{"id":823,"date":"2005-11-28T23:51:59","date_gmt":"2005-11-28T21:51:59","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=823"},"modified":"2005-11-28T23:56:03","modified_gmt":"2005-11-28T21:56:03","slug":"os-problemas-das-webs-publicas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2005\/11\/28\/os-problemas-das-webs-publicas\/","title":{"rendered":"os problemas das webs p\u00fablicas"},"content":{"rendered":"<p><em>Un estudio del Gobierno brit\u00e1nico afirma que el 70% de sus p\u00e1ginas &#8216;web&#8217; no est\u00e1n construidos de forma que cualquiera pueda acceder a ellos independientemente de su condici\u00f3n f\u00edsica o del dispositivo que use<\/em><\/p>\n<p>En <a href=\"http:\/\/www.elpais.es\/articulo\/elpportec\/20051128elpepunet_1\/Tes\">elpais.es<\/a>.<\/p>\n<p>\u00c9 moi certo, en moitos lugares. A planificaci\u00f3n da informaci\u00f3n nos sitios p\u00fablicos \u00e9 ca\u00f3tica, profundamente descentralizada e sen criterios unitarios, moitas veces dentro dos mesmos departamentos. O web da Uni\u00f3n Europea, por exemplo, \u00e9 un labirinto. \u00c1 administraci\u00f3n norteamericana non lle quedou m\u00e1is remedio que crear <a href=\"http:\/\/www.firstgov.gov\/\">FirstGov<\/a>, hai anos, para tentar organizar o acceso \u00e1 informaci\u00f3n p\u00fablica. O goberno brit\u00e1nico creou o directorio <a href=\"http:\/\/www.direct.gov.uk\/Homepage\/fs\/en\">DirectGov<\/a> para solventar problemas similares, a\u00ednda que xa ti\u00f1a esa soberbia p\u00e1xina do primeiro ministro que \u00e9 <a href=\"http:\/\/www.number-10.gov.uk\/output\/Page1.asp\">Number 10<\/a>. Un compa\u00f1eiro de traballo mencionaba hai anos que as webs institucionais constru\u00edanse, moitas veces, como se fai \u00e1s veces o traballo nas comisi\u00f3ns: qu\u00e9rese facer un camelo e ao final un r\u00e9ndese ante a evidencia do dromedario. No Estado, os \u00faltimos cambios nas webs dos diferentes ministerios profundizan na construci\u00f3n independente, lonxe das necesidades do cidad\u00e1n. A enorme web da Xunta segue un cami\u00f1o similar: pequenos reinos independentes e pouco conectados entre si, absolutamente multiformes e con moi diferentes graos de <em>evoluci\u00f3n telem\u00e1tica<\/em>, alg\u00fans moi meritorios, outros cunha necesidade de cambio urxente. <\/p>\n<p>Levo xa alg\u00fans anos traballando no sector da informaci\u00f3n p\u00fablica en Internet e cr\u00e9deme, non \u00e9 nada doado organizar a informaci\u00f3n destes sitios, porque esta informaci\u00f3n sempre ten que conciliar as preocupaci\u00f3ns e as estruturas administrativas internas co servizo ao usuario final. Ao crear unha canle web, en realidade modelas un complexo fluxo de servizos e informaci\u00f3n que debe estar consolidado no ritmo de produci\u00f3n da administraci\u00f3n e no que hai que situar nomes e apelidos. Toda esta planificaci\u00f3n leva tempo , prudencia e coidado. <\/p>\n<p>Nos \u00faltimos anos, con todo, vivimos unha maior concienciaci\u00f3n nestes aspectos. Alg\u00fans pol\u00edticos respons\u00e1beis de organizaci\u00f3n comezan a comprender que o m\u00e1is importante nunha web p\u00fablica xa non \u00e9 o &#8220;Sa\u00fada&#8230;&#8221; e na nova carreira, as partidas de investimento en informaci\u00f3n p\u00fablica a trav\u00e9s de Internet comezan a ser amplas. Os respons\u00e1beis t\u00e9cnicos dos departamentos comezan xa a saber o que precisan realmente da web- Na medida en que se pense nesas p\u00e1xinas como lugares &#8216;centrados no usuario&#8217; as s\u00faas posibilidades de rendibilidade social ser\u00e1n maiores. Pero, ollo, o secreto realista \u00e9 conseguir conciliar esa rendabilidade social cunha mellora nas condici\u00f3ns de traballo dos respons\u00e1beis do sitio web, habitualmente tam\u00e9n dedicados a m\u00e1is procesos administrativos. Iso permitir\u00e1 a expansi\u00f3n e o bo funcionamento do sitio de informaci\u00f3n p\u00fablica. O beneficio colateral para t\u00f3dalas partes facilitar\u00e1 a transici\u00f3n cara unha verdadeira administraci\u00f3n dixital. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un estudio del Gobierno brit\u00e1nico afirma que el 70% de sus p\u00e1ginas &#8216;web&#8217; no est\u00e1n&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2005\/11\/28\/os-problemas-das-webs-publicas\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">os problemas das webs p\u00fablicas<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[6,2],"tags":[],"class_list":["post-823","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-tendencias-en-deseno","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/823","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=823"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/823\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=823"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=823"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=823"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}