{"id":739,"date":"2005-10-09T11:53:23","date_gmt":"2005-10-09T09:53:23","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=739"},"modified":"2005-10-09T18:58:48","modified_gmt":"2005-10-09T16:58:48","slug":"choiva-de-ourizos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2005\/10\/09\/choiva-de-ourizos\/","title":{"rendered":"choiva de ourizos"},"content":{"rendered":"<p><img src='http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/imaxes\/belesar_1.jpg' alt='1' \/> <\/p>\n<p>Un xigante aprende a escribir no fondo do embalse de Belesar. A herba que nace no fondo limoso, a\u00ednda que seco, \u00e9 feble e cativa. A seca, que deixa o embalse como un gran ermo cheo de caligraf\u00edas, d\u00e1lle ao campo unha triste cor parda que nada ten que ver coas cores do outono.<\/p>\n<p>Ao cami\u00f1armos polo monte, cae unha choiva de ourizos. Cos petos cheos de casta\u00f1as, cami\u00f1amos por unha paisaxe de enormes casti\u00f1eiros e carballeiras agachadas, beirando a<a href=\"http:\/\/www.vivelanaturaleza.com\/senderismo\/PR-G14.php\"> ribeira do r\u00edo Loio<\/a>. As garzas ref\u00faxianse baixo a agachada Ponte da Retorta ao anoitecer e fuxen planeando entre as pesadas ponlas dos carballos cando pisas con forza a folla do chan. \u00c9 este un roteiro singular, sinalizado polo concello con cari\u00f1o e atenci\u00f3n. Pero \u00e9 especialmente singular porque nesta terra monta\u00f1osa, as pegadas do home desaparecen como castelos de area entre a silveira, a terra e a frouma. <\/p>\n<p>&#8211;<em>Pois ser\u00e1 cousa de ir marchando, tam\u00e9n<\/em> -parece dicirlle un vello, mentres soa os mocos, sentadi\u00f1o no luscofusco, ao Tempo que sentou ao seu car\u00f3n no seu cami\u00f1o cara o Atl\u00e1ntico.<\/p>\n<p>Aqu\u00ed, no concello de <a href=\"http:\/\/www.diputacionlugo.org\/html\/municipios\/paradela.htm\">Paradela<\/a>, remata a Ribeira Sacra no seu estremo norte. Dous min\u00fasculos prioratos ag\u00f3chanse nas voltas dos r\u00edos. O de <a href=\"http:\/\/www.lugotur.com\/rutas.asp?loc=Zona%20Sur&#038;id=42\">San Facundo de Ribas do Mi\u00f1o<\/a>, restaurado hai pouco, aparece nunha deliciosa boca do r\u00edo, cun embarcadoiro e vi\u00f1edos. O de <a href=\"http:\/\/www.diputacionlugo.org\/html\/municipios\/paradela.htm#historia\">San Xo\u00e1n de Loio<\/a> merece un esforzo de exploraci\u00f3n e imaxinaci\u00f3n.<\/p>\n<p><img src='http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/imaxes\/loio.jpg' alt='loio' \/> <\/p>\n<p> Agachado nunha volta deste r\u00edo, chegar a el significa interpretar a ladeira para descubrir o antigo sendeiro, esvarar por algunhas pedras. Un sabe que chega porque o granito est\u00e1 cortado, de s\u00fapeto, a machada, e nel rec\u00f3rtanse as pequenas pegadas de tellados que unha vez estiveron sostidos al\u00ed. Un sepulcro antropomorfo xorde entre o musgo, crebado. As fiadas de pedra que quedan parecen ondas conc\u00e9ntricas que van descendendo pola ladeira e pequenas sorpresas, como escadas, chemineas ou tella aspiran a desaparecer canto antes. <\/p>\n<p>Seguimos cami\u00f1o polas Cortes de Loio. Ao chegar a estrada que une Portomar\u00edn con Paradela, despois de pasar a ponte do r\u00edo Loio, paramos a probar as angu\u00edas do Mi\u00f1o no Mes\u00f3n de Loio. Ao noso car\u00f3n, brasileiras e labregos comen un sinf\u00edn de chuletas. O sol marcha de Belesar e pega, ao final, nas almeas de Portomar\u00edn. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un xigante aprende a escribir no fondo do embalse de Belesar. A herba que nace&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2005\/10\/09\/choiva-de-ourizos\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">choiva de ourizos<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,7,8],"tags":[],"class_list":["post-739","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diario","category-paparotasco","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/739","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=739"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/739\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=739"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=739"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=739"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}