{"id":7540,"date":"2009-09-07T00:42:29","date_gmt":"2009-09-06T22:42:29","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=7540"},"modified":"2009-09-07T09:18:04","modified_gmt":"2009-09-07T07:18:04","slug":"a-cultura-pola-man","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/09\/07\/a-cultura-pola-man\/","title":{"rendered":"A cultura pola man"},"content":{"rendered":"<p><span class=\"drop_cap\">C<\/span>ada d\u00eda que pasa conf\u00edrmomo m\u00e1is. Percorro Galicia de Norte a Sur, de Leste a Oeste, continuamente, e a rede \u00e9 unha importante fonte de informaci\u00f3n para facelo. Durante moitos anos, en numerosas comarcas do pa\u00eds perc\u00edbese sempre a mesma carest\u00eda da informaci\u00f3n. Meses tras meses, determinadas palabras clave s\u00f3 devolven resultados ermos, viles r\u00e9plicas de malos textos hist\u00f3ricos da web do concello confeccionada e deixada sen actualizar desde o ano 2000.<\/p>\n<p>Non podemos agardar por ningu\u00e9n para que a nosa cultura, o patrimonio, o co\u00f1ecemento local, non estean na rede. Existe un concepto que \u00e9 a <em>l\u00f3xica cultural<\/em>, que \u00e9 o conxunto de pr\u00e1cticas que resultan coherentes nun tempo determinado. En Galicia, ano 2009, as l\u00f3xicas culturais est\u00e1n crebadas. Sigo sen comprender como moito historiador local, moito activista da cultura local, agarda a unha minoritaria publicaci\u00f3n en papel subvencionada por unha axuda de terceira dunha Direcci\u00f3n Xeral para publicar os seus achados, os seus inventarios e o seu traballo no mundo. Agardamos por unhas administraci\u00f3ns que non chegan, ou que tardar\u00e1n a\u00ednda unha d\u00e9cada ou d\u00e9cada e media en chegar. Pero o noso patrimonio, a nosa cultura, o co\u00f1ecemento, non pode agardar por quen non a valora, quen o xestionar\u00e1 como unha mercador\u00eda de segunda clase que hai que asumir por non quedar mal. Comarcas enteiras do pa\u00eds est\u00e1n ermas de contido na rede. Si, a responsabilidade \u00e9 das administraci\u00f3ns. Pero, no 2009, a responsabilidade tam\u00e9n \u00e9 de quen as transita e as investiga, moito m\u00e1is. A rede obr\u00edganos a posicionarnos sen excusas.<\/p>\n<p>O mundo da cultura debe comprender, ano 2009, que toda publicaci\u00f3n, todo acto de publicar, hoxe por hoxe, \u00e9 Internet; as minoritarias edici\u00f3ns en libro de 200 exemplares en mal papel van destinados \u00e1s bibliotecas locais, a satisfacer o ego dos autores e -par\u00e9ceme o m\u00e1is importante-, a ser o proceso final dun traballo comunitario coas fontes de informaci\u00f3n, como por exemplo agasallarllos aos vellos que contaron lendas ou deron datos: iso \u00e9 hoxe a funci\u00f3n m\u00e1is relevante dun libro de divulgaci\u00f3n.  O resto do mundo pasa por aqu\u00ed, por esta banda da rede. Xa est\u00e1 ben de botarlle a culpa preguiceira \u00e1s administraci\u00f3ns. Non pode ser que a Ulloa, a Costa da Morte, o Barbanza, o Saln\u00e9s e tantos outros sitios sigan sendo desertos da cultura na rede, opacos territorios dixitais, cando existe unha certa bibliograf\u00eda local sobre elas. Fagan un blog. Suban un PDF. X\u00fantense nunha rede social improvisada. E que saiban que publicar en papel xa non quere dicir nada, que \u00e9 unha parte m\u00ednima de todo o proceso de investigaci\u00f3n e difusi\u00f3n cultural. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Cada d\u00eda que pasa conf\u00edrmomo m\u00e1is. Percorro Galicia de Norte a Sur, de Leste a&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/09\/07\/a-cultura-pola-man\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">A cultura pola man<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,3,18],"tags":[],"class_list":["post-7540","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diario","category-mundo","category-notas-arqueoloxicas","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7540","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7540"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7540\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7540"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7540"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7540"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}