{"id":833,"date":"2005-12-04T23:49:08","date_gmt":"2005-12-04T21:49:08","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=833"},"modified":"2005-12-05T01:45:29","modified_gmt":"2005-12-04T23:45:29","slug":"a-polis-animal","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2005\/12\/04\/a-polis-animal\/","title":{"rendered":"a polis animal"},"content":{"rendered":"<p><img src='http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/imaxes\/teixugo.jpg' alt='teixugo' \/><br \/>\n<em>Un teixugo, ou porco teixo.<\/em><\/p>\n<p>En Uteria vexo ao falc\u00f3n Horus fuxir do seu amo e entrar nun conflito territorial con outro fermoso exemplar de rapaz nos pi\u00f1eirais, a car\u00f3n da praia da Corna. Al\u00ed aparecen varios corvos, que se xuntan \u00e1 batalla a\u00e9rea. Horus fuxe coas s\u00faas pequenas alas por entre os bosques. Aqu\u00ed, neste pequeno cocho, est\u00e1n d\u00faas xenetas. Son animais misteriosos, t\u00edmidos e fermos\u00edsimos. As pobres foron collidas nun gali\u00f1eiro. Son macho e femia. A penas as v\u00e9s durante segundos, pero percibes d\u00faas estrelas entre as madeiras. Hai problemas coa femia, hai sospeitas bastante fundadas de que est\u00e1 <em>impregnada<\/em>. <\/p>\n<p>A <em>impregnaci\u00f3n<\/em> \u00e9 un problema de verdade para un animal salvaxe que ten que ser reincorporado \u00e1 natureza. Consiste en que a esa pobre xeneta os humanos non lle <em>damos medo<\/em>. Perc\u00e9benos como algo positivo, algo do que pode obter algo, se cadra comida. Pode que algu\u00e9n a coidara de pequena. A impregnaci\u00f3n pona a merc\u00e9 do seu principal depredador, que v\u00e9n sendo calquera desaprensivo, elimina todas as s\u00faas armas sensorias. Mentres, o macho col\u00f3case ao car\u00f3n mir\u00e1ndonos mentres ch\u00eda os dentes. <\/p>\n<p>A sorpresa m\u00e1is bela chegou despois. Entramos na finca enorme e abandonada que fora o so\u00f1o no que se enterraron os cartos dun indiano a mediados do XIX. Eu non sei se lembrades canto se queimou o Barbanza durante o ver\u00e1n. Boa parte da franxa sur da comarca foi unha torrada enorme e impos\u00edble de deter. Pois ben, no medio da queima, miragreiramente, un illote vexetal sobreviviu. E al\u00ed d\u00e1se o m\u00e1is fascinante fen\u00f3meno animal que te\u00f1o visto en Galicia. <\/p>\n<p>Hai un antigo terreo agr\u00edcola abandonado, sobre o que medran carballos e pi\u00f1eiros en mestura, nunha gran alfombra de fieitos. Uns anos atr\u00e1s, un grupo de teixugos expulsou das s\u00faas tobeiras a varios raposos e asentouse na zona. Crearon unha colonia con m\u00e1is de 40 tobeiras. Todo o prado est\u00e1 cheo de monti\u00f1os de terra expulsada do subsolo pola actividade incesante dos teixugos. As 40 entradas comunican centos de metros de galer\u00edas e c\u00e1maras entre si. Poden estar al\u00ed a vivir m\u00e1is de 20 exemplares, todas femias. Esta rep\u00fablica de femias vive de xeito independente aos machos, xa que estes tenden a ser solitarios e soturnos, e algo m\u00e1is errantes. Todo o monte ao redor est\u00e1 cheo de cami\u00f1os. Ao principio pensei que eran sendeiri\u00f1os feitos por homes. Pero non. Cando menos seis cami\u00f1os reco\u00f1ec\u00edbeis saen desta <em>polis<\/em> de teixugos cara Palmeira. E moitos outros para as aldeas do car\u00f3n. A visi\u00f3n \u00e9 fascinante. Atopamos as novas tobeiras de raposos expulsados algo m\u00e1is enriba, ao car\u00f3n dos cami\u00f1os. Lembreime do discretos e t\u00edmidos que son estes animais: os vellos labradores l\u00e9mbranse de velos en moi poucas ocasi\u00f3ns, \u00e1 noiti\u00f1a. Saben que son fortes, varudos e bravos coma lerchos.<\/p>\n<p>Comprenderedes que non dea m\u00e1is datos de onde se atopa este marabillosa cidade de animais. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un teixugo, ou porco teixo. En Uteria vexo ao falc\u00f3n Horus fuxir do seu amo&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2005\/12\/04\/a-polis-animal\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">a polis animal<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-833","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/833","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=833"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/833\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=833"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=833"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=833"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}