{"id":762,"date":"2005-10-25T23:45:25","date_gmt":"2005-10-25T21:45:25","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=762"},"modified":"2005-10-26T17:38:30","modified_gmt":"2005-10-26T15:38:30","slug":"os-encargos-do-sr-frans-hals","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2005\/10\/25\/os-encargos-do-sr-frans-hals\/","title":{"rendered":"Os encargos do Sr. Frans Hals"},"content":{"rendered":"<p><img src='http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/imaxes\/ronda.jpg' alt='burgueses' \/> <\/p>\n<p><em>O banquete da milicia, de Bartholomeus van der Helst (ca. 1649)<\/em><\/p>\n<p>Amsterdam viviu o seu esplendor, a Idade de Ouro, que lle chaman os holandeses, a mediados do XVII. Coincidiron varios factores: a emancipaci\u00f3n efectiva da ocupaci\u00f3n espa\u00f1ola (1670), unha f\u00e9rtil estrutura social decidida a conformar algo novo a partir de  elevados volumes de monetario \u2013os xudeus expulsados en 1496 de Portugal e unha posici\u00f3n estrat\u00e9xica entre o B\u00e1ltico, CentroEuropa  e as diferentes colonias. Esta sociedade foi estruturada especialmente por unha moderna burgues\u00eda, moitas veces de dubidosa orixe social pero participante directa do furor do protestantismo; a febleza de clases sociais non produtivas \u2013aristocracia e clero- permitiu un continuo reinvestimento do capital en novas empresas comerciais e art\u00edsticas. Ao fin e ao cabo, a Igrexa da \u00e9poca puidera ter convido cos novos herexes que o fin \u00faltimo do homo sapiens \u00e9 encherse de bens intanx\u00edbeis. A cuesti\u00f3n de se deben ser bulas ou acci\u00f3ns da Compa\u00f1\u00eda das Indias Orientais, unha das primeiras multinacionais comerciais do mundo, \u00e9 menor e consensu\u00e1bel. <\/p>\n<p>A Amsterdam dourada do XVII foi a conformadora da identidade nacional holandesa. Os edificios historicistas do XIX, o Rijksmuseum, por exemplo, aspiraron a reinterpretar politica e artisticamente o pasado glorioso desta comunidade que viv\u00eda entre canles. Hab\u00eda un problema: a Golden Age ti\u00f1a tanta penuria arquitect\u00f3nica como gloria nas artes, nas cr\u00f3nicas de viaxes e nas contas bancarias. Xogando \u00e1 elipse territorial con caneos pr\u00e1cticos e sen rubor, os arquitectos do nacionalismo holand\u00e9s introduciron os cl\u00e1sicos elementos do neogoticismo ingl\u00e9s, como fiestras arqueadas, vidreiras miniadas, pin\u00e1culos inmediatos. Esta cidade de mercaderes a penas cambiou, no seu exemplar tratado urban\u00edstico, en varios s\u00e9culos, e o motivo non foi nin a penuria econ\u00f3mica nin o conservacionismo, sen\u00f3n m\u00e1is ben o descubrimento temper\u00e1 da presi\u00f3n inmobiliaria \u2013o territorio da Amsterdam intramuros era moi reducido- e a normativa fiscal da cidade, que hoxe igual que hai varios s\u00e9culos, segue a gravar sen misericordia os metros de fachada. Os prezos no mercado non son embargo, tan desaforados como se puidera pensar en relaci\u00f3n \u00e1s grandes metr\u00f3poles do globo: unha fermosa casa completa do XVII con 130 metros cadrados habitables cantan medio mill\u00f3n de euros. Piden pouco menos por un m\u00ednimo cortelli\u00f1o sen restaurar na \u00faltima calexa de Compostela.<\/p>\n<p>Pero Amsterdam non \u00e9 unha cidade barroca, non ao menos no sentido que o poden ser os cad\u00e1veres urbanos de N\u00e1poles, Salzburgo, Viena, a Valencia do XVII, desmedidas na s\u00faa exhibici\u00f3n sacra e nas dimensi\u00f3ns dos p\u00f3rticos enrevesados dos pazos da aristocracia urbana. Un practicismo radical envolve todas as r\u00faas da cidade, d\u00e1ndolle aos paseos o aspecto da monoton\u00eda pac\u00edfica requerida polos burgueses. Sucesivas casas con hastiais \u2013os caracter\u00edsticos remaches da cidade- suc\u00e9dense ao redor das canles e antigos propietarios de provincias na India e escuadras completas de gale\u00f3ns viv\u00edan coas s\u00faas pequenas familias en 300 metros cadrados m\u00e1ximo. Os edificios com\u00fans, da res publica, tam\u00e9n padeceron dun axustad\u00edsimo orzamento e cam\u00faflanse no contorno como camale\u00f3ns e sen pretensi\u00f3n de provocar imposici\u00f3ns visuais. O seu orzamento debeu ser ben limitado.<\/p>\n<p>Enriba dun hospicio hai unhas gafas talladas. Aluden \u00e1 vellez dos anci\u00e1ns abandonados al\u00ed acollidos. O Amsterdam Historische Museum \u2013o museo local- alb\u00e9rgase nun antigo orfanato. A curva dourada, unha volta de canle no Herengracht de escuras \u00e1rbores e auga maina, famosa polas s\u00faas mansi\u00f3ns ostentosas, acolle algunhas instituci\u00f3ns. A maior parte dos grandes espazos de traballo ag\u00e1chanse na arquitectura como fuxindo do viaxeiro, obrigando a distinguilos pola numeraci\u00f3n da r\u00faa dos seus veci\u00f1os. Pinto, un mercader lisboeta, pagou a astron\u00f3mica cifra de 30.000 flor\u00edns para presumir de casa no antigo barrio dos xudeus exilados: se pensaba perdurar coa casa \u00eda aviado. A pobre perde o seu dese\u00f1o italiano entre coloristas edificios sociais. <\/p>\n<p><img src='http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/imaxes\/isaac.jpg' alt='portrait' \/><br \/>\n<em>Retrato de Isaac Abrahamsz Massa e Beatrix van der Laen, Frans Hals, 1622<\/em><\/p>\n<p>Hai,ent\u00f3n, un truco. Porque o XVII, o barroco holand\u00e9s, foi un tremendo renacemento de artes, ideas, ciencias. \u00bfQue o diferenciou da exhuberancia cat\u00f3lica? Paseamos polo RijksMuseum, o gran espazo da arte nacional holandesa. Ach\u00e9gome ata al\u00ed para ver como esa radical alteraci\u00f3n da estrutura social europea ten a s\u00faa consecuencia nas belas artes. A\u00ednda que est\u00e1 en obras, p\u00f3dese ver unha escolma de pezas mestras que recollen ese per\u00edodo e da que existe unha <a href=\"http:\/\/www.rijksmuseum.nl\/collectie\/meesterwerken?lang=en\">interesant\u00edsima versi\u00f3n interactiva<\/a>. Al\u00ed est\u00e1 Rembrand, Hals, Vermeer. As figuras burguesas que retratan estes mestres m\u00f3vense, rachan a acci\u00f3n, algunhas rin, inaugurando unha nova \u00e9poca na pintura. As lecci\u00f3ns de Anatom\u00eda que se impart\u00edan no Waag da man do gremio de cirurxi\u00e1ns \u2013curiosamente ao car\u00f3n dun pat\u00edbulo municipal- foron encargadas polos m\u00e9dicos para decorar a s\u00faa sala de xuntas. E a do gremio dos fabricantes do pano serviu para o mesmo. A rolda de noite non \u00e9 unha apolox\u00eda militar, tampouco, sen\u00f3n un retrato de colegas privados que fac\u00edan de cando en vez ese servizo p\u00fablico. E m\u00e1is: Franz Hals debuxa ao matrimonio Isaac Abrahamsz Massa e Beatrix van der Laen cun franco sorriso ao pincel, inaugurando unha nova \u00e9poca na pintura que presenta a espontaneidade burguesa fronte \u00e1 gravidade aristocr\u00e1tica. A cartograf\u00eda permite reco\u00f1ecer con detemento as propiedades de ultramar e Andries de Graeff ordea esculpirse en busto coma un patricio romano. Aqu\u00ed est\u00e1 o gasto de di\u00f1eiro, na consolidaci\u00f3n da nova clase civil. Pero tam\u00e9n nos interiores. As casas de bonecas conv\u00e9rtense nun exc\u00e9ntrico gusto no interior da casa burguesa. O dom\u00e9stico \u00e9 o suntuario.  <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O banquete da milicia, de Bartholomeus van der Helst (ca. 1649) Amsterdam viviu o seu&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2005\/10\/25\/os-encargos-do-sr-frans-hals\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Os encargos do Sr. Frans Hals<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,8],"tags":[],"class_list":["post-762","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diario","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/762","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=762"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/762\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=762"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=762"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=762"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}