{"id":8296,"date":"2009-10-18T20:40:27","date_gmt":"2009-10-18T18:40:27","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=8296"},"modified":"2010-04-13T09:35:53","modified_gmt":"2010-04-13T07:35:53","slug":"republicas-de-homes-libres-3-a-hipotese-dos-monxes-vixias","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/10\/18\/republicas-de-homes-libres-3-a-hipotese-dos-monxes-vixias\/","title":{"rendered":"As Rep\u00fablicas de Homes Libres (3): A hip\u00f3tese dos Monxes Vix\u00edas"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/monxes_bosque.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\nDetalle de <em>Monxes no bosque. (<a href=\"http:\/\/www.portalwallpaper.net\/wallpaper\/Monjes-en-el-Bosque\/\">v\u00eda<\/a>)<\/em><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">C<\/span>ontinuamos coa terceira entrega de Rep\u00fablicas de Homes Libres, investigando eses castelos in\u00e9ditos, f\u00f3ra da Historia escrita, que coroan moitas das pequenas serras galegas. Tardamos en sacar o terceiro post, pero custou: aparecen castelos como as setas nas antigas terras de Santiago, refuxiados entre os penedos, in\u00e9ditos na investigaci\u00f3n arqueol\u00f3xica, moitos f\u00f3ra mesmo dos cat\u00e1logos arqueol\u00f3xicos auton\u00f3micos e municipais dos PXOMs (e, xa que logo, arrasados polas e\u00f3licas). <\/p>\n<p>Esta terceira entrega vai de conectar cousas entre si, de seguir cos dedos as trazas dos mapas, de preguntar toponimia por todas partes, de cruzar serras neboentas. Queriamos saber cal pod\u00eda ser o uso destas fortalezas distantes dos cami\u00f1os e por que estaban desertos xa no s\u00e9culo XI ou XII. E atopamos algo, cando menos, abraiante. Durante estas semanas consultei -non sei de onde saco o tempo- boa parte da bibliograf\u00eda dispo\u00f1ible sobre a \u00e9poca e o mundo mon\u00e1stico galego e en ningures atopei a vinculaci\u00f3n da que vou falar aqu\u00ed, que \u00e9 cando menos curioso e nos amosa un interesante patr\u00f3n dos mosteiros galegos de antes do ano 1000. \u00cdmolo chamar <em>a hip\u00f3tese dos Monxes Vix\u00edas<\/em>. E aqu\u00ed vai. <\/p>\n<h3>\nEntre ca\u00f1as e cogumelos<\/h3>\n<p>Hai pouco, vindo do monte na procura dun deses castelos, paramos famentos a cear algo xa de volta en Compostela. Acompa\u00f1ando unhas cervexas cuns cogumelos no Bar Gamela, na praci\u00f1a de Sal se Podes, o meu amigo Xurxo Salgado tivo unha idea. <\/p>\n<p>-\u00bfDec\u00e1taste de que estes castelos sempre est\u00e1n pr\u00f3ximos a mosteiros?<\/p>\n<p>\u00bfEst\u00e1n? Comezamos a repasar o que co\u00f1eciamos. E si, hab\u00eda relaci\u00f3ns. Determinadas contas comezaban a sa\u00edr. Parec\u00eda existir unha relaci\u00f3n f\u00edsica e real, de proximidade m\u00e1is que casual, entre os castelos e os mosteiros altomedievais, \u00e9 dicir, aqueles mosteiros fundados antes do ano 1000. Unha relaci\u00f3n ata agora non estudada (polo menos, que n\u00f3s saibamos) en Galicia, que pode axudar a explicar cousas (e a facernos moitas m\u00e1is preguntas).<\/p>\n<h3>Condes e ermita\u00f1os<\/h3>\n<p>Un alto antes de continuarmos. Dicir <em>mosteiro altomedieval<\/em> \u00e9 o imposible e definir un impreciso mundo que comeza coa chegada do cristianismo a Galicia, nunha data incerta do Imperio romano. Non co\u00f1ecemos moito deses mosteiros do primeiro cristianismo en Galicia, a\u00ednda que deberon existir desde datas moi temper\u00e1s. Moitos foron refuxios de eremitas e as s\u00faas pegadas est\u00e1n na toponimia das nosas serras, onde \u00e1s veces aparecen referencias a Casas de Santos e similar. Alg\u00fans deles, con m\u00e1is \u00e9xito, cristalizaron en pequenas comunidades. As\u00ed pasou, por exemplo, nun dos mosteiros m\u00e1is antigos de Europa, San Pedro de Rocas, na Ribeira Sacra, onde no ano 573 sete monxes afirman ser os &#8220;herdeiros&#8221; do mosteiro. Estes mosteiros estaban ubicados en lugares fermosos, pero dur\u00edsimos para a vida coti\u00e1, acochados no fondo de can\u00f3ns de r\u00edos ou entre penedas inmensas. E eran ef\u00edmeros. De feito, o mesmo San Pedro de Rocas foi &#8220;redescuberto&#8221; no s\u00e9culo X por uns cabaleiros que al\u00ed se quer\u00edan retirar do <em>mundanal ru\u00eddo<\/em>. Aquelo xa era unha silveira.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n na Alta Idade Media apareceron outro tipo de mosteiros, de maior riqueza. Eran cenobios privados e non pertenc\u00edan \u00e1 Igrexa, sen\u00f3n que se fundaran por arist\u00f3cratas que empregaban o mosteiro como xeito de manter m\u00e1is ou menos reunidas as s\u00faas terras -do outro xeito, deber\u00edan repartilas equitativamente entre todos os fillos, era a lei do momento-. Moitos destes mosteiros nunca chegaron a inscribirse a ordes regulares mon\u00e1sticas, morreron ou desapareceron paulatinamente conforme avanzaba o primeiro milenio e a Igrexa e benedictinos ou cistercienses cobraban un gran poder. Eran mosteiros <em>d\u00faplices<\/em>, \u00e9 dicir, mosteiros <em>unisex<\/em>, nos que conviv\u00edan monxes e monxas. E, desde logo, non se hab\u00edan parecer moito aos que despois foron os grandes mosteiros galegos, coas s\u00faas enormes igrexas e coros, e os seus varios claustros. Sobre todos estes mosteiros entre a final do mundo romano e o s\u00e9culo IX sabemos pouqu\u00edsimas cousas. Ser\u00e1 nesa centuria cando os comecemos ver aparecer na documentaci\u00f3n, pero como realidades xa existentes e antigas, s\u00f3 est\u00e1n mencionadas cando son parte dunha transacci\u00f3n coa Igrexa por parte da aristocracia. A m\u00e1goa \u00e9 que a documentaci\u00f3n propia das casas aristocr\u00e1ticas desapareceu como elas mesmas. \u00c9 dicir: entre os eremitorios e os cenobios dos condes altomedievais, hai moitos mosteiros que s\u00f3 podemos intu\u00edr explorando o territorio. A s\u00faa traza est\u00e1 na toponimia (cons\u00e9rvase moito microtop\u00f3nimo O Mosteiro, o Convento, con m\u00faltiples variantes) e mesmo no nome de casas asentadas sobre as ruinas de aqueles. <\/p>\n<h3>\nA condenada relaci\u00f3n<\/h3>\n<p>Ben, volvamos ao noso. Comecei a ubicar os castelos desde os mapas, a ver que pasaba. Exist\u00eda unha relaci\u00f3n, si: moitos dos castelos parecen estar pr\u00f3ximos a eses mosteiros -moitos deles xa non existentes. En concreto, nun significativo n\u00famero de casos, os castelos que iamos localizando ti\u00f1an un mosteiro -identificable na actualidade- aos seus p\u00e9s. Pero non en calquera sitio. Na maior parte deses casos, o castelo ub\u00edcase simplemente subindo a faldra do monte na que est\u00e1 o mosteiro. <\/p>\n<p>Pero alg\u00fans exemplos disonantes permit\u00edronnos decatar de que o criterio de ubicaci\u00f3n era mesmo algo m\u00e1is refinado. <em>Os castelos est\u00e1n ubicados no punto m\u00e1is pr\u00f3ximo ao mosteiro coa mellor relaci\u00f3n visibilidade-proximidade ao recinto mon\u00e1stico<\/em>. Pode haber puntos m\u00e1is pr\u00f3ximos e altos pero con menos visibilidade, e al\u00ed non hai nada, aparentemente. Buscaban chegar ou volver con rapidez do recinto militar ata o mosteiro. E o que \u00e9 m\u00e1is. Boa parte deses castelos son l\u00edmites parroquiais definidos (e hoxe l\u00edmite de concellos). E, cando na documentaci\u00f3n medieval, se alude aos castelos, estes sempre son l\u00edmites claros e definidos da estensi\u00f3n de coutos, como se tam\u00e9n exerceran de marcos simb\u00f3licos. A relaci\u00f3n \u00e9 tan estreita e tan evidente que case mellor a vedes v\u00f3s mesmo con sete exemplos que seleccionei e nos que explicarei curiosidades. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/most_cast_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<strong>Figura 1. Relaci\u00f3n entre o mosteiro de San Xo\u00e1n da Miserela e o Castelo<\/strong><br \/>\nEste \u00e9 un caso interesante. O mosteiro de San Xo\u00e1n da Miserela (Pobra do Carami\u00f1al) est\u00e1 na confluencia entre dous r\u00edos, a Miserela e o r\u00edo Pedras, encaixonado. O Castelo \u00e9 unha pequena meseta a media altura na ca\u00edda da estribaci\u00f3n do Barbanza, moi pr\u00f3xima ao antigo convento. Pero simplemente subindo a este lugar, o dominio visual da r\u00eda de Arousa \u00e9 alucinante. Non hai aparentemente ning\u00fan tipo de resto arqueol\u00f3xico, o cal nos fai pensar que, moitas veces, a denominaci\u00f3n castelo poder\u00eda equivaler non s\u00f3 a unha realidade f\u00edsica (unha torre ou similar), sen\u00f3n sobre todo a unha<em> funci\u00f3n<\/em>. Iso si, o lugar entre os penedos \u00e9 perfecto para observar. Tam\u00e9n \u00e9 unha v\u00eda de baixada natural para os animais que baixan beber ao r\u00edo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/most_cast_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<strong>Figura 2. O Castelo de Luania, a Horta do Mosteiro e San Miguel de Cuarenza<\/strong><br \/>\nO noso querido Castelo de Luania (Noia), o exemplo mellor preservado dos castelos visitados ata agora, foi marco do mosteiro de Toxosoutos, e xa era unha ru\u00edna cando este foi fundado. O curioso \u00e9 que m\u00e1is pr\u00f3ximos que Toxosoutos est\u00e1n outros dous mosteiros, San Miguel de Cuarenza (metido nunha xesteira inmunda) e outro que os alde\u00e1ns de Nimo chamaban a Horta do Mosteiro, e que fica onde hoxe est\u00e1 a central do Tambre erguida por Palacios.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/most_cast_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<strong>Figura 3. O Castelo de \u00cdnsua, San Gregorio e San Xo\u00e1n do Carballoso<\/strong><br \/>\nEspectacular na s\u00faa ubicaci\u00f3n, enfronte de Luania, o Castelo de \u00cdnsua (Outes) sufriu unha terrible agresi\u00f3n coa ubicaci\u00f3n dunha caseta forestal riba del, pero a\u00ednda se pode apreciar. Non dimos chegado a el o outro d\u00eda (a pista que sinala o concello est\u00e1 impracticable) pero percorrimos a zona. Moi pr\u00f3xima est\u00e1 a ermida de San Xo\u00e1n do Carballoso, un lugar cun mont\u00f3n de pr\u00e1cticas cultuais (p\u00edas, fontes curativas con ofrendas de panos) que poder\u00eda ter unha orixe medieval ou anterior. Tam\u00e9n baixo o castelo at\u00f3pase un lugar no monte chamado San Gregorio. Non puidemos reco\u00f1ecelo pero hai indicios de que ten boa pinta.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/most_cast_4.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<strong>Figura 3<em>b<\/em>. Relaci\u00f3n entre os castelos de Luania e \u00cdnsua. <\/strong><br \/>\nObs\u00e9rvese como est\u00e1n situados os dous castelos a cadans\u00faa beira do r\u00edo Tambre.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/most_cast_5.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<strong>Figura 4. O Coto do Castelo (Ames) e Vilar do Abade. <\/strong><br \/>\nUnha das d\u00faas aldeas m\u00e1is pr\u00f3ximas ao Coto do Castelo ch\u00e1mase Vilar do Abade (inequ\u00edvoco top\u00f3nimo que fai referencia ao abade dun mosteiro, moi habitual no mundo medieval). Jorge Guiti\u00e1n referiunos unha lenda dunha fonte pr\u00f3xima ao Coto &#8220;\u00e1 que \u00edan coller auga os monxes&#8221;. Nas proximidades do castelo est\u00e1n as ru\u00ednas dunha ermida rom\u00e1nica. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/most_cast_6.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<strong>Figura 5. Castelo Redondo e o Mosteiro de Lampai<\/strong><br \/>\nO Castelo Redondo \u00e9 un observador privilexiado sobre a zona de Padr\u00f3n e o Ulla para un mosteiro altomedieval coma o de Lampai (Teo). Obs\u00e9rvese como na proximidade do mosteiro hai unha aldea chamada &#8220;Vilar do Bispo&#8221;. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/most_cast_9.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<strong>Figura 6. San Miguel de Couselo. <\/strong><br \/>\nOs antigos cronistas cr\u00edan que o illado mosteiro de San Miguel de Couselo (Cuntis) era &#8220;un dos m\u00e1is antigos de Galicia&#8221;. Era un mosteiro particular, pertencente a arist\u00f3cratas. Por suposto, contaba cun castelo no m\u00e1is alto do monte, co cal controlar un \u00e1rea superior. O curioso \u00e9 que o castelo se asoma polos montes para poder ollar a entrada do r\u00edo Ulla. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/most_cast_101.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<strong>Figura 7. San Benito de L\u00e9rez e o castelo de Cedofeita<\/strong><br \/>\nAs primeiras menci\u00f3ns da vinculaci\u00f3n entre o mosteiro de San Salvador -ou San Benito- de L\u00e9rez e o castelo de Citofacta son do s\u00e9culo IX. No ano 916 o couto do mosteiro de L\u00e9rez chega ata &#8220;<a href=\"http:\/\/www.arcanaverba.org\/cedofeita\/comenta.htm\">o muro de Citofacta<\/a>&#8220;. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/most_cast_11.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<strong>Figura 8. O Castelo de Vitres e Santo Estevo.<\/strong><br \/>\nEste \u00faltimo exemplo \u00e9 unha especulaci\u00f3n basicamente para conectar alg\u00fans indicios de toponimia interesantes. Cara o ano 990, o bispo de Compostela Pedro de Mezonzo anexa as ru\u00ednas do mosteiro de Santo Estevo de Boiro ao de San Marti\u00f1o Pinario, con todos os seus casais e propiedades. O mosteiro de Santo Estevo ficara arrasado nun ataque normando. Ningu\u00e9n sabe onde estar\u00eda ubicado. Pero aplicando o noso patr\u00f3n aparecen cousas interesantes. No borde do chan onde est\u00e1 a actual Mosquete, antes de subir a Vitres, est\u00e1 o &#8220;Outeiro do Bispo&#8221;. E baixando, en li\u00f1a recta, ata o borde do mar, est\u00e1 o Pazo de Goi\u00e1ns. Nese pazo, a primeira vez que o visitei, observei unha curiosa cruz prerrom\u00e1nica na fachada da capela, claramente incrustrada desde outro sitio. E no interior do pazo hai esparcidos varios capiteis, creo que g\u00f3ticos. &#8220;\u00a1Que curioso!&#8221;, pensei no momento. Agora creo que xa sei a procedencia destas pezas. Deberon ir <em> baixando<\/em> monte abaixo. <\/p>\n<h3>\u00bfE isto que quere dicir?<\/h3>\n<p>Na zona na que n\u00f3s estivemos traballando, atopamos unha relaci\u00f3n clara e directa entre os asentamentos mon\u00e1sticos medievais e unha infraestrutura de car\u00e1cter militar, os castelos. Todos estes castelos non controlan directamente o territorio circundante onde o mosteiro pod\u00eda ter terras en propiedade, sen\u00f3n que se sit\u00faan no <strong>punto con m\u00e1is visibilidade m\u00e1is pr\u00f3ximo ao mosteiro<\/strong>, mesmo desbotando outras ubicaci\u00f3ns de maior altitude e con m\u00e1is posibilidades visuais, pero con peor acceso, como se fora preciso percorrer esa distancia nun tempo reducido. Na zona que n\u00f3s estamos explorando m\u00e1is, a Terra de Santiago -entre Pontevedra e a Coru\u00f1a, toda a costa- os castelos parecen estar vixiando o mar e as entradas das r\u00edas en case todos os casos. <\/p>\n<p>Esta relaci\u00f3n entre o mundo militar e o mundo relixioso \u00e9 bastante curiosa, e desde logo non contemplada deste xeito nas investigaci\u00f3ns ata o momento (que n\u00f3s co\u00f1ezamos, agradecemos calquera indicaci\u00f3n a maiores). <\/p>\n<p>Os expertos falan dun proceso de <em>encastellamento<\/em> propiciado pola inestabilidade do mundo nos s\u00e9culos VIII-IX. Tradicionalmente, na Terra de Santiago explic\u00e1ronse estes castelos como unha reacci\u00f3n contra os ataques normandos planificada pola m\u00e1xima autoridade militar e eclesi\u00e1stica, o bispo de Santiago, quen fortificou a cidade de Santiago a conciencia no s\u00e9culo IX. Pero xunto coa posibilidade desa coordinaci\u00f3n entre castelos, a evidencia parece revelar unha explicaci\u00f3n m\u00e1is complexa: o castelo como un elemento cosubstancial \u00e1 fundaci\u00f3n mon\u00e1stica altomedieval, uns ollos e vix\u00edas sobre un mundo de agresi\u00f3ns xestionado por abades concretos -que non obedec\u00edan necesariamente ao bispo. Xunto co campanario, o Castelo defin\u00eda os l\u00edmites simb\u00f3licos do Couto mon\u00e1stico nun lugar de relevancia visual e serv\u00eda como Vix\u00eda aos Monxes. \u00bfForon constru\u00eddos durante ese tempo de inestabilidade? \u00bfOu era unha opci\u00f3n <em>por defecto<\/em> na fundaci\u00f3n mon\u00e1stica? <\/p>\n<p>Os Castelos eran os Vixiantes dos mosteiros. \u00bfVixiar a quen? Hab\u00eda moitos perigos e inimigos, por suposto. Desde o s\u00e9culo V e a fundaci\u00f3n do reino suevo, o pa\u00eds andivo corrido de batallas, guerras, razzias e invasi\u00f3ns. Pero uns enemigos concretos protagonizaron unha aventura que puido cambiar a nosa Historia, e estamos conectando alg\u00fans datos que nos van aproximar moito a eles: os Lordimani. Estes castelos parecen esperalos no horizonte. Pero esa xa ser\u00e1 o tema da cuarta entrega das Rep\u00fablicas de Homes libres&#8230; <\/p>\n<p class=\"note\">Anteriores posts de <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?s=as+rep%C3%BAblicas+de+homes+libres\">Rep\u00fablicas de Homes Libres<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Detalle de Monxes no bosque. (v\u00eda) Continuamos coa terceira entrega de Rep\u00fablicas de Homes Libres,&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/10\/18\/republicas-de-homes-libres-3-a-hipotese-dos-monxes-vixias\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">As Rep\u00fablicas de Homes Libres (3): A hip\u00f3tese dos Monxes Vix\u00edas<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":8308,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,3,18,35],"tags":[],"class_list":["post-8296","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-mundo","category-notas-arqueoloxicas","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8296","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8296"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8296\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/8308"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8296"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8296"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8296"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}