{"id":711,"date":"2005-09-15T19:01:12","date_gmt":"2005-09-15T17:01:12","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=711"},"modified":"2005-09-15T19:15:12","modified_gmt":"2005-09-15T17:15:12","slug":"a-raina-lupa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2005\/09\/15\/a-raina-lupa\/","title":{"rendered":"A ra\u00ed\u00f1a Lupa"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.culturagalega.org\/imaxes\/soportais\/libros_609.jpg\" alt=\"libro\" align=\"left\" hspace=\"4\" vspace=\"4\"\/><\/p>\n<p>A\u00ed estaba, pero s\u00f3 faltaba que algu\u00e9n o vira e se arriscara a facelo. Agardando baixo as cegadoras luces de Urxencias, leo <a href=\"http:\/\/www.culturagalega.org\/lg3\/novidade.php?Cod_prdccn=609\">A ra\u00ed\u00f1a Lupa<\/a>, de Antonio Balboa. Hai moita xente que cont\u00e9n publicamente o entusiasmo sentido por un libro aplic\u00e1ndolle o adxectivo de <em>necesario<\/em>, que queda m\u00e1is reflexivo e social. Eu non sei se hai libros <em>necesarios<\/em>, probablemente si, pero do que si estou certo \u00e9 de que a\u00ednda hai moitos, moitos libros por escribir. Este libro estaba agardando que algu\u00e9n se atrevera con el. <\/p>\n<p>Balboa investiga a lenda medieval da Traslaci\u00f3n de Santiago e dase conta de que \u00e9 unha c\u00e1psula de tempo que remite a un tempo moi antigo, pag\u00e1n, anterior ao cristianismo. Identifica \u00e1 <a href=\"http:\/\/es.geocities.com\/valdoulla\/xacobeas.htm\">Ra\u00ed\u00f1a Lupa<\/a> e alumea o seu perfil ao comparala coas mulleres da mitolox\u00eda c\u00e9ltica, n\u00f3rdica, latina; delimita no mapa das ideas o territorio m\u00e1xico polo que se moven os disc\u00edpulos de Santiago. Nos retos que a Ra\u00ed\u00f1a Loba -ou Prostituta-, lles pon diante aos disc\u00edpulos de Iago, Deus sempre lles bota unha man para derrotar ao inimigo -sexa drag\u00f3n, rei de Dugium, bois bravos, pero non se atreve a porlle a man riba a esta poderosa muller. Son os anacos m\u00e1is coherentes da tradici\u00f3n oral m\u00e1is antiga de Galicia. Lupa \u00e9 loba, \u00e9 deusa, \u00e9 s\u00edmbolo territorial, \u00e9 a se\u00f1ora dos montes sagrados.  Os sacerdotes compostelanos quixeron confrontar a Santiago con ese horizonte de sombras m\u00edticas.<\/p>\n<p>Non sei se conscientemente, pero Balboa segue o cami\u00f1o iniciado hai m\u00e1is dunha d\u00e9cada por d\u00faas investigadoras que traballaron case en paralelo,  Branca Fern\u00e1ndez Albalat (<em>Guerra e relixi\u00f3n na Gallaecia e Lusitania antigas<\/em>) e Rosa Bra\u00f1as (<em>Ind\u00edxenas e romanos na Gallaecia c\u00e9ltica<\/em>). \u00c1mbalas d\u00faas fixeron algo que ata ese momento casi ning\u00fan historiador se atrevera a tocar en p\u00fablico: tentar saber algo sobre a sociedade que viv\u00eda os castros, esa sociedade muda que non escrib\u00eda, a partir da onom\u00e1stica. E para facelo foron esbagullando rigorosamente os nomes de mortais e inmortais da \u00e9poca e compar\u00e1ndoos coas sociedades contempor\u00e1neas no occidente atl\u00e1ntico. Algo tan l\u00f3xico hoxe, na Galicia acad\u00e9mica dos 80 soaba medio her\u00e9tico. A\u00ednda hab\u00eda bastante pol\u00edtica polo medio.  Houbo quen dixera no seu momento que estas investigadoras tentaban diferenciarse para despuntar, e tonter\u00edas as\u00ed. <\/p>\n<p>Hoxe en d\u00eda, por sorte a visi\u00f3n do mundo \u00e9 m\u00e1is ampla. Balboa bota man sen medo doutros horizontes para comprender o noso e prop\u00f3n unha es\u00e9xese l\u00facida, descubrindo o que hai de universal nesta narrativa, e o que hai de territorio local mitol\u00f3xico.<\/p>\n<p>En suma, un libro necesario.  Polo menos, para calmar as mi\u00f1as necesidades intelectuais ;-)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A\u00ed estaba, pero s\u00f3 faltaba que algu\u00e9n o vira e se arriscara a facelo. Agardando&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2005\/09\/15\/a-raina-lupa\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">A ra\u00ed\u00f1a Lupa<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":28052,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-711","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/711","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=711"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/711\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/28052"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=711"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=711"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=711"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}