{"id":7312,"date":"2009-08-23T12:32:04","date_gmt":"2009-08-23T10:32:04","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=7312"},"modified":"2009-08-24T09:36:01","modified_gmt":"2009-08-24T07:36:01","slug":"as-mulleres-de-tres-tetas-e-outras-lendas-contemporaneas-da-ria-de-arousa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/08\/23\/as-mulleres-de-tres-tetas-e-outras-lendas-contemporaneas-da-ria-de-arousa\/","title":{"rendered":"As mulleres de tres tetas e outras lendas furtivas da r\u00eda de Arousa"},"content":{"rendered":"<p><span class=\"drop_cap\">O<\/span> estranxeiro, na r\u00eda de Arousa \u00e9 sobre todo <em>turista<\/em> ou  <em>madrile\u00f1o<\/em>. Hai toda unha mitolox\u00eda ao redor del e a s\u00faa relaci\u00f3n co marisco. De vila a vila da r\u00eda de Arousa te\u00f1o escoitado sempre unha historia que, como toda boa lenda viva, todo o mundo me asegura que \u00e9 ver\u00eddica. Durante o banquete dunha voda \u00e1 que a familia convidou a parentes urbanitas (a cidade dos familiares d\u00e1 m\u00e1is ou menos igual, pode ser Madrid, A Coru\u00f1a ou Vigo), os lugare\u00f1os observan horrorizados como as <em>finas<\/em> da cidade sacan literalmente as n\u00e9coras das bandexas para gardalas nos seus bolsos de voda, nunha sorte de gastrolatrocinio. Para que a lenda sexa perfecta, sempre hai que po\u00f1erlle \u00e1s finas unha fraseci\u00f1a en castel\u00e1n, que se pronuncia alambicando a voz: &#8220;Es una <em>penita<\/em> que se queden ah\u00ed con lo buenas que est\u00e1n&#8221;, completada co retrouso local: &#8220;Arrecarallo! Se queren n\u00e9coras que as vaian mercar \u00e1 praza!&#8221;, entend\u00e9ndose que o gastrolatrocinio nas vodas \u00e9 unha mostra de notable mala educaci\u00f3n e que os familiares urbanitas sempre son miserablemente r\u00e1canos. A cousa non s\u00f3 \u00e9 <em>vera<\/em> sen\u00f3n tam\u00e9n <em>ben trovata<\/em>, e perdurar\u00e1 xeraci\u00f3ns nas familias. Un t\u00edo meu, profundamente impresionado polo sangue fr\u00edo das familiares urbanitas, leva repetindo a historia en toda comida familiar durante d\u00e9cadas. E como el hai moitos!<\/p>\n<p>Pero o gran conxunto de lendas, que non por ser ver\u00eddicas deixa de ser menos lendas -e viceversa- \u00e9 o do <em>furtivismo de sombrilla<\/em>. O turista ten fama de ser unha especie de devorador rapaz dos recursos marisqueiros locais, combinando deportivamente a depredaci\u00f3n dos bancos de area co relax das tardes de praia. O depredador urbanita sempre xustifica a rapacer\u00eda cunha frase de aparente inocencia que parece xustificar o roubo a pequena escala: &#8220;total, \u00e9 para un arroci\u00f1o&#8221;. Non nos enganemos, se\u00f1ores. O arroz \u00e9 o obxectivo m\u00ednimo, pero o so\u00f1o do turista furtivo \u00e9 completar unha bandexa de <em>ameixas de lei \u00e1 mari\u00f1eira<\/em>! <\/p>\n<p>Desde que as confrar\u00edas contratan vixilancia xurada a afecci\u00f3n polo <em>arroz con berberechos<\/em> xa non est\u00e1 tan estendida, pero non sempre foi as\u00ed: lembro nos Areos da Pobra do Carami\u00f1al unha ma\u00f1\u00e1 ducias de turistas sacando berberecho e ameixa a manchea, ao longo de toda a seca. Na mi\u00f1a memoria ficar\u00e1 gravada a escena da aparici\u00f3n dun todoterreo da Garda Civil pola f\u00e1brica de Franco -de aquela o corpo deb\u00eda ter algunha responsabilidade na supervisi\u00f3n dos bancos marisqueiros- e todas aquelas perso\u00ed\u00f1as en ba\u00f1ador fuxindo despavoridas polo Areo como se viran a Godzilla aparecendo detr\u00e1s dun outeiro. <\/p>\n<p>Para acocharen os corpos bivalvos do delicto, o turista conta con todo tipo de recursos: un dos m\u00e1is efectivos \u00e9 o dos nenos, que sempre son unha magn\u00edfica coartada para actividades il\u00edcitas. Os seus cubi\u00f1os de praia son acochos fant\u00e1sticos para camuflar as ameixas roubadas, tap\u00e1ndoas con algo de area; se aparecen os gardas, simplemente hai que coller amorosamente ao cativo da man e facerlle cargar co cubi\u00f1o petado de berberechos durante o tempo preciso. A m\u00e1is habitual, contodo, \u00e9 outra: os homes mercan no Alcampo ba\u00f1adores especiais de tres petos para distribu\u00edr discretamente unha gran cantidade de bivalvos a risco de que os consideren bolsas de celulite; adem\u00e1is, nun \u00faltimo recurso hai quen, nun arroubo de avaricia e nunha volta de boa sorte depredadora, recorre a partes m\u00e1is \u00edntimas da prenda de ba\u00f1o para obter espazo de almacenamento extra. Todo sexa por a sogra, \u00e1 que tanto lle gusta o marisco! Pero a t\u00e9cnica m\u00e1is elaborada, que desde pequeno eu sempre admirei \u00e9 a co\u00f1ecida como A Terceira Teta da Vella. <\/p>\n<p>As se\u00f1oras de tres tetas adoitan superar a cincuentena, turistas de pelo tinguido de loiro que combinan, na praia, o ba\u00f1ador de peza enteira con imprescind\u00edbeis pendentes, collares e pulseiras de ouro. O seu estado f\u00edsico, que deriva nunha contorna ovoide ou esf\u00e9rica, facilita a s\u00faa t\u00e9cnica perfecta. As se\u00f1oras de tres tetas camuflan discretamente as ameixas no escote, entre os seus dous abundantes peitos. Ah\u00ed hai un acocho de capacidades impresionantes co que se pode pasar con facilidade do arroci\u00f1o \u00e1 bandexa de ameixas \u00e1 mari\u00f1eira e dos berberechos \u00e1 prancha \u00e1 empanada de millo, se nos po\u00f1emos. Cando chega o vixiante da confrar\u00eda e obriga a baleirar petos e bolsas aos furtivos de sombrilla, a muller -malia ser cachada no medio da captura- faise a despistada. &#8220;Se\u00f1ora, vostede tam\u00e9n ten, xa sabe onde&#8221;. Elas, pudorosas, escandal\u00edzanse coa acusaci\u00f3n. Como lle van dicir a ela que ten un kilo e medio de ameixas entre as tetas? E como llas van quitar, se as tiveran? A se\u00f1ora sinte agredida a s\u00faa feminidade e tenta escapar. B\u00f3tase a man ao peito -ela ten problemas de coraz\u00f3n, e estes disgustos non os merece. Sutilmente, entre aquela abundancia mamaria, apr\u00e9ciase unha Terceira Teta.<\/p>\n<p>-Non marche, se\u00f1ora, non marche -diralle unha das vixiantes da confrar\u00eda interpo\u00f1\u00e9ndose no cami\u00f1o. A t\u00e9cnica das mariscadoras pasa polo acoso psicol\u00f3xico \u00e1 furtiva de sombrilla. Houbo algunha se\u00f1ora de tres tetas \u00e1 que o apuro do momento e a presi\u00f3n psicol\u00f3xica levou a perder <em>tensi\u00f3n<\/em> no acocho. Polo interior do seu ba\u00f1ador dispersouse unha nube de vultos bivalvos que non tiveron par\u00f3n, outorg\u00e1ndolle unha penosa fasqu\u00eda tumoral. <\/p>\n<p>De a\u00ed v\u00e9n a lenda. Ou non. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O estranxeiro, na r\u00eda de Arousa \u00e9 sobre todo turista ou madrile\u00f1o. Hai toda unha&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/08\/23\/as-mulleres-de-tres-tetas-e-outras-lendas-contemporaneas-da-ria-de-arousa\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">As mulleres de tres tetas e outras lendas furtivas da r\u00eda de Arousa<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,7,8],"tags":[],"class_list":["post-7312","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diario","category-paparotasco","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7312","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7312"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7312\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7312"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7312"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7312"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}