{"id":7284,"date":"2009-08-18T00:50:49","date_gmt":"2009-08-17T22:50:49","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=7284"},"modified":"2009-08-18T20:12:07","modified_gmt":"2009-08-18T18:12:07","slug":"importante-achado-arqueoloxico-na-ampliacion-da-estrada-a-laxe","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/08\/18\/importante-achado-arqueoloxico-na-ampliacion-da-estrada-a-laxe\/","title":{"rendered":"Importante achado arqueol\u00f3xico na ampliaci\u00f3n da estrada a Laxe"},"content":{"rendered":"<p><strong><span class=\"drop_cap\">A<\/span>tenci\u00f3n:<\/strong> se te interesa o patrimonio e a arqueolox\u00eda en Galicia isto \u00e9 importante. As obras de ampliaci\u00f3n da estrada AC-433 a Laxe acaban de revelar un achado fascinante. Creo que esta \u00e9 a primeira vez que se ve en p\u00fablico. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castrelo_soesto_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Entrada monumental ao castro de Castrelo. Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p>Na altura do lugar de Castrelo, na parroquia de Soesto (Laxe), os arque\u00f3logos encargados de facer unha prospecci\u00f3n valorativa no trazado da ampliaci\u00f3n da estrada AC-433 acaban de localizar unha porta monumental de entrada a un xacemento castrexo da segunda Idade do Ferro [<a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&#038;hl=es&#038;oe=UTF8&#038;num=200&#038;start=396&#038;msa=0&#038;msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&#038;ll=43.194876,-9.006643&#038;spn=0.00316,0.009334&#038;t=h&#038;z=17&#038;iwloc=0004715d9a380ad32caeb\">localizaci\u00f3n<\/a>]. <\/p>\n<p>A escavaci\u00f3n, entre varias casas da aldea, amosa un gran muro, dun ancho superior a tres metros, e unha gran entrada de car\u00e1cter monumental, similares \u00e1 do pr\u00f3ximo Castro de Borneiro ou ao de Elvi\u00f1a, con grandes laxes que cubren o seu chan. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castrelo_soesto_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Laxes cubrindo o chan da entrada monumental<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castrelo_soesto_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>O ancho da muralla pode superar os 3 ou 4 metros<\/em><\/p>\n<p>Na zona interior poden verse, se cadra, os inicios dun corpo de garda. Tr\u00e1tase dun achado moi importante, nada habitual nas escavaci\u00f3ns do mundo castrexo en Galicia. A muralla ten un escalonado caracter\u00edstico, que est\u00e1 a aparecer nas \u00faltimas escavaci\u00f3ns da Idade do Ferro en Galicia, pero creo que deste tipo de murallas a\u00ednda se sabe pouco. Tras del, un castro cunha interesante configuraci\u00f3n de plataformas e parapetos est\u00e1 acochado baixo un pinar. Pero este espazo monumental, ubicado no medio dunha aldea actual parece indicar que o xacemento de Castrelo \u00e9 especialmente valioso. E, sen d\u00fabida, \u00e9 un dos achados m\u00e1is relevantes desta campa\u00f1a arqueol\u00f3xica de ver\u00e1n en Galicia. Non puiden falar cos arque\u00f3logos, xa que fun en fin de semana, pero ser\u00eda interesante co\u00f1ecer que atoparon nestas ru\u00ednas.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castrelo_soesto_4.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Porta tapiada (coloreada dixitalmente)<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/castrelo_soesto_5.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Posible porta tapiada ou derrube (coloreada dixitalmente)<\/em><\/p>\n<p>Pero hai m\u00e1is: o achado compl\u00e9tase cun intrigante detalle curioso que, cando menos, se produce nunha ocasi\u00f3n nesta escavaci\u00f3n. Ao car\u00f3n da entrada monumental, \u00e1 s\u00faa esquerda, adv\u00edrtese unha segunda porta, pero tapiada. Na foto est\u00e1 coloreada dixitalmente para que a poidas apreciar. E uns metros m\u00e1is ao norte, como ves nestoutra foto, tam\u00e9n poder\u00eda haber outra porta tapiada. \u00bfPor que? Un misterio. <del datetime=\"2009-08-18T13:37:24+00:00\">Tr\u00e1tase de algo rar\u00edsimo, excepcional, no mundo dos castros<\/del>. <\/p>\n<p>E agora v\u00e9n o tomate. Resulta que isto est\u00e1 no medio do paso da ampliaci\u00f3n da estrada comarcal. Unha estrada que xa est\u00e1n a constru\u00edr e para a que est\u00e1n a levantar o monte pr\u00f3ximo. A\u00ednda que a <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/carballo\/2009\/02\/10\/0003_7519440.htm\">Conseller\u00eda de Cultura asegurou a La Voz de Galicia<\/a> que o trazado da estrada non vai pasar por a\u00ed (<a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/carballo\/2009\/02\/09\/0003_7517009.htm\">a\u00ednda que foron os veci\u00f1os os que deron o aviso<\/a>), que queredes que vos diga. Se un est\u00e1 al\u00ed pode ver como a li\u00f1a da estrada pasa en li\u00f1a recta desde os desmontes do norte, tumbando a entrada monumental do castro e seguindo para a aldea da Torre, porque do contrario ou tira algunhas casas da aldea ou d\u00e1 unha volta do demo. Espero estar confundido na mi\u00f1a suspicacia. Se as\u00ed \u00e9, e como se comprometeu Patrimonio, os restos fican protexidos, benvido sexa. <\/p>\n<p>Eu, polo de contado, ac\u00e1bolle de mandar unha ligaz\u00f3n deste post a varios medios e ao concello de Laxe porque, ag\u00e1s que eu me trabuque, a\u00ednda non se publicou informaci\u00f3n de tan importante descubrimento e \u00e9 unha m\u00e1goa que unha escavaci\u00f3n, uns resultados e unhas obras que custaron tanto di\u00f1eiro p\u00fablico non sexan co\u00f1ecidos polos cidad\u00e1ns que as pagaron. Eu recomendar\u00eda que pasarades por a\u00ed con rapidez, non vaia ser o demo. Aqu\u00ed est\u00e1 a [<a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&#038;hl=es&#038;oe=UTF8&#038;num=200&#038;start=396&#038;msa=0&#038;msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&#038;ll=43.194876,-9.006643&#038;spn=0.00316,0.009334&#038;t=h&#038;z=17&#038;iwloc=0004715d9a380ad32caeb\">localizaci\u00f3n<\/a>]. Respectade a \u00e1rea de escavaci\u00f3n, se ides.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Atenci\u00f3n: se te interesa o patrimonio e a arqueolox\u00eda en Galicia isto \u00e9 importante. As&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/08\/18\/importante-achado-arqueoloxico-na-ampliacion-da-estrada-a-laxe\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Importante achado arqueol\u00f3xico na ampliaci\u00f3n da estrada a Laxe<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":7285,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,18,8],"tags":[],"class_list":["post-7284","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7284","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7284"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7284\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/7285"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7284"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7284"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7284"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}