{"id":685,"date":"2005-08-30T14:27:29","date_gmt":"2005-08-30T12:27:29","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=685"},"modified":"2005-08-30T15:18:37","modified_gmt":"2005-08-30T13:18:37","slug":"685","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2005\/08\/30\/685\/","title":{"rendered":"cargando a adega"},"content":{"rendered":"<p>Estamos no casco vello de Zaragoza, probando unhas espl\u00e9ndidas tapas de tradici\u00f3n aragonesa reinventada. Ignacio c\u00f3ntame:<\/p>\n<p><em>-Cando apareceu en Francia a epidemia de filoxera, no s\u00e9culo XIX, boa parte das adegas galas tiveron que pechar. Moitos mestres franceses baixaron ata a Rioxa, que xa de aquela ti\u00f1a unha sonada tradici\u00f3n de vides, para facer vi\u00f1o de acordo coas t\u00e9cnicas que se empregaban al\u00ed. O vi\u00f1o mellorou notablemente. Andando por algunha vila, eu a\u00ednda te\u00f1o visto placas e avisos \u00e1s entradas dalgunhas r\u00faas e prazas. Al\u00ed a\u00ednda se pod\u00eda ler que se prohib\u00eda o paso aos carros a eses lugares. O motivo era que as vibraci\u00f3ns das rodas molestaban a crianza do vi\u00f1o que estaba nos soterra\u00f1os das adegas. Manda truco, f\u00edxate que coidado pu\u00f1an.<\/em><\/p>\n<p>O certo \u00e9 que os vi\u00f1os franceses son un prodixio de calidade, que en parte ten que ver cunhas condici\u00f3ns privilexiadas de cultivo pero, sobre todo, co meticuloso procedemento de elaboraci\u00f3n. Un pode atopar a dous euros e medio caldos polos que pagar\u00edas en Galicia oito euros como m\u00ednimo nun equivalente Ribera del Duero, por exemplo e que fan pensar por que demo alg\u00fans dos nosos menc\u00edas atr\u00e9vense a fixar exhorbitantes prezos de 9 euros por l\u00edquidos de discut\u00edbel calidade. Fixemos un saqueo sistem\u00e1tico das adegas e trouxemos connosco pequenas e baratas marabillas de Burdeos, das Cotieres de Nimes, do Languedoc, de Corbi\u00e8res. Menci\u00f3n especial mereceu, obviamente, desta vez o vi\u00f1o corso. Hai moitas \u00e1reas de produci\u00f3n. As grandes son, sen d\u00fabida, os vi\u00f1os do Cabo Corso, ao Norte, onde figuran as caras adegas de Patrimonio; as da chaira de Aleria, ao Este, onde vive a tribo da uva aut\u00f3ctona, e as denominaci\u00f3ns do Oeste, pr\u00f3ximas a Ajaccio. <\/p>\n<p>Esta uva aut\u00f3ctona, representada polas Niellucio e Sciacarello para os tintos e Vermentino para os brancos, \u00e9 de contundentes golpes florais, propios sobre todo para unha primeira impresi\u00f3n. O seu gusto \u00e9 bastante diferente \u00e1 cepa tradicional, coma se fose un vi\u00f1o moi antigo, moi especiado, case como deberon ser os vi\u00f1os da antig\u00fcidade cl\u00e1sica. Este golpe inicial non se acompa\u00f1a, sen embargo, cun corpo e profundidade posterior e o retrogusto \u00e9 cativo e pequeno. Sen embargo, a combinaci\u00f3n de niellucio con variedades continentais con m\u00e1is corpo d\u00e1 lugar a fant\u00e1sticos resultados. Probeino nun Terrazza Isula que mestura niellucio con merlot e o resultado  \u00e9 excelente. <\/p>\n<p>A mi\u00f1a idea ser\u00e1 enviar algunhas botellas para o sotarrego durante un par de anos e logo probar, a ver que pasa. Xa vos contarei para de aquela. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Estamos no casco vello de Zaragoza, probando unhas espl\u00e9ndidas tapas de tradici\u00f3n aragonesa reinventada. Ignacio&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2005\/08\/30\/685\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">cargando a adega<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,7,8],"tags":[],"class_list":["post-685","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diario","category-paparotasco","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/685","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=685"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/685\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=685"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=685"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=685"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}