{"id":764,"date":"2005-10-26T00:22:38","date_gmt":"2005-10-25T22:22:38","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=764"},"modified":"2005-10-26T00:28:46","modified_gmt":"2005-10-25T22:28:46","slug":"o-rollo-frances","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2005\/10\/26\/o-rollo-frances\/","title":{"rendered":"O rollo franc\u00e9s"},"content":{"rendered":"<p>Neste restaurante de coci\u00f1a de autor, un numeroso grupo de xaponeses enche as mesas do fondo. O espazo vital para os restaurantes \u00e9 reducido en Amsterdam, derivado da estreitez das fachadas das casas, o cal provoca un tacto \u00edntimo co veci\u00f1o de mesa. Estes turistas acaban de levantarse das mesas e marchan contentos: non podo menos que botar un ollo \u00e1s mesas baleiras. Non pediron, non probaron pinga de vi\u00f1o.<\/p>\n<p>A alta coci\u00f1a, a coci\u00f1a como arte e como roteiro xeneralizado \u00e9 un invento relativamente novo. Si, por suposto, Niza, Cannes, Madrid, Roma contaban con excelentes restaurantes para burgueses e arist\u00f3cratas dende o XIX. Pero non \u00e9 ata os 90 cando os restaurantes se converten en itinerario tur\u00edstico e as p\u00e1xinas gastron\u00f3micas das gu\u00edas medran ao mesmo ritmo que a oferta de praceres do padal se diversifica. \u00c9 a primeira vez que vexo a unha excursi\u00f3n xaponesa cear f\u00f3ra do hotel. Estaba no programa. Aqu\u00ed, en Amsterdam, a alta coci\u00f1a \u00e9 patria francesa. Si, Francia, ou a fusi\u00f3n de Francia con algo, ou mesmo a fuxida de Francia \u00e9 a medida de t\u00f3dolos tenedores que aspiran a triunfar na noite h\u00famida desta cidade. Georges Hubert, o patriota galo que rexenta este restaurante, o <a href=\"http:\/\/www.theeboom.com\/\">D\u2019theeboom<\/a>, olla discretamente para as mesas rec\u00e9n baleiras e sorr\u00ed para dentro. Non sei se pensa no prometedor negocio que lle agarda ou en que nada \u00e9 xa o que era. Hubert, formado en Niza, coci\u00f1a pratos atrevidos que son ben valorados nesta babilonia gastron\u00f3mica. Nestes elaborados platos con atrevemento de especias inusuais, Holanda perc\u00edbese na abundancia esencial de ingredientes e cantidades. A partir de a\u00ed, liberdade de execuci\u00f3n: a boca \u00e1brese cunha mousse de salm\u00f3n, seguida dunhas patacas Roseval con v\u00ednculos de noz moscada, a ensalada de ganso \u00e1 grella no que a bravura do animal se compensa con pingas de doce marmalada, escalopes disoltos en branda crema. Un pracer para os sentidos a un prezo asum\u00edbel. <\/p>\n<p>Outra cousa \u00e9 o vi\u00f1o, unha t\u00e9cnica de extorsi\u00f3n coma outra calquera, practicada con delicto nos restaurantes da cidade. Este monopolio franc\u00e9s coloca medias de 30\u20ac por botella en inasum\u00edbeis vi\u00f1os de natureza ben com\u00fan que poder\u00edan ser superados, con facilidade, por riberas de 6 meses ou menc\u00edas dos b\u00f3s que non rebasaran aqu\u00ed os 10 euros en restaurante. Sospeito que, se cadra, alg\u00fan tipo de elevadas taxas tributarias inf\u00faen neste dislate ao que a xente parece entregarse con tranquilidade. Hubert remata a xogada cun colosal amaretto fresco e suavizante. <\/p>\n<p>Outra vez na r\u00faa. A auga desta canle discorre lento, como a mi\u00f1a cabeza. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Neste restaurante de coci\u00f1a de autor, un numeroso grupo de xaponeses enche as mesas do&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2005\/10\/26\/o-rollo-frances\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O rollo franc\u00e9s<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,7,8],"tags":[],"class_list":["post-764","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diario","category-paparotasco","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/764","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=764"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/764\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=764"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=764"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=764"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}