{"id":6968,"date":"2009-06-14T20:44:05","date_gmt":"2009-06-14T18:44:05","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=6968"},"modified":"2009-06-15T00:20:41","modified_gmt":"2009-06-14T22:20:41","slug":"luania-o-alfabeto-das-pedras","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/06\/14\/luania-o-alfabeto-das-pedras\/","title":{"rendered":"Luania: o alfabeto das pedras"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/luania_20090614_01.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>O castelo de Luania desde o inicio do cordal<\/em><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">D<\/span>esde o primeiro d\u00eda que <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2009\/05\/30\/descubrindo-o-castelo-e-a-terra-de-luania-i\/\">co\u00f1ecimos o castelo de Luania<\/a>, atopamos xa alg\u00fans curiosos petr\u00f3glifos, pero desde aquela, todos os ser\u00e1ns que fumos ata al\u00e1 aproveitando os raios alongados do solpor, tivemos un maldito tempo coma ese que vedes na foto de enriba. C\u00e9os grisallentos e unha luz plana, que aniquilaba o relevo das pedras. Falta moito por mirar. Pero atopamos cousas. Formas que se repiten en diferentes pedras. Moitas est\u00e1n concentradas nun prado ao p\u00e9 do castelo, no que hai un pozo hoxe seco (hai unha fonte da outra banda do monte) e onde pastan os cabalos bravos. A maior parte dos petr\u00f3glifos comparten caracter\u00edsticas: sucos profundos, feitos con punz\u00f3n de ferro (o cal leva os petr\u00f3glifos a unha dataci\u00f3n que poder\u00eda comezar na Idade do Ferro ata \u00e9pocas hist\u00f3ricas) e unha tendencia a repetir un motivo en diferentes pedras, mesmo entre conxuntos p\u00e9treos distanciados entre si.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/luania_20090614_02.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Este primeiro motivo que vemos \u00e9 como un <em>modelo<\/em> para outros que nos atopamos despois nas proximidades. Foi atopado por Jorge Guiti\u00e1n, que andivo por aqu\u00ed hai anos. Este \u00f3valo -que ten unha raia no medio-, mide sobre uns corenta cent\u00edmetros, e est\u00e1 na pedra m\u00e1is alta dun pequeno outeiro que est\u00e1 antes do castelo (o primeiro que se ve na foto), nunha posici\u00f3n exc\u00e9ntrica en relaci\u00f3n ao resto dos atopados. Pero o curioso \u00e9 que esta forma oval rep\u00edtese despois noutras pened\u00edas da \u00e1rea do castelo, de xeito simplificado (e sen a raia do medio). Po\u00f1o aqu\u00ed unha escolma dos m\u00e1is vis\u00edbeis que atopamos polo de agora. Hai m\u00e1is, pero coa luz gris e plana destes d\u00edas non se poden apreciar nas fotos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/luania_20090614_03.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/luania_20090614_04.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/luania_20090614_05.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Este, en concreto, mide un mont\u00f3n, m\u00e1is dun metro de longo e rebana toda a pedra. Est\u00e1 ubicado neste prado no que est\u00e1n a maior parte deles, pero teremos que volver cun especialista para comprobar se \u00e9 en verdade artificial. Hai que ser prudentes.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/luania_20090614_06.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Podomorfo coloreado dixitalmente para facilitar a s\u00faa visualizaci\u00f3n.<\/em><\/p>\n<p>Unha raiola de luz \u00e1s dez en punto da noite exactamente permitiunos descubrir un valioso elemento, nunha pedra chea de cazoletas, \u00f3valos e puntos que xa localizaramos na visita anterior. Apareceu un podomorfo, un p\u00e9, orientado cara o castelo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/luania_20090614_07.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Non e o \u00fanico. Na banda norte do castelo tam\u00e9n hai estoutro posible podomorfo. Pr\u00f3ximos, na mesma lanxe, hai cando menos outros dous \u00f3valos, exactamente igual que no anterior. \u00bfPreguntar\u00e9desme que significan? Resp\u00f3ndovos que nin pu\u00f1etera idea. Pero o realmente raro \u00e9 a repetici\u00f3n continua da forma \u00f3valo en numerosas pedras da \u00e1rea. <\/p>\n<p>E ao redor do castelo de Luania, nas pedras adxacentes, tam\u00e9n atopamos outras formas que se repiten con frecuencia. Estas d\u00e9ronnos a risa. Imaxinamos a algu\u00e9n aburrido aqu\u00ed enriba durante semanas. Seguro que v\u00f3s tam\u00e9n vos dades conta do que significan.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/luania_20090614_08.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/luania_20090614_09.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Unha vez que fagamos un paseo por al\u00ed con condici\u00f3ns axeitadas de visi\u00f3n, levantaremos un mapa con xeolocalizaci\u00f3ns para que sexa m\u00e1is doada a s\u00faa localizaci\u00f3n. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O castelo de Luania desde o inicio do cordal Desde o primeiro d\u00eda que co\u00f1ecimos&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/06\/14\/luania-o-alfabeto-das-pedras\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Luania: o alfabeto das pedras<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":6958,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,18,8],"tags":[],"class_list":["post-6968","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6968","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6968"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6968\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/6958"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6968"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6968"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6968"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}