{"id":732,"date":"2005-10-02T22:13:57","date_gmt":"2005-10-02T20:13:57","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=732"},"modified":"2005-10-02T22:31:10","modified_gmt":"2005-10-02T20:31:10","slug":"luciano-weinberger","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2005\/10\/02\/luciano-weinberger\/","title":{"rendered":"Luciano Weinberger"},"content":{"rendered":"<p>Cami\u00f1amos aproveitando o sol de s\u00e1bado polas praci\u00f1as de Coyoac\u00e1n: cheas de organilleiros, barquilleiros, vendedores ambulantes de camisetas de Iron Maiden e coiotes de bronce. En El Entrevero, no Xard\u00edn Centenario, temos o pracer de atoparnos por fin con Luciano Weinberger. Comer con este vello urugaio \u00e9 un pracer:<\/p>\n<p><em>-Fun o s\u00e9timo [dos meus irm\u00e1ns]. E se non sa\u00edn lobishome, foi grazas a que entre aqueles irm\u00e1ns que vi\u00f1eron de Hungr\u00eda hab\u00eda tres mulleres. Porque para ser lobishome non abonda con ser var\u00f3n e o s\u00e9timo. Non pode haber ningunha muller entre os sete. <\/em><\/p>\n<p>As\u00ed nolo contou e as\u00ed tam\u00e9n o escribiu o comezo dun libro no que relata a s\u00faa infancia no Paysand\u00fa. Fillo de xudeus h\u00fangaros, arquitecto, xornalista, Luciano tivo que marchar de Uruguai cando chegou a ditadura, nos 70. Traballaba como xornalista no voceiro do Partido Comunista, e as circunstancias obrigaron a p\u00f3r terra por medio. Dende aquela, vive en M\u00e9xico, pero segue a falar co acento oriental, contin\u00faa vivindo de xeito provisional, como agardando a\u00ednda o regreso que xa nunca ser\u00e1 definitivo. Aos 76 anos, contin\u00faa co activismo social en M\u00e9xico e Uruguai e mantense informado dos \u00faltimos datos do Estado espa\u00f1ol. <\/p>\n<p>Cando entras na s\u00faa casa, descobres varios calcet\u00edns enmarcados. Son os aut\u00e9nticos que aparecen na pel\u00edcula <a href=\"http:\/\/www.whisky.com.uy\/\">Whisky<\/a>. Luciano foi ata o barrio de Montevideo onde se rodou  localizou ao dono da f\u00e1brica e aos produtores do filme. De feito, cada parede da casa de Luciano \u00e9 unha sorpresa: a cada unha t\u00f3calle resumir as etapas da s\u00faa vida en murais de fotograf\u00edas. Dous HP Pavillion perm\u00edtenlle moverse na nova na que est\u00e1 metido. Luciano \u00e9 moi alto, ten ollos azuis moi enormes e unha intelixencia e cortes\u00eda inmediatas. <\/p>\n<p>Coa fiestra aberta e a calori\u00f1a deste ser\u00e1n, o son dos viol\u00edns que tocan no Xard\u00edn Centenario d\u00e9ixannos conversa aberta. Observo con felicidade que a\u00ednda quedan moitas paredes por encher neste piso. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Cami\u00f1amos aproveitando o sol de s\u00e1bado polas praci\u00f1as de Coyoac\u00e1n: cheas de organilleiros, barquilleiros, vendedores&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2005\/10\/02\/luciano-weinberger\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Luciano Weinberger<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,8],"tags":[],"class_list":["post-732","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diario","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/732","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=732"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/732\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=732"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=732"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=732"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}