{"id":684,"date":"2005-08-30T14:25:05","date_gmt":"2005-08-30T12:25:05","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=684"},"modified":"2005-08-30T17:45:39","modified_gmt":"2005-08-30T15:45:39","slug":"os-simbolos-do-nacionalismo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2005\/08\/30\/os-simbolos-do-nacionalismo\/","title":{"rendered":"os s\u00edmbolos do nacionalismo"},"content":{"rendered":"<p><img src='http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/imaxes\/che.jpg' alt='che' \/> <\/p>\n<p>O Che \u00e9 corso. O seu mito rep\u00edtese de punta a punta de C\u00f3rcega, vendido como souvenir \u00e9tnico e s\u00edmbolo de liberaci\u00f3n. A\u00ednda que o doutor Ernesto Guevara \u00e9 xa un mito global, en C\u00f3rcega alcanza unha significaci\u00f3n diferente. \u00bfPor que?<\/p>\n<p>Vex\u00e1molo na explicaci\u00f3n que ofrece o vi\u00f1o Isula, que vedes na foto, na que convive unha pouco agraciada imaxe do Che e do moro que \u00e9 o s\u00edmbolo nacional corso:<\/p>\n<p><em>\u201cC\u00f3rcega e Cuba son d\u00faas illas latinas con personalidades agr\u00edcolas marcadas. O vi\u00f1o \u201cIsula\u201d \u00e9 un marabilloso exemplo de produci\u00f3n identitaria forte\u201d.<\/em><\/p>\n<p>Entre o kitch, o nacionalismo e o mercado, C\u00f3rcega establece o seu discurso nacionalista. <\/p>\n<p>Durante anos, C\u00f3rcega fixo do seu fen\u00f3meno insular a clave da s\u00faa identidade nacional, en constante conflito coas potencias que a levan invadindo dende a \u00e9poca romana. \u00c9, precisamente, o conflito como concepto o que secuencia a historia para os expertos corsos. Pisanos, xenoveses, franceses viron como os vales interiores desta illa monta\u00f1osa reaccionaban contra as invasi\u00f3ns apoi\u00e1ndose fortemente nun ancestral sistema de clans que s\u00f3 agora comeza a ceder. <\/p>\n<p>Coma en t\u00f3dalas narraci\u00f3ns de liberaci\u00f3n nacional, os corsos te\u00f1en heroes, traidores, criminais e pais da patria. Pero hai unha interesante diferencia con outras naci\u00f3ns sen Estado en Europa. Mentres que boa parte destas ambientan os seus per\u00edodos de gloria e liberdade nunha nebulosa Idade Media, a independencia corsa \u00e9 un t\u00edpico produto da Ilustraci\u00f3n. \u00c9 as\u00ed que, en 1755, Pasquale Paoli \u00e9 nomeado xeneral en xefe da illa e ac\u00e1dase a independencia de X\u00e9nova. Ata 1769 C\u00f3rcega permanece independente e o Estado com\u00e9zase a constru\u00edr de acordo coas premisas do despotismo ilustrado. Escr\u00edbese unha constituci\u00f3n, real\u00edzase unha primeira divisi\u00f3n dos poderes do estado, f\u00fandase un ex\u00e9rcito m\u00e1is ou menos regular e cr\u00e9ase unha universidade na capital do pa\u00eds, Corte, para formar aos cadros dirixentes. Esta moderna estrutura sost\u00edvose por riba da realidade nada ilustrada: unha estrutura clientelar e de clans que ralentizou a construci\u00f3n do Estado. Cando a illa cae en mans francesas, no 1769, Paoli ex\u00edliase en Londres e o pequeno e incipiente Estado derrubado para sempre na memoria corsa. <\/p>\n<p>Os dram\u00e1ticos acontecementos terminaron evolucionando, tam\u00e9n, coma no resto de Europa. Nos 70 comezou o terrorismo e a actividade das bandas armadas continuou terr\u00edbeis coletazos ata hoxe. No ano 1998, un grupo terrorista cargouse ao prefeto da illa. Hoxe todo parece un pouco m\u00e1is sosegado, pero o debate nacional segue a existir. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Che \u00e9 corso. O seu mito rep\u00edtese de punta a punta de C\u00f3rcega, vendido&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2005\/08\/30\/os-simbolos-do-nacionalismo\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">os s\u00edmbolos do nacionalismo<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,8],"tags":[],"class_list":["post-684","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diario","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/684","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=684"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/684\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=684"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=684"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=684"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}