{"id":7066,"date":"2009-07-01T00:37:18","date_gmt":"2009-06-30T22:37:18","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=7066"},"modified":"2009-07-01T08:45:47","modified_gmt":"2009-07-01T06:45:47","slug":"unha-ponte-de-mouros-na-cidade-de-fornelos-de-montes","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/07\/01\/unha-ponte-de-mouros-na-cidade-de-fornelos-de-montes\/","title":{"rendered":"Unha abraiante Ponte de Mouros na Cidade de Fornelos de Montes"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fornelos_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A Fraga do Monte da Cidade. Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">E<\/span>n Fornelos de Montes (Pontevedra) hai un castro abraiante. Ch\u00e1mase <em>A Cidade<\/em> e est\u00e9ndese por un risco encaixado entre dous r\u00edos, hoxe rodeado pola conca do encoro de Eiras, cuberto por unha espesa fraga. O castro ten dous foxos enormes. Un deles a\u00edlla a acr\u00f3pole do resto do recinto. Outro, rodea unha plataforma que se estende ao oeste. Pero neste lugar, dun xeito que non sabemos polo de agora, produciuse unha sorte de simbiose cultural entre arquitecturas e espazos ao longo dos s\u00e9culos que non \u00e9 doada de explicar. Case mellor vela.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fornelos_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fornelos_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fornelos_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Segundo te vas achegando ao castro, polo mellor acceso pos\u00edbel neste momento (<a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&#038;hl=es&#038;oe=UTF8&#038;num=200&#038;start=198&#038;msa=0&#038;msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&#038;ll=42.330917,-8.483076&#038;spn=0.013801,0.036306&#038;t=h&#038;z=15\">podes velo no mapa<\/a>), comezan a aparecer casas ruinosas a\u00ednda en p\u00e9, asentadas ao primeiro ao p\u00e9 da muralla do castro. O curioso \u00e9 a regularidade de case todas elas. Son casas pequenas, sen fiestras, rectangulares, cubertas de carrizo. Boa parte delas foron constru\u00eddas semienterrando a casa na terra, escavando un acceso lateral e suxeitando a terra da parede do acceso cun muro de contenci\u00f3n. \u00c9 dicir, para meterte nas casas orixinalmente ter\u00edas que baixar un metro ou as\u00ed. As portas son diminutas, e boa parte delas te\u00f1en un min\u00fasculo anaco de terra cercado \u00e1 s\u00faa entrada. Non te\u00f1en restos de tella e en boa parte delas localicei as pedras da lareira nun dos recantos.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fornelos_5.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Aqu\u00ed se pode ver claramente a disposici\u00f3n da casa. Semisoterrada, a estrutura da dereita \u00e9 o muro de contenci\u00f3n que permit\u00eda baixar \u00e1 casa. <\/em><\/p>\n<p>Ao continuares cami\u00f1ando, entrar\u00e1s na parte m\u00e1is complexa deste lugar. De s\u00fapeto \u00e1brese o primeiro foxo, polo que andas, enorme, aos p\u00e9s da Cidade. Al\u00ed, suced\u00e9ndose, aparecen moitas casas, unhas tras doutras, semienterradas, dispostas ao car\u00f3n do cami\u00f1o, encaixadas nese h\u00famido e escuro espazo. Cada unha co seu m\u00ednimo microespazo valado \u00e1 porta. Como unha colonia, ou algo as\u00ed. \u00bfPero quen carallo viv\u00eda aqu\u00ed?<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fornelos_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fornelos_7.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Aqu\u00ed p\u00f3dese ver a sucesi\u00f3n de casas (esquerda) ao car\u00f3n do cami\u00f1o (dereita), ubicadas dentro do primeiro foxo<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fornelos_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Pero o realmente alucinante, a\u00ednda m\u00e1is, v\u00e9n agora. Ao fondo do foxo distinguimos como unha enorme muralla. E un arco oxival abr\u00edndose no medio.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fornelos_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fornelos_10.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fornelos_11.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Iso que vedes a\u00ed \u00e9 o que os veci\u00f1os de Oitab\u00e9n chaman <em>A Ponte dos Mouros<\/em>. Tr\u00e1tase dunha especie de ponte-acueduto que atravesa o foxo e comunica a croa do castro coa segunda plataforma, pero no que algu\u00e9n se preocupou de facer unha entrada monumental cara ese poboado de casas semisoterradas. Rastreando o monte, atopamos trazas do acueduto que parte da Ponte e que segue, pola segunda plataforma, baixando polo segundo foxo ata o manancial do que tomaba a auga. Agora ben, o acueduto remata, sen m\u00e1is trazas, xusto no l\u00edmite da croa do castro. Non vin unha fonte final ou outro tipo de estrutura a nivel superficial. \u00c9 algo estra\u00f1\u00edsimo, este sitio. Parece responder a unha necesidade de tra\u00edda de augas ata o poboado, pero que se combina coa impo\u00f1ente fasqu\u00eda monumental da entrada, extempor\u00e1nea ao mundo castrexo ou romano, e que non saber\u00edas ubicar temporalmente desde o punto arquitect\u00f3nico. Un misterio. Por suposto, estaraste preguntando que raio \u00e9 todo isto. S\u00f3 hai unha pista. <\/p>\n<p>No interior da Ponte dos Mouros, nunha das pedras do arco, hai unha inscricion cunha data: 1787. Nada m\u00e1is. \u00bfPode corresponder esta obra a estas datas? Non me arriscar\u00eda eu a dicilo, pero \u00e9 o dato m\u00e1is claro. Investigando por a\u00ed, atopei que a morfolox\u00eda das casoupas \u00e9 similar \u00e1 dos chozos que se empregaban para refuxio de pastores na inmediata Serra do Su\u00eddo: cubr\u00edanse con terra con carrizo e as paredes laterais tap\u00e1banse con terra para evitar a escorrent\u00eda (ver o apartado Serra do Su\u00eddo>Etnograf\u00eda no web ecoloxista <a href=\"http:\/\/www.asembleadosuido.org\/\">Asemblea do Su\u00eddo<\/a>). Polo estado das casoupas, parecen non ser demasiado vellas (en escala galega, ref\u00edrome, dous ou tres s\u00e9culos), pero a s\u00faa existencia, dentro do castro, \u00e9 un misterio e non me arriscar\u00eda eu a dar unha cronolox\u00eda. Iso si, que boa historia debe haber a\u00ed detr\u00e1s!<\/p>\n<p>A canle, por certo, contin\u00faa polo segundo foxo. Aqu\u00ed hai unha calzada moi ben empedrada, preto de onde nace o manantial. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/fornelos_12.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Mira que te\u00f1o visto castros, pero a\u00ednda non me atopara con algo similar.<\/p>\n<p><em><br \/>\nD\u00e9bolle a visita a este fermoso e intrigante lugar a Alberto Vidal, lector de Cap\u00edtulo 0, que en varios correos detalloume a ubicaci\u00f3n desta acr\u00f3pole e como chegar a ela. <a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&#038;hl=es&#038;oe=UTF8&#038;num=200&#038;start=198&#038;msa=0&#038;msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&#038;ll=42.330917,-8.483076&#038;spn=0.013801,0.036306&#038;t=h&#038;z=15\">Aqu\u00ed tedes unhas notas xeogr\u00e1ficas sobre o lugar<\/a>. Moitas grazas, Alberto!<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Fraga do Monte da Cidade. Fotos: Sole En Fornelos de Montes (Pontevedra) hai un&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/07\/01\/unha-ponte-de-mouros-na-cidade-de-fornelos-de-montes\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Unha abraiante Ponte de Mouros na Cidade de Fornelos de Montes<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":28206,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,18,8],"tags":[],"class_list":["post-7066","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7066","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7066"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7066\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/28206"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7066"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7066"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7066"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}