{"id":7009,"date":"2009-06-21T21:37:49","date_gmt":"2009-06-21T19:37:49","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=7009"},"modified":"2009-06-21T21:45:08","modified_gmt":"2009-06-21T19:45:08","slug":"manual-para-disfrutar-dos-peixes-e-mariscos-no-veran","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/06\/21\/manual-para-disfrutar-dos-peixes-e-mariscos-no-veran\/","title":{"rendered":"Manual para disfrutar dos peixes e mariscos no ver\u00e1n"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mariscadoras.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Mariscadoras na r\u00eda de Arousa. Foto: Proxecto Coas Nosas Mans<\/em><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">S<\/span>egundo vai chegando o ver\u00e1n, ve\u00f1en a Galicia moitos amigos e familiares cos que temos o compromiso habitual de levalos \u00e1 costa a degustar os peixes e mariscos das r\u00edas. Para o <em>Come e Fala<\/em> desta semana preparei unha gu\u00eda r\u00e1pida para saber que produtos do noso mar est\u00e1n, ao longo do ver\u00e1n, no seu mellor tempo de consumo. Para iso contei coa colaboraci\u00f3n am\u00e1bel do meu pai e do patr\u00f3n maior da Confrar\u00eda da Pobra do Carami\u00f1al. Obviamente, a gu\u00eda est\u00e1 feita a partir de sabedor\u00eda arous\u00e1. Se cadra var\u00ede lixeiramente para as outras r\u00edas.<\/p>\n<p><strong>As luri\u00f1as da r\u00eda<\/strong>. \u00c9 un produto privilexiado, un manxar que durar\u00e1 desde agora ata setembro, na nosa familia consid\u00e9rase o <em>tesouro<\/em> da Arousa. Durante todo este tempo, se as consumes en semanas diferentes, vas ver como medran gradualmente as luri\u00f1as. &#8220;Parecen as t\u00faas fillas, as pobres&#8221;, di meu pai entre risos. A min g\u00fastanme agora, cando son pequenas. En setembro xa ser\u00e1n exemplares consider\u00e1beis. C\u00f3llense boas luras no Laghareu, en Ribeira, no Castro, en Agui\u00f1o, na zona de S\u00e1lvora. Os mari\u00f1eiros que m\u00e1is andan \u00e1 lura son os de Cambados e Vilanova. As tabernas dos seus portos son un bo lugar para degustalas. <\/p>\n<p><strong>A n\u00e9cora.<\/strong> No ver\u00e1n \u00e1brese a veda da n\u00e9cora, pero \u00e9 antinatural, faise pola presi\u00f3n tur\u00edstica. O bo da n\u00e9cora, como de todo o marisco, son os meses con <em>r<\/em>. O ver\u00e1n non \u00e9 tempo de centolas nin de bois, porque a estas alturas do ano non cambiaron o cacho. Por moito que o teu t\u00edo madrile\u00f1o ou andaluz porf\u00ede, tenta convencelo de que ve\u00f1a catalos para o Nadal. Segundo te vas metendo nas r\u00edas, a n\u00e9cora \u00e9 m\u00e1is saborosa. As de Vilanova de Arousa te\u00f1en sona, e tam\u00e9n as que se collen no Calduario da Pobra do Carami\u00f1al. E, entre x\u00e9neros, os machos son os m\u00e1is saborosos (son os que sirven nos restaurantes, habitualmente), pero as femias te\u00f1en o agrado dos sibaritas, sobre todo cando ve\u00f1en con ovas.<\/p>\n<p><strong>A sardi\u00f1a.<\/strong> <em>Por San Xo\u00e1n, a sardi\u00f1a molla o pan<\/em>. Xoubas e sardi\u00f1as son a mesma especie, pero hai restrici\u00f3ns na s\u00faa pesca derivadas do tama\u00f1o. Est\u00e1 prohibido pescar a sardi\u00f1a (o exemplar grande) no interior das r\u00edas. Hai grandes zonas cl\u00e1sicas en mar de aberto, nas aforas da r\u00eda de Arousa. As mellores ve\u00f1en de tres &#8220;caladoiros&#8221;, a Pedra da Marosa, Pragheiros e Me\u00e1ns, que est\u00e1n \u00e1 altura dos illotes de Sagres, e tam\u00e9n na Praghi\u00f1a, por baixo de Corrubedo. No interior da r\u00eda, as de Rianxo te\u00f1en sona, e non \u00e9 por menos. Os mari\u00f1eiros de Rianxo p\u00e9scannas cunha arte secular: o <em>xeito<\/em>, totalmente artesanal, algo \u00fanico. Xunto coa sardi\u00f1a \u00e1 grella, nas r\u00edas hai que degustar o prato m\u00e1is tradicional, o guiso de xoubas. E ser\u00e1n afortunados, moi afortunados, se en Cambados lle fan a s\u00faa receita inmemorial: o guiso de xoubas con <em>n\u00e9beda<\/em>, ou <em>n\u00e9boda<\/em>. Na nosa zona cremos que \u00e9 a herba de San Xo\u00e1n, pero a cousa ten bastante graza, porque \u00e9 alucin\u00f3xena: \u00e9 a herba que empregan os gatos para colocarse (<a href=\"http:\/\/www.youtube.com\/watch?v=y-nBcdHjtJU\" data-rel=\"lightbox-video-0\">ver unha demostraci\u00f3n moi cachonda aqu\u00ed<\/a>). <\/p>\n<p>Por suposto, no peixe azul, hai que falar do xurelo, e da xarda, que est\u00e1n no seu momento. Tam\u00e9n a robaliza. E o sargo tam\u00e9n est\u00e1 moi ben: en xu\u00f1o xa vai abandonando o seu comportamento caracter\u00edstico durante a primavera, cando navega agrupado en grandes mandas que poden facer a fartura econ\u00f3mica do pescador que a atope.<br \/>\n<strong><br \/>\nA ameixa. <\/strong> A ameixa v\u00e9n de pasar dous meses duros, de desove, en abril e maio, nos que os exemplares acaban moi enfeblecidos, pero en xu\u00f1o com\u00e9zase a recuperar. En xullo e agosto estar\u00e1n estupendas. O berberecho \u00e9 m\u00e1is vari\u00e1bel. Realiza varios desoves ao ano e non se pode predecir tan facilmente. A navalla, nestes momentos, est\u00e1 excelente.<br \/>\n<strong><br \/>\nO percebe. <\/strong> O percebe ten un calendario m\u00e1is caprichoso. P\u00f3dese capturar en marzo, xu\u00f1o, setembro e decembro. Ou sexa, este \u00e9 o tempo. A ver que tal vai este ano, porque seica houbo moit\u00edsimo m\u00e1is furtivismo que noutros anos, por mor da crise econ\u00f3mica. <\/p>\n<p>Estes son alg\u00fans trucos para disfrutar do marisco e peixe que est\u00e1n no mellor momento durante o ver\u00e1n. Se co\u00f1eces outros, non dubides en publicalos nos comentarios.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Mariscadoras na r\u00eda de Arousa. Foto: Proxecto Coas Nosas Mans Segundo vai chegando o ver\u00e1n,&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/06\/21\/manual-para-disfrutar-dos-peixes-e-mariscos-no-veran\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Manual para disfrutar dos peixes e mariscos no ver\u00e1n<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":7010,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,7],"tags":[],"class_list":["post-7009","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7009","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7009"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7009\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/7010"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7009"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7009"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7009"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}