{"id":746,"date":"2005-10-13T23:15:15","date_gmt":"2005-10-13T21:15:15","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=746"},"modified":"2005-10-13T23:17:00","modified_gmt":"2005-10-13T21:17:00","slug":"castrons-ao-volante","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2005\/10\/13\/castrons-ao-volante\/","title":{"rendered":"castr\u00f3ns ao volante"},"content":{"rendered":"<p>Ese animal, un vener\u00e1bel se\u00f1or a punto de conseguir a xubilaci\u00f3n, acaba de saltarse t\u00f3dolos sem\u00e1foros en vermello e zigzaguea entre coches nesta mestura de cruce, glorieta e labirinto que est\u00e1 ao car\u00f3n da Alameda de Santiago. Os castr\u00f3ns que est\u00e1n nunha das sa\u00eddas do cruce, a pesar de veren diante a perigosa manobra, arrincan nada m\u00e1is p\u00f3rse a luz en verde como se foran robots e meten m\u00e1is perigo na situaci\u00f3n. Movo, por aburrimento, uns cent\u00edmetros o coche para diante, agardando eu a que se po\u00f1a o sem\u00e1foro en verde. A tipa que est\u00e1 no Land Rover do meu car\u00f3n, a pesar de que ve que a luz contin\u00faa vermella, d\u00e1lle moito m\u00e1is ca min seguindo un acto reflexo ata meterse no medio do cruce e obrigar aos coches que vi\u00f1an pola esquerda a desvi\u00e1rense e meterse no carril contrario. <\/p>\n<p>Dende que saquei o carn\u00e9, hai pouco m\u00e1is de dous anos, descubr\u00edn que as persoas temos algo do Dr. Hyde, actuando camufladi\u00f1as no interior do coche. Supo\u00f1o que \u00e9 pura covard\u00eda instintiva, porque determinadas condutas, perpetradas por persoas aparentemente respons\u00e1beis, non se ven na r\u00faa. Ao pensar que non nos ven, manifest\u00e1monos en estado carn\u00edvoro natural. Como o tipo que se che pon a pitar coma un burro detr\u00e1s pola caravana cando ve diante perfectamente que un cami\u00f3n est\u00e1 manobrando. Unha vez un artista do pito sacoume de t\u00e9mporas a fartar. Sa\u00edn do coche, fun atr\u00e1s, peteille na xanela ao paisano. O home pareceu encollerse coma un verme dentro e non se atreveu a abrir: debinlle parecer un psic\u00f3pata tolo. Xabi faloume unha vez da cacer\u00eda que fixo un grupo de condutores no peaxe de Rande, na A9, a un salvaxe que pasou nun Jaguar a 190 e que pescaron nas cabinas. O tipo fuxiu deixando o coche no medio da d\u00e1rsena.<\/p>\n<p>A hora brava \u00e9 \u00e1 tardi\u00f1a, \u00e1 sa\u00edda do traballo. Deben estar as oficinas, as f\u00e1bricas, cheas de presi\u00f3ns e tensi\u00f3ns porque o xeito no que os coches se moven polas r\u00faas \u00e9 de desesperados querendo fuxir dun ambiente hostil. Non podo resistilo e consulto <a href=\"http:\/\/www.dgt.es\/dgt_informa\/investigaciones\/principales_cifras_siniestralidad_vial.pdf\">as estat\u00edsticas da DXT <\/a>(en PDF) ao chegar a casa. Efectivamente: m\u00e1is que nas operaci\u00f3ns sa\u00eddas, nas operaci\u00f3ns retorno, nos et\u00edlicos fines de semana, <strong>os momentos de m\u00e1is alto risco de accidente de tr\u00e1fico son os d\u00edas labor\u00e1beis da semana entre as 18 e as 20 h<\/strong>. Podedes comprobalo no seu informe. Pero, curiosamente, a\u00ednda falta o primeiro anuncio sanguento de TV que traballe esta franxa de risco.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ese animal, un vener\u00e1bel se\u00f1or a punto de conseguir a xubilaci\u00f3n, acaba de saltarse t\u00f3dolos&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2005\/10\/13\/castrons-ao-volante\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">castr\u00f3ns ao volante<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-746","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/746","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=746"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/746\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=746"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=746"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=746"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}