{"id":792,"date":"2005-11-06T19:35:37","date_gmt":"2005-11-06T17:35:37","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=792"},"modified":"2005-11-06T19:37:32","modified_gmt":"2005-11-06T17:37:32","slug":"o-castelo-de-san-mamede","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2005\/11\/06\/o-castelo-de-san-mamede\/","title":{"rendered":"o castelo de san mamede"},"content":{"rendered":"<p><img src='http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/imaxes\/san_mamede_01.jpg' alt='san mamede' \/> <\/p>\n<p>Hai persoas que fan un traballo inmenso pola cultura local, que \u00e9 a m\u00e1is bela cultura de todas. Que mollan as botas, que pican as pernas percorrendo o territorio, que levan unha vida discreta e produtiva lonxe dos c\u00edrculos capitalinos. As\u00ed \u00e9 <a href=\"http:\/\/www.culturagalega.org\/lg3\/lg3_autor_detalle.php?Cod_prsa=66&#038;titulo=Xerardo%20Agrafoxo\">Xerardo Agrafoxo<\/a>. A este <a href=\"http:\/\/iacobus.usc.es\/search*gag\/Y?xerardo+agrafoxo&#038;searchscope=2&#038;SORT=D\">prol\u00edfico<\/a> noi\u00e9s, historiador e narrador, creo que nunca se lle reco\u00f1eceu publicamente o inxente traballo que levou a cabo en 1986, cando realizou a catalogaci\u00f3n arqueol\u00f3xica da comarca do Barbanza. Agrafoxo percorreu a comarca de arriba para abaixo, comendo toxo, recollendo tradici\u00f3n oral, medindo castros, atopando t\u00famulos megal\u00edticos, descubrindo petroglifos entre a frouma dos bosques. <\/p>\n<p>Cando era pequeno agasall\u00e1ronme co resultado dese proxecto: o libro <a href=\"http:\/\/iacobus.usc.es\/search*gag\/Y?prehistoria+e+arqueolox\u00eda+da+terra+da+barbanza&#038;searchscope=2&#038;SORT=D\">Prehistoria e Arqueolox\u00eda da Terra da Barbanza<\/a>. A\u00ednda o conservo, remendado con celof\u00e1n, rachaduras, sombras de dedos cheos de terra, puntas de toxo. Chapeime de aquela localizaci\u00f3ns, orograf\u00edas, antigos dep\u00f3sitos. A maior parte deles quedaban a unha distancia impos\u00edbel de acadar en bicicleta, as\u00ed que tiveron que agardar at\u00e1 m\u00e1is tarde para visitarse. <\/p>\n<p>Esta fin de semana dinme o capricho de buscar o Castelo de San Mamede. De pequeno l\u00eda e rel\u00eda con fascinaci\u00f3n como ata hai moi pouco tempo, naquel lugar lonxano da parroquia de San Pedro de T\u00e1llara en Lousame, nun misterioso reduto de enormes pened\u00edas, a\u00ednda ficaban en p\u00e9 casas redondas da \u00e9poca castrexa. Se petabas na pena m\u00e1is grande escoitabas camp\u00e1s. Entre os muros esmorecidos hab\u00eda un t\u00fanel abatido. Ata al\u00e1 fumos. O monte est\u00e1 cheo de enormes pened\u00edas, e convertido nunha desfeita forestal absoluto. Percorrimos bouzas incendiadas, bosques abandonados, chimpamos por penedos impos\u00edbeis. Custou moito dar con esta mole p\u00e9trea. <\/p>\n<p>O lugar \u00e9 estra\u00f1o: unha muralla moi esmorecida rodea a base da pened\u00eda. A zona superior \u00e9 infranque\u00e1bel pola maleza. Grosos lenzos de mamposter\u00eda esvaran polas agudas pendentes. Parece un lugar impos\u00edbel para a vida est\u00e1bel, pero \u00e9 unha torre natural privilexiada para usos militares. Todo ao redor, o lugar est\u00e1 estrado de tella de d\u00faas facturas diferentes: unha moi basta e con abundantes cachos de cuarzo, a outra algo m\u00e1is fina. Se cadra na \u00e9poca romana ou medieval, San Mamede foi un importante punto de control sobre o territorio. Hoxe, o lugar desaparece como un castelo de area.<\/p>\n<p><em>Para visitar o Castelo (s\u00f3 recomend\u00e1bel para xente moi forofa do tema). Na glorieta do Confurco (Lousame), hai que coller direcci\u00f3n Noia. A pouca distancia, veredes un desv\u00edo cara o Parque de San Lourenzo. Dende a\u00ed, hai que subir pola pista da &#8220;Rota dos Penedos&#8221; e, como uns 800 m. despois, torcer \u00e1 esquerda por un sendeiro case esborrallado. <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/imaxes\/sanmamede_02.jpg\" data-rel=\"lightbox-image-0\" data-rl_title=\"\" data-rl_caption=\"\" title=\"\">Aqu\u00ed hai unha foto <\/a>co desv\u00edo e frechas indicando en que penedos est\u00e1 o castelo.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hai persoas que fan un traballo inmenso pola cultura local, que \u00e9 a m\u00e1is bela&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2005\/11\/06\/o-castelo-de-san-mamede\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">o castelo de san mamede<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,8],"tags":[],"class_list":["post-792","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diario","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/792","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=792"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/792\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=792"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=792"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=792"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}