{"id":8274,"date":"2009-10-16T20:26:38","date_gmt":"2009-10-16T18:26:38","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=8274"},"modified":"2009-10-17T01:22:38","modified_gmt":"2009-10-16T23:22:38","slug":"casa-trabazo-unha-deliciosa-viaxe-no-tempo-na-estrada","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/10\/16\/casa-trabazo-unha-deliciosa-viaxe-no-tempo-na-estrada\/","title":{"rendered":"Casa Trabazo: unha deliciosa viaxe no tempo na Estrada"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/trabazo_0.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/trabazo_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Os interiores de Casa Trabazo. Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">M<\/span>arujita, a dona de Casa Trabazo, na Estrada [T: 986 570 045 \/ <a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&#038;hl=es&#038;oe=UTF8&#038;num=200&#038;start=396&#038;msa=0&#038;msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&#038;ll=42.690558,-8.485029&#038;spn=0.003454,0.008723&#038;t=h&#038;z=17\">localizaci\u00f3n<\/a>], s\u00e9ntanos nunha mesa de mantel a cadros bordado por mans de costureira de vila, diante dunha barra na que hai andes de botellas de co\u00f1ac que son un aut\u00e9ntico museo arqueol\u00f3xico. Hai un cheiro a coci\u00f1a de le\u00f1a. E a luz el\u00e9ctrica aqu\u00ed ten un papel secundario. <\/p>\n<p>-\u00bfE como deron co noso n\u00famero de tel\u00e9fono? -pregunta.<\/p>\n<p>Unhas vellas percorren paseni\u00f1amente a sala, servindo pratos a unha mesa do noso car\u00f3n. E un se\u00f1or aparece cunha fonte cunha gran cachola que vai cortando moi a modo, a c\u00e1mara lenta e con coidado, como pretendendo facer o menor dano posible ao animal. Marujita non para quieta. <\/p>\n<p>-Por Internet.<br \/>\n-Vaia! Porque mire que este tel\u00e9fono non o ten todo o mundo. Aqu\u00ed ve\u00f1en <em>os uns polos outros<\/em>. Bueno. Miren. Hoxe hai&#8230;temos&#8230;.mire, voulles ir po\u00f1endo un caldi\u00f1o e despois xa vemos.<\/p>\n<p>Ao pouco unha muller s\u00edrvenos un espeso caldo do cocido, cheo dun marabilloso e concentrado sabor, servido en cunca. E aparece unha botella dun Barrantes m\u00e1is que decente. &#8220;Ver\u00e1n que rico&#8221;, dinos Marujita, que volveu a vir canda n\u00f3s. <\/p>\n<p>-Pero miren que<em> isto non \u00e9 un restaurante, isto \u00e9&#8230;outra cousa<\/em> -adv\u00edrtenos Marujita. Vaino repetir, como afirm\u00e1ndoo para si, durante toda a comida-&#8230;e aqu\u00ed todo est\u00e1 feito con forno de le\u00f1a. Como meu pai o quixo e o fixo hai 86 anos.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/trabazo_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/trabazo_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>A luz f\u00edltrase polo cristal esmerilado coma nun cadro holand\u00e9s, con esa luz de <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2008\/03\/27\/os-antigos-fogares-galegos-que-retratou-bert-teunissen\/#hide\">Bert Teunissen que est\u00e1 presente nos antigos fogares do pa\u00eds<\/a>. E todo est\u00e1 cheo de detalles. Detalles, por todas partes, que falan de cousas feitas a man. O chan apisonado. As trabes do teito. Mesmo nas obras artesanas m\u00e1is perfectas est\u00e1 a perfecci\u00f3n da diferencia milim\u00e9trica. As vellas andan por aqu\u00ed ou acol\u00e1. Unha p\u00eda de panos na que se mesturan os manteis coa roupa de casa est\u00e1 nunha beira. E as tazas al\u00ed noutra. Unha fiada de xerras de bre\u00f1a. E as\u00ed con todo. Non nos d\u00e1 tempo a escoller. Ch\u00e9ganos unha espectacular filloa con chourizo que comemos con avidez, acompa\u00f1ada do Barrantes. E despois, simplemente informando, Marujita decide traernos a famosa tortilla da casa, unha omelette de gambas e xam\u00f3n. <\/p>\n<p>-E eses ovos xa non os ven en ningures, eh! -dinos outra das vellas que sirven. <\/p>\n<p>Casa Trabazo \u00e9 un lugar singular, un lugar emocionante. \u00c9 unha viaxe no tempo. Marujita e Pedro mante\u00f1en esta casa como no tempo da s\u00faa fundaci\u00f3n e todo encaixa coherentemente ao longo dese tempo, como se non precisara ser preservado. Nos seus carteis, p\u00f3steres, na combinaci\u00f3n da louza adquirida ao longo de 80 anos e a\u00ednda en uso, est\u00e1 todo o noso s\u00e9culo. Aqu\u00ed c\u00f3mense platos feitos a lume manso, a\u00ednda. E aos clientes se lles trata como da familia, con agarimo e coidado. Estamos alucinando con cada detalle. Xa te\u00f1o falado da necesidade de nombrarmos uns BIG (<em>Bens de Interese Gastron\u00f3mico<\/em>). Casa Trabazo debera entrar na primeira lista e con rapidez. Este lugar \u00e9 un luxo.<\/p>\n<p>-Imos maiores. A filla non vai vir para aqu\u00ed. E para seguir abrindo, agora s\u00f3 servimos comidas, non ceas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/trabazo_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/trabaoz_51.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Pedro enc\u00e1rgase de todo o cap\u00edtulo sobremesa. Traen o licor caf\u00e9 e tres postres. Un queixo do pa\u00eds, cremoso e enorme, o brazo de xitano e a <em>bica das paridas<\/em>. <\/p>\n<p>-F\u00e1ganme caso, fagan as\u00ed -Pedro colle a botella de Barrantes, \u00e9ncheme a taza- molle ben a bica na taza. Esta \u00e9 a <em>bica das paridas<\/em>, porque se lle daba \u00e1s empre\u00f1adas para que fortaleceran.<\/p>\n<p>O vi\u00f1o tinto desapareceu dos postres en todas partes menos aqu\u00ed. Estamos acostumados a sabores doces directos. Pero aqu\u00ed non. Aqu\u00ed hai que mollar o doce en tinto do pa\u00eds, e sentir esa sensaci\u00f3n tan pouco practicada, sumarlle calor\u00edas ao doce como unha pila alcalina. O caf\u00e9 chega na s\u00faa cafeteira. Est\u00e1 o queixo. Est\u00e1 o bo licor, co gusto m\u00e1is alc\u00f3lico, menos cremoso, dese licor caf\u00e9 que fac\u00edan os av\u00f3s. Un mundo manso e tranquilo, case monacal. E un mundo excepcional: observen, ver\u00e1n maneiras, xeitos de falar, xeitos de comportarse, formas de servir e de xantar, que xa non existen. Este \u00e9 un observatorio privilexiado e \u00fanico sobre as casas de comidas galegas de finais do XIX e principios do XX. <\/p>\n<p>Vi\u00f1emos de Santiago, a penas vinte minutos. Pero a nosa viaxe foi maior. O interesante \u00e9 que este non \u00e9 un lugar aillado. No inverno, na fin de semana, \u00e9 moi dif\u00edcil conseguir mesa. O escaso espazo -dous lenzos- \u00e9nchese de grupos que ve\u00f1en comer aqu\u00ed o cocido. Amancio Ortega, por exemplo, \u00e9 de vir e quedarse ao car\u00f3n do ultramarinos. A mellor estratexia \u00e9 xuntar aos amigos e reservar con bastante tempo de antelaci\u00f3n. E pagar\u00e1 totalmente a pena. A min xa me fixeron pensar en organizar aqu\u00ed un cocido con todas as da lei. E insisto: chamen antes. \u00c9 m\u00e1is dif\u00edcil reservar en Casa Trabazo que en Arzak. E non esaxero nada. <\/p>\n<p>Por este xantar que vos conto, pagamos 19 euros por cabeza. \u00c9 un lugar moi especial, cunha excelente coci\u00f1a pero con algo m\u00e1is: cun esp\u00edrito propio e a melancol\u00eda das despedidas, unha melod\u00eda que en Galicia ten por notas a luz, fume, cheiros, sabores tempos e fermosas palabras. Vaian antes de que se acabe. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Os interiores de Casa Trabazo. Fotos: Sole Marujita, a dona de Casa Trabazo, na Estrada&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/10\/16\/casa-trabazo-unha-deliciosa-viaxe-no-tempo-na-estrada\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Casa Trabazo: unha deliciosa viaxe no tempo na Estrada<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":8275,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[7,8],"tags":[],"class_list":["post-8274","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-paparotasco","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8274","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8274"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8274\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/8275"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8274"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8274"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8274"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}