{"id":6864,"date":"2009-05-30T02:23:26","date_gmt":"2009-05-30T00:23:26","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=6864"},"modified":"2010-06-15T08:33:07","modified_gmt":"2010-06-15T06:33:07","slug":"descubrindo-o-castelo-e-a-terra-de-luania-i","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/05\/30\/descubrindo-o-castelo-e-a-terra-de-luania-i\/","title":{"rendered":"Descubrindo o castelo e a terra de Luania (I)"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/luania_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">O<\/span> vers\u00edculo m\u00e1is sabio da Biblia \u00e9 o primeiro. <em>Ao principio estaba o Verbo<\/em>. A partir de que lle damos nome a algo, todo xorde, todo se enf\u00eda, todo de se desencadea. E iso pasounos a n\u00f3s. <\/p>\n<p>\u00bfLembras a <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2009\/05\/24\/castelo-de-nimo\/\">historia que contei do Castelo de Nimo<\/a> a principios da semana? Pois, por raro que pareza, ese post foi a primeira vez -ag\u00e1s que apareza alg\u00fan artigo que desco\u00f1eza- que se publicou a existencia dese castelo e desa estaci\u00f3n de petroglifos. No ano 2009, un lugar coma este era case desco\u00f1ecido para acad\u00e9micos e totalmente desco\u00f1ecido para a administraci\u00f3n. Non quero dicir que non te\u00f1a estado ningu\u00e9n antes al\u00ed. Nin sequera quero dicir que non se te\u00f1a investigado parcialmente (f\u00edxose, ir\u00e9molo vendo), pero  nunca se amosara de xeito p\u00fablico. Unha semana despois, sabemos que non est\u00e1 no Cat\u00e1logo Arqueol\u00f3xico da Direcci\u00f3n Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, nin nos instrumentos urban\u00edsticos de Noia, o termo municipal onde se atopa. Non figura na bibliograf\u00eda arqueol\u00f3xica. Para co\u00f1ecer este lugar, tivemos que viaxar no tempo nove s\u00e9culos, e ver un breve relampo del nos documentos medievais. Por agora, \u00e9 unha misteriosa sombra da Historia. O que quero dicir \u00e9 que v\u00f3s, os lectores de Cap\u00edtulo 0, f\u00f3chedes os primeiros en ver imaxes deste lugar, e iso emoci\u00f3nanos moito. <\/p>\n<p>Pero imos por partes. No post ped\u00edn axuda para tentar saber algo sobre este lugar, despois de peneirar bibliograf\u00eda e bibliograf\u00eda sen que apareceran referencias. Nos comentarios, Ricardo falou doutro castelo xusto enfronte, que outro usuario Anonymous precisou que pertenc\u00eda \u00e1 parroquia de Cando, Outes. Carlos achegou bibliografia, mencionando o libro <em>O Castelo de Outes<\/em>. jmillares buscou no PXOM de Noia, nas normas subsidiarias e no Restauro do concello. Non atopou nada, comunic\u00f3unolo e a\u00ednda non estra\u00f1ou m\u00e1is. E Montse, a <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/portada\/2008\/12\/19\/00031229697357476400829.htm\">redactora desta reportaxe de La Voz de Galicia sobre os castelos galegos<\/a>, deume a clave pola que tirar: falar cun dos autores dun gran proxecto de investigaci\u00f3n que localizaba as fortalezas galegas. Carlos Andr\u00e9s Gonz\u00e1lez Paz, historiador e investigador do Instituto Padre Sarmiento do CSIC, am\u00e1belmente proporcionoume o dato clave, cousa que lle agradezo de maneira especial porque estaba liad\u00edsimo coa organizaci\u00f3n dun congreso, e que foi o nome do castelo e en que publicaci\u00f3ns estaba referenciado. E a partir do nome, todo comeza. Os vellos papeis, as escasas referencias \u00e1 s\u00faa existencia, son claras. Cham\u00e1base o <em><strong>castelo de Luania<\/strong><\/em>. E a primeira menci\u00f3n a este lugar est\u00e1 nun documento moi valioso: o Tombo do Mosteiro de Toxosoutos, nun documento asinado por Afonso VII, o famoso rei galego e emperador de Hispania. Foi no ano do Se\u00f1or de 1135. O Tombo est\u00e1 publicado polo Consello da Cultura Galega, e hai anos fun eu quen o sub\u00edn \u00e1 rede (si, pod\u00e9desvos rir das casualidades). <\/p>\n<p>En 1135, dous cabaleiros ao servizo do Rei, Froila Alonso e Pedro Muniz de Carnota, deciden retirarse e fundar un mosteiro. O Rei conc\u00e9delles un couto no coraz\u00f3n dunha antiga Terra hoxe desaparecida, Luania, e no documento demarca a extensi\u00f3n dos primeiros dominios do mosteiro:<\/p>\n<blockquote><p>uidelicet per [caput] Montis Alti et inde per lacunam de L[uan]ia et per illas mamulas de Caballo Sicco \/\/ [et per alias mamul]as de Elsende et peruenius Auellanedi, [et de alia parte per illum parietem antiquum qui] uadit contra agrum de Dea qui diuidit cum [terminos huius monasterii et terminos Sancti] Pelagii de Lauar et per Togos Altos et per aliud ne[mus] de La[amir, et inde per terminos] Sancti Martini sicut uadunt usque ad <strong>castellum de Luania<\/strong> [et] inde [ad Villare de Anta] et inde ad capud Montis Alti. <\/p><\/blockquote>\n<p>As marcas do couto do mosteiro de Toxos Outos parecen percorrer a xeografia m\u00edtica desta terra hoxe esquencida: Luania, e centrar o mosteiro no medio das referencias. Unha lagoa, hoxe seca, as m\u00e1moas do Cabalo Seco, as m\u00e1moas de Elsende, o Monte Alto, o Castelo de Luania e a aldea de Vilar de Anta, hoxe Vilardante (repara en que unha anta \u00e9 un dolmen). O novo cenobio est\u00e1 no medio dun antigo territorio de orixes inmemoriais, ao redor de lugares m\u00edticos, antigos e abandonados. E a mi\u00f1a hip\u00f3tese \u00e9 que o castelo, no ano 1135, xa se convertera en parte simb\u00f3lica do espazo, xa estaba en ru\u00ednas e abandonado, toda vez que non aparecen outras menci\u00f3ns nos documentos medievais do convento ou, en principio, nos grandes documentos da catedral que L\u00f3pez Ferreiro foi transcribindo. Pero vexamos m\u00e1is: Luania era unha estensa e monta\u00f1osa terra na estrema do antigo Condado de Postmarcos (actual Barbanza), e comprend\u00eda a actual parroquia de Lua\u00f1a, e tam\u00e9n as de Vices e Cornanda. Case sempre que no Medievo se fala desta terra, se lle ap\u00f3n o termo <em>monte<\/em>. Por exemplo, no ano 935, un s\u00e9culo antes, o rei galego Sancho, cede a aldea de Busto -pr\u00f3xima ao castelo- <em>ad monten Luaniae<\/em>. Unha terra que hoxe atravesamos cando imos a Noia, despois da subida de Urdilde e cruzando unha zona de chans e o desv\u00edo ao monte Culou ata baixarmos a Toxosoutos.<\/p>\n<p>Cunha copa de Algueira (ben, con d\u00faas ou tres), repaso os documentos do pleito Tabera-Fonseca, todas as declaraci\u00f3ns das testemu\u00f1as sobre as fortalezas da Mitra Compostelana derrubadas por irmandi\u00f1os e nobles. Baixo a\u00ednda m\u00e1is, e busco na documentaci\u00f3n do bispo Sisnando, o guerreiro compostelano morto polos viquingos. Nada. Repaso as dixitalizaci\u00f3ns da documentaci\u00f3n medieval. Leo tumbos, libros locais da \u00e1rea. E aparecen m\u00e1is indicios e pequenos detalles que nos revelan a terra, ermidas e mosteiros perdidos na devesa que rodea o Tambre, aldeas que xorden da br\u00e9tema milenaria dos tempos. E a\u00ednda hai m\u00e1is: Jorge Guiti\u00e1n andivo eses montes para a s\u00faa tesi\u00f1a, e na \u00e1rea dos petr\u00f3glifos atopou outro que n\u00f3s non viramos, do mesmo xeito que el non vira os que n\u00f3s atopamos hai unha semana. Un petr\u00f3glifo curioso que xa vos ensinaremos. Xurxo Salgado e m\u00e1is eu continuamos a buscar indicios por todas partes.<\/p>\n<p>\u00a1Cantas cousas marabillosas poden acontecer cando propicias que sucedan! Subimos a un monte e descubrimos o vello mundo de Luania, unha terra por explorar, sepultada nun escuro pasado, m\u00e1is al\u00e1 do s\u00e9culo X, cun castelo na s\u00faa parte m\u00e1is elevada. E, en parte, grazas \u00e1 vosa colaboraci\u00f3n. Ir\u00e9movolo contando en Cap\u00edtulo 0, do mesmo xeito que vistes, por primeira vez de xeito p\u00fablico, imaxes do vello castelo e a gastada serpe que parece repousar na pedra por detr\u00e1s da s\u00faa cova, como en tantas lendas ao longo do pa\u00eds. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O vers\u00edculo m\u00e1is sabio da Biblia \u00e9 o primeiro. Ao principio estaba o Verbo. A&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/05\/30\/descubrindo-o-castelo-e-a-terra-de-luania-i\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Descubrindo o castelo e a terra de Luania (I)<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":28205,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,35,8],"tags":[],"class_list":["post-6864","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-republicas-de-homes-libres","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6864","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6864"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6864\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/28205"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6864"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6864"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6864"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}