{"id":720,"date":"2005-09-22T17:38:04","date_gmt":"2005-09-22T15:38:04","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=720"},"modified":"2005-09-22T17:40:13","modified_gmt":"2005-09-22T15:40:13","slug":"a-vida-non-e-nada","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2005\/09\/22\/a-vida-non-e-nada\/","title":{"rendered":"A vida non \u00e9 nada"},"content":{"rendered":"<p>A Juli\u00e1n Rodr\u00edguez: entreg\u00e1ronlle o d\u00eda do seu cumpreanos unha caixa envolta en galas coa cabeza da s\u00faa muller dentro; Esteban Luj\u00e1n, oficial de polic\u00eda: nunha operaci\u00f3n especial detivo un cami\u00f3n con droga para Estados Unidos. Apareceron cinco cami\u00f3ns que rodearon o ret\u00e9n policial e deles sa\u00edron cincuenta homes armados.<\/p>\n<p>&#8211;<em>Entre en raz\u00f3n, don Esteban. Vostedes os milicos son quince, e n\u00f3s somos cincuenta. Un paso e estar\u00e1n abalados <\/em>\u2013dixo o xefe da cuadrilla. Achegouno ao seu coche e amosoulle un malet\u00edn con dous mill\u00f3ns de d\u00f3lares.<\/p>\n<p>&#8211;<em>Faga o favor de aceptarmo<\/em> \u2013dixo o narco- <em>e prepare todo para que este cami\u00f3n pase a fronteira de Texas sen problemas<\/em>. <\/p>\n<p>Luj\u00e1n aceptou, evidentemente. Guillermo Bola\u00f1o, director de Seguridade p\u00fablica: doce balazos no seu peito incorrupto. Fernando Cort\u00e9s foi asasinado e enterrado polos seus captores: a familia confes\u00e1rase sen fondos para afrontar o rescate. Dous d\u00edas despois, un voceiro dos familiares comunicouse cos seus secuestradores: conseguiran o di\u00f1eiro pero non o entregar\u00edan ata que lles enviaran unha proba de que Cort\u00e9s segu\u00eda con vida. Os secuestradores desenterraron o cad\u00e1ver, sent\u00e1rono nunha cadeira, suxeit\u00e1rono e maquill\u00e1rono para sa\u00edr guapo na foto. O morto resucitou por obra e gracia dun malet\u00edn de d\u00f3lares. Quince homes armados entran no Crowne Plaza de M\u00e9xico e fanse fortes nos petos dos turistas norteamericanos. Salinas, un campesi\u00f1o de Huatulco, degolado ao descubrir unha descarga de narco; catro homes espidos escapan por unha r\u00faa, \u00e9 un leve escarnio, unha m\u00ednima advertencia ante a sospeita de falta de lealdade. Nada vive o suficiente e non parece importar demasiado. <\/p>\n<p>Un taxista:<\/p>\n<p><em>-O PRI integrou o crime e a delincuencia no r\u00e9xime, nun r\u00e9xime de dependencias. A chegada do partido de Fox provocou un baleiro de poder e crearon as vendettas. Alg\u00fans barrios  son puro escenario de combate.<\/em><\/p>\n<p>Pode ter raz\u00f3n. Pero Europa deixoulle a Am\u00e9rica varias herdanzas terr\u00edbeis da colonia: o individuo como fin \u00faltimo, a toda costa, custe o que custe; a vida como un ben relativo, intercambi\u00e1bel, procedente da sociedade escravista; das plantaci\u00f3ns tam\u00e9n se prodiga o gusto por un abundante s\u00e9quito de serventes para tarefas m\u00ednimas, que queda compensado por un reparto equitativo de salarios m\u00ednimos. Esquemas compartidos por todo o continente dende o Yukon ata Terra de Fogo. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Juli\u00e1n Rodr\u00edguez: entreg\u00e1ronlle o d\u00eda do seu cumpreanos unha caixa envolta en galas coa&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2005\/09\/22\/a-vida-non-e-nada\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">A vida non \u00e9 nada<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,8],"tags":[],"class_list":["post-720","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diario","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/720","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=720"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/720\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=720"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=720"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=720"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}