{"id":845,"date":"2005-12-15T01:14:13","date_gmt":"2005-12-14T23:14:13","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=845"},"modified":"2005-12-15T10:55:21","modified_gmt":"2005-12-15T08:55:21","slug":"nos-caminos-da-neve","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2005\/12\/15\/nos-caminos-da-neve\/","title":{"rendered":"Nos cami\u00f1os da neve"},"content":{"rendered":"<p><img src='http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/imaxes\/catoute.jpg' alt='catoute' \/> <\/p>\n<p>Al\u00ed, ao norte do Bierzo, est\u00e1 o <a href=\"http:\/\/www.pirineos3000.com\/servlet\/DescripcionAscension\/IDASCENSION--1983--VOLVER--B--ORDERBY--order%20by%20v_descmountain%20asc--ITERACION--1--PESTANA--1--V_NOMBRE--null--ALTURA--null--zon--null--prov--null--IDIDIOMA_ASC--null--TIPO_ASC--null--V_IDDIFICULTAD--null--METEO--null--IDMOUNTAIN--572--ORDEN_ANTERIOR--v_descmountain--BUSUARIO--null--PESTA--busca--OTRO_USUARIO--15.html\">Catoute<\/a>. 2.111 metros de altura e unha neveira de dimensi\u00f3ns glaciares no inverno -para min, xa estamos metidos na estaci\u00f3n. O noso punto de partida foi unha coidada aldea de incr\u00edbel nome: Colinas del Campo de Mart\u00edn Moro Toledano. Ao irmos penetrando nos vales glaciares, esta sensaci\u00f3n enorme de inmensidade comeza a rodearnos. A neve amor\u00e9ase segundo se o val se estreita, se fai m\u00e1is inh\u00f3spito, m\u00e1is escuro. Avanzamos entre o granito, os enormes cambios de temperatura, o resplandor refractario do xeo. A media subida a ascensi\u00f3n faise moito m\u00e1is complicada e chegamos a un fermos\u00edsimo circo no que caemos aleatoriamente en enormes furados de neve. Al\u00ed xa ten m\u00e1is dun metro de espesor. Entre pegadas de corzo e rebeco, alasando polo esforzo de atopar un cami\u00f1o transit\u00e1bel, s\u00edntome ceibe e gozosamente acurralado. Baixo a neve esc\u00f3itanse regatos soterra\u00f1os que provocan un estra\u00f1o e perigoso ru\u00eddo de ca\u00f1er\u00edas met\u00e1licas. Te\u00f1o os p\u00e9s cheos de antiga turba. <\/p>\n<p><img src='http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/imaxes\/catoute_2.jpg' alt='catoute2' \/><\/p>\n<p>Un grupo cami\u00f1a ata o pico dende o alto dos riscos. Comun\u00edcanse connosco a alta voz, orientando os berros entre as rochas para facelos chegar ata n\u00f3s. Circula o licor caf\u00e9 de Roberto entre a suor e o fr\u00edo. As nosas pegadas desaparecen en minutos. \u00c9 incr\u00edbel como a monta\u00f1a nos pode devorar en horas. R\u00edome por dentro, sen saber moi ben por que. Non ando aterecido. Esa ma\u00f1\u00e1 levant\u00e1monos no refuxio a -10\u00baC. Un ex\u00e9rcito de moscas conxeladas p\u00e9gase \u00e1s vellas xanelas deste edificio franquista. Rodeado de toneladas de insectos conxelados, poucas veces te\u00f1o durmido m\u00e1is pracidamente, agarimado dentro do saco, sen moverme para non estragar nin un suspiro de calor. <\/p>\n<p>Retir\u00e1monos a tempo da loita contra o Catoute. Cando chegamos de novo \u00e1s Colinas do Campo de Mart\u00edn Moro Toledano, esa memoria da especie que seguro que existe nalg\u00fan punto do xenoma faime sentir antigos recordos que non viv\u00edn. A escuridade, pequenas luces nas casas, o cheiro a carballo, a cereixo queim\u00e1ndose, o fume tan pesado que non sube. Na Cantina -un casal restaurado, un miragre rural- p\u00f3dese descubrir un men\u00fa de autor, de estaci\u00f3n, dedicado \u00e1 innovaci\u00f3n e \u00e1 exploraci\u00f3n dos sabores do terr\u00f3n. Al\u00ed tomamos sopas de cebola como te\u00f1en que ser tomadas as sopas en inverno, agarrando a cunca coas d\u00faas mans para darse calor. Pouco despois, en San Mart\u00edn de Bembibre, os amigos ensinar\u00edanme a <strong><a href=\"http:\/\/cocinalia.blogspot.com\/2005\/12\/las-sopas-de-el-bierzo.html\">sopa de troita<\/a><\/strong>, outra entrada de culler prodixiosa. Troita e sofrito fervido nun caldo de contundencia xenerosa no <a href=\"http:\/\/www.bierzonegocios.com\/contenidos\/index.php?Action=Full&amp;amp;Template=Guia&#038;NewsID=107\">Mes\u00f3n La Piedra<\/a>. A calor vai entrando en min de novo. <\/p>\n<p><em>(Fotos: <a href=\"http:\/\/www.nogueira.org\">Nogueira<\/a> e <a href=\"http:\/\/www.ibexparts.com\/\">Louro<\/a>)<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Al\u00ed, ao norte do Bierzo, est\u00e1 o Catoute. 2.111 metros de altura e unha neveira&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2005\/12\/15\/nos-caminos-da-neve\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Nos cami\u00f1os da neve<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,7,8],"tags":[],"class_list":["post-845","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diario","category-paparotasco","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/845","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=845"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/845\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=845"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=845"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=845"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}