{"id":8035,"date":"2009-10-03T11:27:24","date_gmt":"2009-10-03T09:27:24","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=8035"},"modified":"2010-04-09T18:56:34","modified_gmt":"2010-04-09T16:56:34","slug":"as-republicas-de-homes-libres-i-unha-viaxe-a-epoca-de-ninguen","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/10\/03\/as-republicas-de-homes-libres-i-unha-viaxe-a-epoca-de-ninguen\/","title":{"rendered":"As Rep\u00fablicas de Homes Libres (I): unha viaxe \u00e1 \u00c9poca de Ningu\u00e9n"},"content":{"rendered":"<p><span class=\"drop_cap\">A<\/span> idea de escribir estes posts ocorreu despois de atoparmos Luania, o solitario castelo empoleirado no alto dun solitario monte por riba da Devesa de Nimo. Derrubado, pero enteiro, ao sentarte nun estremo de Luania distingues o serpeante esteiro do r\u00edo Tambre e a r\u00eda de Muros abr\u00edndose diante t\u00faa ata o monte Louro e o mar. Luania estaba ausente da bibliograf\u00eda hist\u00f3rica contempor\u00e1nea que trataba sobre Noia e os seus arredores, pero a nosa sorpresa, foi comprobar que tam\u00e9n o estaba da documentaci\u00f3n medieval. A penas d\u00faas referencias en s\u00e9culos e s\u00e9culos de Historia e nelas o castelo aparec\u00eda coma o convidado de pedra, un dos marcos que acoitan o couto do mosteiro de Toxosoutos. No s\u00e9culo XI, este lugar xa estaba en ru\u00ednas. Pero non foi o \u00fanico caso. Por tomarmos outro exemplo da mesma di\u00f3cese de Iria -o antigo bispado da Terra de Santiago-, no ano 916, cando se funda o mosteiro de San Salvador de L\u00e9rez, o rei Ordo\u00f1o II tam\u00e9n acouta o territorio do mosteiro ata o muro do castelo de Citofacta -actual Cedofeita-. Outra vez un convidado de pedra. Outra vez o castelo como marco, non como dominio territorial. <\/p>\n<p>\u00bfRu\u00ednas <em>medievais <\/em>no s\u00e9culo IX, X ou XI? \u00bfComo pode ser?\u00bfDe que nos falan? \u00bfPor que non sabemos m\u00e1is? \u00bfE para que val\u00edan?<\/p>\n<h3><em>Castelos<\/em> e Castelos<\/h3>\n<p>Ao longo do territorio do pa\u00eds, existen un tipo de xacementos arqueol\u00f3xicos que sempre ocupan un lugar marxinal na literatura arqueol\u00f3xica e hist\u00f3rica. O galego ten unha palabra espec\u00edfica para eles: o <em>castelo<\/em>. Por castelo non se entende s\u00f3 a t\u00edpica fortificaci\u00f3n medieval que co\u00f1ecemos, coa s\u00faa torre de homenaxe, as s\u00faas ameas, muralla, adarve, o seu foxo, todo isto. Na maior parte dos casos, os castelos da nosa toponimia definen lugares inh\u00f3spitos, metidos nunha serra, un picacho de penedos de vistas maxestuosas, esquencido, asolagados por toxos, moitas veces con restos arqueol\u00f3xicos moi pouco apreciables. O m\u00e1is valioso que atopar\u00e1s ser\u00e1 tella -a veces pouca, a veces por todas partes- e, se sabes mirar, nos penedos comezar\u00e1s a distinguir marcas, asentos e calzos que parecen indicar que al\u00ed houbo unha estrutura. Nalg\u00fans casos, como Luania, ou Vitres, poder\u00e1s apreciar cachote, pedra mi\u00fada, al\u00ed onde antes houbo habitaci\u00f3ns ou muros. Ao estaren tan distanciados das aldeas actuais, os lugares preserv\u00e1ronse con bastante facilidade. Pero o que sorprende, cando un comeza a investigar, \u00e9 descubrir que a densidade deste tipo de fortificaci\u00f3ns ao longo de todo o pa\u00eds \u00e9 moi, moi elevada, en canto se comeza a examinar con atenci\u00f3n unha zona. Insisto na denominaci\u00f3n castelo. Na tradici\u00f3n oral est\u00e1 ben claro cal \u00e9 a diferencia entre un<em> castelo<\/em> e un <em>castro<\/em>. Non hai memoria documental destes lugares, abandonados hai m\u00e1is dun milenio, pero na toponimia perduran perfectamente identificados. E son unha chea deles. <\/p>\n<h3>A \u00c9poca de Ningu\u00e9n<\/h3>\n<p>Estes castelos pertencen a unha \u00e9poca esquencida da nosa Historia, unha \u00c9poca de Ningu\u00e9n. Co\u00f1ecemos moito m\u00e1is da Idade de Ferro dos castros que do escuro periodo de 500 anos que vai desde a fin do Imperio Romano ata o s\u00e9culo IX. \u00bfQue aconteceu en Galicia durante esta \u00e9poca? Case nada: unha invasi\u00f3n xerm\u00e1nica que cristalizou no Reino Suevo e unha posterior invasi\u00f3n visig\u00f3tica que rematou con ese periodo. Desa \u00e9poca pouco permaneceu nos textos. Paulo Orosio narrou a penetraci\u00f3n dos b\u00e1rbaros en Galicia. Dispo\u00f1emos de listas de reis galaico-suevos&#8230;Sabemos que durante ese periodo Galicia pasou por unha guerra civil, por expansi\u00f3ns e desfeitas, mesmo por un escuro periodo de case 100 anos do que s\u00f3 sabemos o nome dun monarca, pola conquista visigoda. O documento m\u00e1is valioso da \u00e9poca \u00e9 o <em>Parrochiale Suevum<\/em>, un texto que lista, por mor dun concilio en Lugo, as di\u00f3ceses galegas. O mapa resultante desa lista de di\u00f3ceses sorprende: os territorios dos bispados galegos durante o mundo suevo corresp\u00f3ndense de forma moi pr\u00f3xima \u00e1 lista de tribos galegas das que falara, s\u00e9culos antes, o xe\u00f3grafo romano Plinio. De alg\u00fan xeito, os romanos mantiveran a organizaci\u00f3n territorial das antigas tribos galegas e 400 anos despois da conquista, segu\u00edan sendo realidades administrativas. Se colleras o <em>Parrochiale<\/em> e o compararas coa lista de tribos aut\u00f3ctonas de Plinio, sen saber que houbo unha conquista romana, dir\u00edas: aqu\u00ed non pasou nada en cincocentos anos. <\/p>\n<p>Pero falabamos da \u00c9poca de Ningu\u00e9n. Sabemos tan pouco, pero tan pouco, dese periodo, que moi pouca xente se adica a el. \u00c9 o ovo e a gali\u00f1a. E iso por un motivo: en teor\u00eda esta \u00e9poca \u00e9 a Alta Idade Media. Pero os historiadores traballan, en gran medida, con fontes escritas. E resulta que non hai fontes escritas. Xa que logo, ser\u00eda preciso empregar outras t\u00e9cnicas, como a arqueolox\u00eda. Pero a arqueolox\u00eda galega oc\u00fapase, maioritariamente, de \u00e9pocas anteriores. Os arque\u00f3logos galegos est\u00e1n especializados en realidades reco\u00f1ecibles, comparables, tradicionais: Roma, a Idade do Ferro e do Bronce, o Neol\u00edtico, etc. \u00bfPero un arque\u00f3logo especializado na Alta Idade Media? \u00bfE administrativamente onde o poder\u00edas encaixar? <\/p>\n<p>Dif\u00edcil encaixe. <\/p>\n<p>O resultado \u00e9 o seguinte: en Galicia hai centos de xacementos arqueol\u00f3xicos dos que non co\u00f1ecemos case nada, que ningu\u00e9n sabe situar nun horizonte temporal e que ningu\u00e9n estudou en detalle. Os historiadores, por exemplo, ao enfrontarse \u00e1 problem\u00e1tica destas fortalezas invisibles na documentaci\u00f3n, tenden con facilidade a encravalas no contexto das invasi\u00f3ns viquingas do s\u00e9culo IX, como plataformas de observaci\u00f3n dunha posible invasi\u00f3n normanda. Pero non hai ning\u00fan tipo de constancia documental que acredite que foron fundadas para esa funci\u00f3n; ao meu ver, \u00e9 un xeito como calquera outro de traer os feitos ao rego das \u00e9pocas que co\u00f1ecen m\u00e1is. Como non temos investigaci\u00f3n real, puideron ter esa funci\u00f3n, ou poden ser anteriores e responderen a outra. <\/p>\n<p>Do que nos falan \u00e9 <em>doutra<\/em> Idade Media, diferente en certo xeito \u00e1 que co\u00f1ecemos. Pero desa outra Idade Media non co\u00f1ecemos case nin nomes, nin historias.<\/p>\n<h3>As Rep\u00fablicas de Homes Libres<br \/>\n<\/h3>\n<p>Na magn\u00edfica tese de doutoramento <em>La ciudad de Santiago de Compostela en la Alta Edad Media<\/em>, que o catedr\u00e1tico da USC Fernando Alsina publicou no ano 1988, aparecen unhas interesantes referencias a esa Outra Idade Media. Cando Alsina tenta comprender como se organiza a futura Terra de Santiago, atopa as referencias aos <em>commissos<\/em>, aos condados. Os <em>commissos<\/em> ou territorios corresp\u00f3ndense, no s\u00e9culo IX, de xeito m\u00e1is ou menos similar, coas di\u00f3ceses das que falaba 400 anos antes o Parrochiale Suevum e coas tribos galaicas das que falaba, 900 anos antes, Plinio o Vello. Entre o Rei de Galicia, Le\u00f3n e Asturias e os seus servos eses commissos ou territorios son o \u00fanico chanzo intermedio. Alsina, na s\u00faa investigaci\u00f3n, constata con abraio como perviven, case no cambio de milenio, estruturas sociais da \u00e9poca castrexa. E se fixa nun xeito no que se denominan: as <em>respublica ingeniorum<\/em>. <\/p>\n<p>\u00bfQue quere dicir <em>respublica ingeniorum<\/em>? Pois d\u00faas cousas ao mesmo tempo: o Goberno ou Rep\u00fablica dos Homes Libres e o Goberno da <em>Gens<\/em>, da gran familia. Alsina atopouse que, ao longo de Galicia, cada un deses antigos territorios, como os Praestamarici (o Barbanza) ou os Amaei (actual A Mah\u00eda), estaba habitado polos membros dunha \u00fanica gran familia, \u00e9 dicir, por individudos vencellados por v\u00ednculos de sangue: campesi\u00f1os libres, sen se\u00f1or. E que dentro desa gran familia, as <em>casatas<\/em> designaban aos troncos familiares m\u00e1is directos. Un home nac\u00eda libre dentro dunha <em>casata<\/em>, e herdaba a liberdade. Tam\u00e9n hab\u00eda algunhas <em>casatas<\/em> de servos, que herdaban escravitude. A cada <em>gens<\/em> lle correspond\u00eda un territorio, e se pu\u00f1an trabas aos seus membros para que se mudaran del. Boa parte dos galegos de aquela eran libres, a\u00ednda que non saibamos precisar que quer\u00eda dicir iso. E suponse que a liberdade non quer\u00eda dicir, necesariamente, boa posici\u00f3n econ\u00f3mica. Pod\u00edas ser pobre como as ratas e libre coma o vento. Pod\u00edan participar en asembleas de xustiza e ter propiedades, a\u00ednda que moitas veces estaban ao servizo dun gran se\u00f1or sen perder o car\u00e1cter de <em>libre<\/em>. Entre eles e o Rei s\u00f3 hab\u00eda un funcionario intermedio \u00e1 cabeza do <em>commisus<\/em> ou territorio. Contra o s\u00e9culo IX, polo pouco que sabemos, as cousas comezaron a cambiar, e a diferencia social puido facerse maior. <\/p>\n<p>Picados pola curiosidade, despois de atopar Luania decidimos correr os montes dos vellos condados de Praestamarici e Amaea, entre Santiago de Compostela e o mar. Serras de toxo e granito, lugares illados, na procura deses castelos, na procura de comprender m\u00e1is esa \u00c9poca de Ningu\u00e9n e os Gobernos de Homes Libres, a funci\u00f3n e o uso dos m\u00e1is olvidados dos nosos monumentos do pasado. <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2009\/10\/01\/republicas-de-homes-libres-o-trailer\/\">Son alg\u00fans dos cumios que puideches ver no trailer<\/a>.  No vindeiro post falaremos deles. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A idea de escribir estes posts ocorreu despois de atoparmos Luania, o solitario castelo empoleirado&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/10\/03\/as-republicas-de-homes-libres-i-unha-viaxe-a-epoca-de-ninguen\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">As Rep\u00fablicas de Homes Libres (I): unha viaxe \u00e1 \u00c9poca de Ningu\u00e9n<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,35],"tags":[],"class_list":["post-8035","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diario","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8035","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8035"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8035\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8035"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8035"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8035"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}