{"id":8059,"date":"2009-10-04T20:45:52","date_gmt":"2009-10-04T18:45:52","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=8059"},"modified":"2010-04-09T18:56:29","modified_gmt":"2010-04-09T16:56:29","slug":"as-republicas-de-homes-libres-ii-pegadas-nos-penedos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/10\/04\/as-republicas-de-homes-libres-ii-pegadas-nos-penedos\/","title":{"rendered":"As Rep\u00fablicas de Homes Libres (II): Pegadas nos penedos"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castelos_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">O<\/span>ito covi\u00f1as nunha pedra dan entrada a un prado aos p\u00e9s dun lugar fascinante, o <strong>castelo de Fruime<\/strong>, en Lousame. Estamos no Confurco, o Pindo do Barbanza, un gran conxunto de montes inzados de enormes penedos gran\u00edticos que, ao cabo dunhas horas, se converten en espellismos para o buscador de pasados. Distinguimos un pequeno outeiro con grandes penedos e, ao ascendermos, aparece a muralla. Se cadra por mor da distancia de calquera aldea, o Castelo de Fruime debe ser un dos castros -sen\u00f3n o que m\u00e1is- mellor conservados do Barbanza. Est\u00e1 tal e como o abandonaron.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castelos_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castelos_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Emocionados, observamos como unha muralla de numerosa pedra simplemente foi caendo, protexendo teimudamente o acceso a ese labirinto de bolas de pedras e pechando todas as fisgas que estas deixan entre a altura e o interior. Obs\u00e9rvese que digo <em>castro<\/em>, e non <em>castelo<\/em>. Aquelo parece un castro da Primeira Idade do Ferro. Ten as s\u00faas plataformas, as s\u00faas nivelaci\u00f3ns. Pero conforme nos achegamos, mov\u00e9ndonos con coidado polo alto desa inestable muralla, ata o pened\u00eda m\u00e1is alta, atopamos d\u00faas cousas: o pedrugallo parece distinguir unha porta, e unha chea de cachote metido entre unhas fendas permite subir ata a parte m\u00e1is alta. Al\u00ed, e s\u00f3 al\u00ed, comezamos a atopar anacos de tella. E, desde o alto, a panor\u00e1mica \u00e9 todo unha definici\u00f3n deste lugar. O contorno d\u00e1lle igual. Este castelo est\u00e1 controlando a R\u00eda de Arousa e o cami\u00f1o que desde o important\u00edsimo enclave comercial do castro de Neix\u00f3n sube por Bealo en direcci\u00f3n ao interior de Galicia. Bealo: un lugar importante, con estra\u00f1os petr\u00f3glifos, unha gran romar\u00eda e \u00bfsabedes que? O seu nome antigo era Vialis. Ehem. Imaxinas os carromatos de \u00e1nforas prepar\u00e1ndose a cruzar o Confurco. Unha agud\u00edsima ladeira agocha, al\u00f3 embaixo, a v\u00eda de comunicaci\u00f3n natural que permit\u00eda sa\u00edr de aqu\u00ed en direcci\u00f3n Noia e o interior de Galicia. Pero \u00e9 que hai m\u00e1is. Xusto en li\u00f1a recta, enfronte nosa, no monte xemelgo da outra banda do Confurco, est\u00e1 outro castelo, San Mamede (por certo, un dos santos m\u00e1is recorridos nas ermidas e igrexas galegas, pero que, coma moitos dos patr\u00f3ns das igrexas bretonas, non hai constancia de que existira). <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castelos_5.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>O castelo de San Mamede. <\/em><\/p>\n<p>A concentraci\u00f3n de tella na peneda alta fai pensar que, no antigo espazo do castro, nalg\u00fan momento entre o mundo romano e o s\u00e9culo XI construiuse al\u00ed un <em>castelo<\/em>. A s\u00faa ubicaci\u00f3n \u00e9 paradigm\u00e1tica, e revela unha condici\u00f3n obxectiva de todos estes lugares f\u00f3ra do rexistro documental da nosa Historia. Jos\u00e9 Carlos S\u00e1nchez Pardo presentou na USC no 2008 a s\u00faa excelente tese <em>Territorio y poblamiento en Galicia entre la Antig\u00fcedad y la Edad Media<\/em>. A\u00ednda que Pardo non leva a antig\u00fcidade destas fortalezas antes do s\u00e9culo IX -malia non ter datos arqueol\u00f3xicos ou documentais ao respecto-, o investigador, a trav\u00e9s do estudo intensivo do poboamento da terra de Nendos (ao redor de Betanzos), localizou que hab\u00eda tres fases de imprantaci\u00f3n dos castelos. Na segunda fase, que corresponde \u00e1 Baixa Idade Media, est\u00e1n o modelo de castelo que m\u00e1is co\u00f1ecemos, o castelo feudal: pr\u00f3ximo \u00e1s aldeas e \u00e1s terras de cultivo, exemplo de control se\u00f1orial sobre un contorno agrario e viario directo, desde os que se exerc\u00edan os atributos de control e cobros de tributos. Pero no seu estudo atopou que os castelos m\u00e1is antigos, \u00e9 dicir, estes dos que non hai documentaci\u00f3n, segu\u00edan un patr\u00f3n distinto. Non controlaban \u00e1s xentes, aos labregos e mari\u00f1eiros. Controlaban as v\u00edas de comunicaci\u00f3n, o mar, os cami\u00f1os. Estaban pr\u00f3ximos a r\u00edos e pr\u00f3ximos \u00e1s v\u00edas de comunicaci\u00f3n, especialmente \u00e1s antigas v\u00edas romanas. Existe unha diferencia enorme na capacidade de abranguer visualmente o territorio entre un castelo do s\u00e9culo IX e outro do XIV. <\/p>\n<p>Polo tanto, estanos a falar dun mundo distinto. Nun mundo en teor\u00eda pobre e aillado como o que transcorre entre o final do Imperio Romano e ano 1000 preocuparse tanto polo movemento resulta cando menos curioso. O segundo factor importante que atopou S\u00e1nchez Pardo \u00e9 a relaci\u00f3n directa entre estes castelos e os antigos castros. Nesta primeira \u00e9poca da Idade Media, os castelos v\u00f3lvense constru\u00edr sobre as abandonadas fortificaci\u00f3ns da Idade do Ferro, lugares esquencidos durante alg\u00fans dos s\u00e9culos do Imperio. F\u00edxense no detalle. Conforme avance a Idade Media esta relaci\u00f3n cos antigos asentamentos ir\u00e1 desaparecendo. Como tam\u00e9n desaparecer\u00e1n as <em>respublica ingeniorum<\/em>. Non deixa de ser curioso que o proceso \u00e9 similar ao que pasou na Idade do Ferro. De acordo con Gonz\u00e1lez Ruibal, na s\u00faa tese de doutoramento <em>Galaicos. Poder y comunidad en la Protohistoria del Noroeste de la Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica<\/em>, o mundo castrexo ten d\u00faas fases moi diferenciadas. Na primeira, os castros sub\u00edan ao alto das serras, en lugares moi altos, con capacidade de controlar pero con poucos recursos alimenticios inmediatos procedentes do labor do campo, e si do pastoreo. Na segunda fase, os castros baixan aos vales e perc\u00edbese unha relaci\u00f3n clara co contorno agrario. Exactamente igual que na Idade Media. Para Ruibal, as evidencias arqueol\u00f3xicas sinalan que na Primeira Idade do Ferro, a sociedade estaba m\u00e1is xerarquizada que na segunda. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castelos_4.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Un<\/em> lacus <em>en Fruime. <\/em><\/p>\n<p>Estabamos en Fruime. O sol vaise po\u00f1endo, e n\u00f3s cami\u00f1amos ao redor do castelo. Aos p\u00e9s do castelo atopamos algo que nos chama a atenci\u00f3n. Algu\u00e9n se preocupou de moldear os bordos desta gran covi\u00f1a, e labrarlle unha canaleta para facilitar a sa\u00edda de <em>algo<\/em>. Tecnicamente a isto ch\u00e1maselle <em>lacus<\/em>, un lugar vinculado a usos relixiosos. Eu te\u00f1o moita prevenci\u00f3n contra o <em>s\u00edndrome da covi\u00f1a pantasma<\/em>, que \u00e9 a que te provoca ver petr\u00f3glifos e \u00e1reas rituais nas pedras con moita erosi\u00f3n, pero neste caso repaso a acanaladura e abr\u00e1iome. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castelos_7.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A Casa das Meigas<\/em><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">A<\/span>o longo do Barbanza, a Mah\u00eda e as Terras de Padr\u00f3n \u00e9 doado seguir o percorrido destes antigos castelos, acochados nos cumios, controlando a r\u00eda de Arousa e os cami\u00f1os que dela levaban ata o interior, pasando polo castro no que naceu Compostela pero tam\u00e9n noutras direcci\u00f3ns -que fan pensar en que a construci\u00f3n non ti\u00f1a s\u00f3 como fin controlar a invasi\u00f3n normanda a Compostela. Aqu\u00ed s\u00f3 falo de alg\u00fans deles. Enriba da Angueira de Suso, localizamos a <strong>Casa das Meigas<\/strong>, metida entre dous penedos. Non foi doado dar con ela, pero al\u00ed estaba, conservando algo da maxia do seu nome. Un carballo nace no medio dun edificio cadrangular. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castelos_8.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>O Castelo Redondo<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castelos_9.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Restos cer\u00e1micos apreciables a nivel superficial<br \/>\n<\/em><br \/>\nSeguindo a corda dos montes, aparece o importante lugar do <strong>Castelo Redondo<\/strong>, visible desde todo o val de Padr\u00f3n, no alto do monte da Meda. Este lugar \u00e9 sorprendente. Aos seus p\u00e9s hai m\u00e1moas. Est\u00e1 a tella. E no castelo est\u00e1 a Cova dos Mouros, por onde entran estes seres m\u00edticos. Agora, unha pista arrasou parte do per\u00edmetro que o rodea, e unha singular m\u00e1moa que exist\u00eda xusto aos p\u00e9s do castelo, nun pequeno chan na s\u00faa base. Al\u00ed a tella e os anacos de cer\u00e1mica est\u00e1n por todas partes. O Castelo Redondo parece seguir o mesmo patr\u00f3n que a Casa das Meigas, controlando o cami\u00f1o que leva da r\u00eda ata Iria Flavia. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castelos_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Outro d\u00eda, Jorge Guiti\u00e1n gu\u00edanos ata un lugar moi interesante nos Montes de Oleir\u00f3n: o <strong>Coto do Castelo<\/strong>. Cunha visibilidade algo menor que os anteriores, ao seu redor parecen apreciarse estruturas gandeiras, e est\u00e1 rodeado de tres ou catro puntos moi interesantes a nivel hist\u00f3rico, como unha capela medieval -Jorge recolleu lendas que din que no seu momento a procesi\u00f3n sub\u00eda ata os p\u00e9s do castelo- ou o Coto dos Mozos, un sitio onde as parellas da contorna \u00edan a namorar con discreci\u00f3n. No Coto do Castelo tam\u00e9n se conserva, segundo Guiti\u00e1n, a lenda de que al\u00ed se agachaban os fuxidos da Guerra da Independencia. <\/p>\n<p>Pero hai m\u00e1is. Uns cantos m\u00e1is que non consigno aqu\u00ed por non eternizar o post. Son lugares abandonados, esquencidos, pero est\u00e1n a\u00ed. Dun xeito que non damos comprendido de todo, coa s\u00faa peculiar distribuci\u00f3n, nos est\u00e1n falando dun determinado concepto da defensa e das fortificaci\u00f3ns. Estes castelos empatan ben cuns territorios formados por homes libres, un tipo de estrutura social que xa exist\u00eda antes da formaci\u00f3n da monarqu\u00eda galaico leonesa, dunha Idade Media que a\u00ednda non era <em>feudal<\/em>, tal e como hoxe os entendemos. E isto para min \u00e9 o m\u00e1is interesante. A un galego do s\u00e9culo XV os castelos lles parec\u00edan ominosos instrumentos de dominaci\u00f3n. Refuxio de <em>malfeitores<\/em>, os seus alcaides practicaban o secuestro, o soborno, o roubo e o cobro de tributos sen cortarse, e convert\u00edan a campi\u00f1a nun escenario de batallas que aos labregos nin lles \u00edan nin vi\u00f1a. Pero estes castelos dun tempo remoto non nacen para dominar aos veci\u00f1os. Vix\u00edan, miran e supostamente d\u00e9ixanse ver. As veces est\u00e1n ubicados en lugares que ti\u00f1an un antigo valor simb\u00f3lico: outras, en antigos asentamentos que se hab\u00edan perpetuar como valor na tradici\u00f3n dos veci\u00f1os. Se cadra gardan significados que a\u00ednda non comprendemos de todo porque nos faltan datos. Tense falado deles como antigos sistemas de comunicaci\u00f3n que transmit\u00edan informaci\u00f3n a partir de fachos. Pero ao mellor tam\u00e9n nos falan doutras cousas. <\/p>\n<p>No vindeiro post sobre as Rep\u00fablicas de Homes Libres, que escribirei nun par de semanas ou as\u00ed, cando te\u00f1a alg\u00fans datos que ando a procurar, falarei sobre as cousas que se nos ocorren ao respeto. Si quero aclarar que isto non \u00e9 unha investigaci\u00f3n hist\u00f3rica realizada de xeito sistem\u00e1tico, sen\u00f3n, de forma totalmente consciente, unha cr\u00f3nica persoal das mi\u00f1as exploraci\u00f3ns neste mundo, a medias entre as fontes documentais, a investigaci\u00f3n e os restos arqueol\u00f3xicos co obxectivo de chamar a atenci\u00f3n sobre esta \u00c9poca de Ningu\u00e9n. <\/p>\n<p>Polo de agora, se andas picado ou picada e queres subir a explorar, aqu\u00ed tes un ficheiro KMZ con todas as localizaci\u00f3ns que levamos descubertas ata o momento. A \u00fanica que est\u00e1 a\u00ednda sen ubicar \u00e9 a do Monte Castelo, na Pobra do Carami\u00f1al. <\/p>\n<p class=\"note\">\n<em><br \/>\n<a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castelos.kmz\">Descargar o ficheiro KMZ dos Castelos dos<\/a><\/em> commissos <em>de Pistomarchi (Barbanza) e Amaea (A Mah\u00eda)<\/em><\/p>\n<p><strong>Anteriores entregas:<\/strong><\/p>\n<ul>\n<li><a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2009\/10\/03\/as-republicas-de-homes-libres-i-unha-viaxe-a-epoca-de-ninguen\/\">As Rep\u00fablicas de Homes Libres (I): unha viaxe \u00e1 \u00c9poca de Ningu\u00e9n<\/a><\/li>\n<li><a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2009\/10\/01\/republicas-de-homes-libres-o-trailer\/\">Rep\u00fablicas de Homes Libres, o trailer<\/a><\/li>\n<\/ul>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Oito covi\u00f1as nunha pedra dan entrada a un prado aos p\u00e9s dun lugar fascinante, o&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/10\/04\/as-republicas-de-homes-libres-ii-pegadas-nos-penedos\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">As Rep\u00fablicas de Homes Libres (II): Pegadas nos penedos<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":8061,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,35],"tags":[],"class_list":["post-8059","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8059","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8059"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8059\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/8061"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8059"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8059"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8059"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}