{"id":8359,"date":"2009-10-19T21:46:38","date_gmt":"2009-10-19T19:46:38","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=8359"},"modified":"2010-04-09T18:56:23","modified_gmt":"2010-04-09T16:56:23","slug":"as-republicas-de-homes-libres-3b","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/10\/19\/as-republicas-de-homes-libres-3b\/","title":{"rendered":"As Rep\u00fablicas de Homes Libres (3b): m\u00e1is sobre castelos e mosteiros"},"content":{"rendered":"<p><span class=\"drop_cap\">N<\/span>o anterior post das <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2009\/10\/18\/republicas-de-homes-libres-3-a-hipotese-dos-monxes-vixias\/#comments\">Rep\u00fablicas de Homes Libres<\/a>, Pero da Ponte non v\u00eda clara a relaci\u00f3n entre mosteiros e castelos na Alta Idade Media. Empraceino a outro post sobre a cuesti\u00f3n, que ser\u00e1 o 3<em>b<\/em> (para o cuarto a\u00ednda tardaremos). <\/p>\n<p>Unha explicaci\u00f3n: Para facer estes post que aqu\u00ed publico, sigo un vello m\u00e9todo de traballo hist\u00f3rico. Busco nas fontes, leo bibliograf\u00eda, contrasto e comparo, fago an\u00e1lises de conxunto, reviso material cr\u00edtico e, cando \u00e9 posible, reco\u00f1ezo <em>in situ <\/em>o lugar. Por iso, non te\u00f1o a percepci\u00f3n de que esa sexa unha historia <em>alternativa<\/em> ou <em>cr\u00edtica<\/em>, sen\u00f3n que se incardina nunha reflexi\u00f3n xeral sobre o espazo medieval e as s\u00faas divisi\u00f3ns funcionais e que me parece con bastante l\u00f3xica neste tipo de procesos. O que \u00e9 moi diferente, por suposto, \u00e9 o resultado final, que en Cap\u00edtulo 0 ori\u00e9ntase \u00e1 divulgaci\u00f3n, e non ten nada que ver co convencional (e moitas veces aburrido) texto hist\u00f3rico. A divulgaci\u00f3n require t\u00e9cnicas comunicativas e estratexias discursivas ben diferentes. Iso non quere dicir que en Cap\u00edtulo 0 publique cousas que non estean ben medidas previamente. De feito, no tinteiro quedan moitas ideas e suposici\u00f3ns para as que non atopo indicios. T\u00f3mome os posts sobre Historia tan seriamente coma as investigaci\u00f3ns sobre comunicaci\u00f3, pero, obviamente, non son traballos hist\u00f3ricos: son cr\u00f3nicas de investigaci\u00f3ns e exploraci\u00f3ns persoais. E como tales, deben ser tomadas. A partir de a\u00ed, un debe xulgar por un mesmo. <\/p>\n<p>O que sorprende dos castelos altomedievais aos que nos referimos \u00e9, precisamente, como se sit\u00faan f\u00f3ra do compartimentado espazo rural galego: non creo que sexa de xeito consciente, sen\u00f3n que obedecen a que son <em>telescopios<\/em> orientados nunha determinada direcci\u00f3n, con funcionalidades moi concretas. Ubicados en serras, distantes, \u00e1s veces superp\u00f3\u00f1ense sobre castros pero outras moitas est\u00e1n s\u00f3s; algunhas m\u00e1moas poden estar aos seus p\u00e9s. Pouca cousa. En moitos casos, a construci\u00f3n humana m\u00e1is inmediata \u00e9 o mosteiro, monte abaixo. Como isto \u00e9 divulgaci\u00f3n, evito as t\u00e1boas estat\u00edsticas, pero no observado ata o momento, nunha significativa parte dos casos, os castelos at\u00f3panse a unha distancia m\u00e1is ou menos similar con respecto aos mosteiros. Supo\u00f1o que \u00e9 a distancia que pode ser percorrida nun tempo concreto. Mosteiros altomedievais e castelos sit\u00faanse, adem\u00e1is, no mesmo impreciso arco temporal: desde o Reino Suevo ata o s\u00e9cuIo IX ou X. <\/p>\n<p>Ao explorar mapas buscando os castelos que rodean os mosteiros altomedievais galegos, aparece outro tipo de top\u00f3nimo con moita frecuencia nas proximidades dos recintos sagrados:<em> A Granxa<\/em>. Sabemos -supo\u00f1emos- que estas dependencias eran a zona de produci\u00f3n agr\u00edcola do mosteiro. Con coherencia, as granxas est\u00e1n pr\u00f3ximas ao mosteiro, como para chegar a el en 10 ou 15 minutos, pero pr\u00f3ximas \u00e1s terras de labranza, posiblemente as m\u00e1is f\u00e9rtiles do val. Con facilidade, perc\u00edbese o patr\u00f3n que gu\u00eda a ubicaci\u00f3n dese espazo agr\u00edcola en relaci\u00f3n \u00e1 unidade central: o cenobio. <em>Ub\u00edquense as granxas preto do mosteiro pero no centro da unidade de explotaci\u00f3n agr\u00edcola<\/em>. Cos castelos acontece algo similar. <\/p>\n<p>Por se contin\u00faan quedando d\u00fabidas, imos po\u00f1er oito exemplos m\u00e1is (e poder\u00edan ser a\u00ednda bastantes m\u00e1is, pero non quero matar \u00e1 xente de cansazo). Ollo: <strong>isto funciona s\u00f3 con mosteiros altomedievais, \u00e9 dicir, mosteiros fundados no s\u00e9culo X ou, mellor, antes<\/strong>. Nos mosteiros fundados a partir do s\u00e9culo XI -que son os m\u00e1is dos actuais- estas <em>casualidades<\/em> xa non se dan, curiosamente. Tomei bastantes exemplos de toda Galicia, por un comentario que no anterior post fixo Certo. Fix\u00e1devos que todas estas relaci\u00f3ns aparecen a partir de mapas que non recollen, nin de lonxe, todos os top\u00f3nimos das \u00e1reas representadas. Estou convencido que traballando a microtoponimia <em>in situ<\/em> a\u00ednda aparecer\u00edan m\u00e1is cousas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castelos_mosteiros_2_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<strong>Figura 1. San Paio de Sabugueira e o Alto do Castelo<\/strong><br \/>\n O mosteiro altomedieval de San Paio de Sabugueira (Santiago de Compostela) ficou &#8216;fosilizado&#8217; no xeito moi curioso de urbanizaci\u00f3n da aldea de San Paio, ao redor do primitivo recinto mon\u00e1stico. O Alto do Castelo, a\u00ednda que lonxe, \u00e9 o punto m\u00e1is alto e de m\u00e1is visibilidade, en calquera direcci\u00f3n, da contorna. O monte que o rodea tam\u00e9n ten esa denominaci\u00f3n. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castelos_mosteiros_2_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<strong>Figura 2. San Antoni\u00f1o de Toques<\/strong><br \/>\n O fermos\u00edsimo mosteiro de San Antoni\u00f1o de Toques, ubicado no profundo do r\u00edo, ten este castelo nas proximidades, como sempre monte arriba. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castelos_mosteiros_2_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<strong>Figura 3. Samos<\/strong><br \/>\nO antigo mosteiro de Samos ten un castelo sobre un dos picos do seu estreito val. Noutro pr\u00f3ximo hai un castro. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castelos_mosteiros_2_4.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<strong>Figura 4. Sobrado<\/strong><br \/>\n En Sobrado temos un dato curioso. Non hai castelo, pero coincidindo co noso patr\u00f3n, pr\u00f3ximo ao mosteiro hai un &#8220;Monte Torreiro&#8221;. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castelos_mosteiros_2_5.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<strong> Figura 5. Santo Estevo de Ribas de Sil<\/strong><br \/>\n Moi pr\u00f3ximo ao mosteiro de Santo Estevo, est\u00e1 o Castelo de Litoria, do que hai documentaci\u00f3n altomedieval e unha inscrici\u00f3n na pedra dun tal Dux Leovigildus datada nada menos que a fins do s\u00e9culo VI: rollo suevo\/visigodo. Est\u00e1 sobre un antigo castro. (Nota: estouno ubicando a\u00ed porque hai un top\u00f3nimo Castelo, pero ao mellor est\u00e1 m\u00e1is pr\u00f3ximo ao mosteiro, nunca sub\u00edn \u00e1 fortaleza) <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castelos_mosteiros_2_6.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<strong>Figura 6. Pico Sacro<\/strong><br \/>\n Traio aqu\u00ed a colaci\u00f3n o mosteiro de San Esteban do Pico Sacro por unha historia curiosa. O bispo compostel\u00e1n Sisnando -obsesionado con instalar mosteiros nos lugares da lenda xacobeo- funda este mosteiro no s\u00e9culo X. Non sabemos cando se constr\u00fae o castelo que estaba sobre o cumio, se xa estaba, se o fixo el ou foi despois. Pero o castelo seguiu estando activo ata os Irmandi\u00f1os. No pleito Tabera-Fonseca, un documento imprescindible para co\u00f1ecer a revolta, \u00e9 especialmente interesante a declaraci\u00f3n das testemu\u00f1as sobre o castelo. Afirman que non ten valor ning\u00fan que sexa reconstru\u00eddo por dous motivos: era un lugar perigos\u00edsimo, xa que os l\u00f3stregos ca\u00edan contra a torre e mataban os homes. A penas cab\u00eda dentro unha guarnici\u00f3n de doce homes e, adem\u00e1is -e isto \u00e9 o que nos interesa- non comprend\u00edan que utilidade pod\u00eda ter reconstru\u00edr o castelo do Pico Sacro xa que estaba lonxe dos cami\u00f1os e do val. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castelos_mosteiros_2_7.jpg\" alt=\"\" \/> <strong>Figura 7. Mosteiro en Meis<\/strong><br \/>\nO mosteiro de Meis -do que sobrevive unha igrexa rom\u00e1nica- ten este castelo nas proximidades. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castelos_mosteiros_2_8.jpg\" alt=\"\" \/> <strong> Figura 8. Mosteiro da Armenteira<\/strong><br \/>\nO mosteiro da Armenteira ten este interesante <em>castelo<\/em> ao car\u00f3n, mirando para a r\u00eda de Arousa. O curioso de Armenteira \u00e9 que foi fundado no XII como tal, creo, pero nel hai laudas anteriores, altomedievais. <\/p>\n<p>En resumo, que temos un tomate de coidado aqu\u00ed. Creo que con estes 15 casos xa hai material abondo para traballar. E poder\u00eda seguir, pero imos concentrarnos nos Lordimani&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>No anterior post das Rep\u00fablicas de Homes Libres, Pero da Ponte non v\u00eda clara a&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/10\/19\/as-republicas-de-homes-libres-3b\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">As Rep\u00fablicas de Homes Libres (3b): m\u00e1is sobre castelos e mosteiros<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":8362,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,35],"tags":[],"class_list":["post-8359","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8359","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8359"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8359\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/8362"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8359"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8359"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8359"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}