s e tam\u00e9n das beiras dos poderes auton\u00f3micos. Adem\u00e1is doutras fontes de financiamento m\u00e1is esp\u00fareas que poidan ter -desta volta non vou entrar a\u00ed-, a s\u00faa facturaci\u00f3n publicitaria procede -por diversos motivos, e supo\u00f1o que non sempre partindo da decisi\u00f3n profesional dun executivo de marketing- no plan de medios das grandes compa\u00f1\u00edas, entrando ao reparto publicitario convencional, non de partidas experimentais. A clave destes medios -que tampouco te\u00f1en unha gran credibilidade, pero que son indispensables nesas profesi\u00f3ns \u00e1s que me refiro- \u00e9 que <strong>foron quen de posicionarse como <em>h\u00e1bito necesario<\/em> e crearse unha certa axenda de fontes coa que poder competir coa prensa convencional<\/strong> nun \u00e1mbito concreto, dar avances ou mesmo exclusivas (boa parte das veces infladas). Entran no xogo e trascenden f\u00f3ra da propia Internet con moi poucos recursos. Exercen de molesto grupo de presi\u00f3n, moitas veces con intereses ocultos e \u00e1nimo de enturbiar. Pero est\u00e1n a\u00ed. Lidos por deputados desde os seus escanos, e por xefes de comunicaci\u00f3n de caixas de aforros que queren saber que se cheira.  Est\u00e1n <em>especializados<\/em>. <\/p>\n<p>A lecci\u00f3n que podemos aprender \u00e9 que se cadra nos esteamos confundido no xeito no que pensamos as estratexias editoriais. Se cadra <strong>as organizaci\u00f3ns xornal\u00edsticas complexas, con moito persoal e moitas secci\u00f3ns, s\u00f3 poidan ser viables en casos moi contados<\/strong>. E a clave, hoxend\u00eda, para o triunfo pode seguir sendo a de sempre, a que nos esquencemos continuamente: un equipo de profesionais moi conectados \u00e1 realidade, cunha gran axenda de fontes, enterados dos feitos, pero con formaci\u00f3n para converter esa r\u00faa que patean nun gran relato dixital susceptible de ser convertido en conversa, pero especializados e, polo tanto, cunha pranti\u00f1a m\u00e1is reducida e flexible. Hai p\u00fablico, moito p\u00fablico, pero os novos h\u00e1bitos de consumo heterox\u00e9neo e especializado de informaci\u00f3n fan que a vella e ambiciosa estrutura de sete ou oito secci\u00f3ns dos medios xeralistas perda sentido. E, ao mesmo tempo, nun mundo de informaci\u00f3n <em>commodity<\/em>, de informaci\u00f3n materia prima, un xornal que refrita novas de axencia, comunicados de gabinetes e posts de blogs pasaralle un pouco o mesmo. A clave para a publicidade, sospeito, ten m\u00e1is que ver hoxend\u00eda co vello factor de anunciarte onde te ven. Non onde te ven en plan num\u00e9rico, sen\u00f3n onde <em>te deben ver<\/em>. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Gumersindo Lafuente (esquerda, arriba) comunica \u00e1 redacci\u00f3n o peche de Soitu. Foto: Soitu Porque co\u00f1ezo&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/10\/27\/que-podemos-aprender-do-peche-de-soitu\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Que podemos aprender do peche de Soitu?<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":8535,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[21],"tags":[],"class_list":["post-8534","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-medios","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8534","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8534"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8534\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/8535"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8534"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8534"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8534"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}