{"id":770,"date":"2005-10-26T19:05:17","date_gmt":"2005-10-26T17:05:17","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=770"},"modified":"2005-10-26T19:13:39","modified_gmt":"2005-10-26T17:13:39","slug":"os-supostos-praceres-prohibidos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2005\/10\/26\/os-supostos-praceres-prohibidos\/","title":{"rendered":"os supostos praceres prohibidos"},"content":{"rendered":"<p><img src='http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/imaxes\/vermello.jpg' alt='vermello' \/> <\/p>\n<p>Aos supostos praceres prohibidos de Amsterdam p\u00e1salles como \u00e1s praias nudistas, unha vez que est\u00e1s al\u00ed perden o morbo e pasan a ser lugares <em>normais<\/em>. Todo o mundo co\u00f1ece as d\u00faas facetas perversas desta cidade: a prostituci\u00f3n e 0 consumo m\u00e1is ou menos legal de drogas brandas. Mov\u00e9monos polo Barrio Vermello. Estas mozas que amosan carne no cristal ch\u00e1mante obscenamente se vas s\u00f3 e ch\u00edscanche un ollo complice se vas coa t\u00faa moza. Nese mosaico que son as fiestras das casi\u00f1as da cidade, aqu\u00ed exh\u00edbese unha xamaicana case adolescente baixo un ne\u00f3n p\u00farpura; na fiestra do car\u00f3n un vello canoso toca o piano. Unha pranta m\u00e1is arriba, unha nai peina a unha nena mentres se divirten mirando aos pasmados turistas deste micromundo kistch. Un holand\u00e9s sae dunha porta refaixando o cinto e un grupo de espa\u00f1ois aplaude ao bravo dende a parte de enfronte da canle. <\/p>\n<p>No barrio vermello alt\u00e9rnanse burdeis e <em>coffee shops<\/em>, os negocios legais de consumo e venda de cannabis e haxix nos que s\u00f3 hai turistas e inmigrantes de ollada disolta. Os fungos alucin\u00f3xenos v\u00e9ndense, xunto con drogas de dese\u00f1o, noutros locais. Pero tanto os <em>coffee shops<\/em> coma estes <em>mushroom shops <\/em>te\u00f1en prohibida a venda de alcol. Paradoxas. Por entre os rapaci\u00f1os estranxeiros que entran nos coffees pasan vellas con caniches de perruquer\u00eda.  A dez minutos, por certo, est\u00e1 o <a href=\"http:\/\/www.regenbogen-nak.de\/homomonument_gb.pdf\">monumento Homo<\/a>, o primeiro monumento erixido en homenaxe aos homosexuais represaliados na historia. <\/p>\n<p>O m\u00e1is fascinante \u00e9 que non pasa absolutamente nada con estas cuesti\u00f3ns. Os coffees n\u00fatrense, sobre todo, de turistas que queren probar sensaci\u00f3ns prohibidas nos seus pa\u00edses. E os escaparates de prostitutas a penas espertan o interese dos cami\u00f1antes locais. Todos os que se escandalizan e profetizan apocalipses ante a evoluci\u00f3n normal da sociedade deber\u00edan darse un paseo por estas r\u00faas nas que a sociedade xa deu m\u00e1is pasos cara a liberdade persoal. Descubrir\u00edan algo moi importante: despois do destape moral, todo, todo segue case igual para un mesmo. <\/p>\n<p>Perd\u00f3n, menos unha cousa: a tolerancia fai m\u00e1is guapas \u00e1s persoas. :-)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Aos supostos praceres prohibidos de Amsterdam p\u00e1salles como \u00e1s praias nudistas, unha vez que est\u00e1s&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2005\/10\/26\/os-supostos-praceres-prohibidos\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">os supostos praceres prohibidos<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,8],"tags":[],"class_list":["post-770","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diario","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/770","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=770"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/770\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=770"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=770"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=770"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}