{"id":6835,"date":"2009-05-24T21:56:36","date_gmt":"2009-05-24T19:56:36","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=6835"},"modified":"2010-06-15T08:33:32","modified_gmt":"2010-06-15T06:33:32","slug":"castelo-de-nimo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/05\/24\/castelo-de-nimo\/","title":{"rendered":"Petr\u00f3glifos e un mar de cachote no Castelo de Nimo"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nimo_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">H<\/span>ai uns meses, despois de xantar na <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2009\/04\/10\/carnes-con-mimo-en-casa-barqueiro-negreira\/\">Casa Barqueiro de Negreira<\/a>, decidimos leirear ata onde nos levaran as pistas. Sen saber onde estabamos, o conducir err\u00e1tico dirixiunos ata unhas aldeas no alto dunha serra: Busto de Frades e Vilardante. Non sabiamos onde estabamos, non hab\u00eda un ser humano vis\u00edbel en quil\u00f3metros \u00e1 redonda, pero a paisaxe, austera, era a t\u00edpica das serras galegas. Toxo, xesta, pened\u00edas gran\u00edticas, horizontes sen \u00e1rbores, cabalos bravos. Nun cordal, distinguimos unhas pened\u00edas m\u00e1is sobresa\u00edntes. Facendo zoom coa c\u00e1mara, confirmamos o que sospeitaba v\u00e9ndoo desde abaixo. Entre os grandes penedos naturais hab\u00eda numeroso cachote artificial. Ao seguirmos pola estrada, a nosa sorpresa foi sa\u00edrmos en Toxosoutos, a aldea de Noia na que est\u00e1 o mosteiro do mesmo nome.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nimo_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Tardamos pouco en volver. Tras deixar o coche no alto da Costa de Ballo, cresteamos polo estreito cordal do monte ata aquel lugar. A\u00ednda que sospeitaba pola toponimia que ah\u00ed hab\u00eda un xacemento (cham\u00e1base o Monte do Castelo), non agardaba atopar o que al\u00ed vimos. Ao gabearmos polas pened\u00edas, amos\u00e1ronsenos, incribelmente ben conservadas, as ru\u00ednas dunha fortificaci\u00f3n romana ou, m\u00e1is seguro, altomedieval. Quen te\u00f1a visitado o Castelo de San Xurxo no Pindo, pois \u00e9 unha cousa relativamente similar. Al\u00ed enriba, o pedrugallo amore\u00e1base permitindo comprender as diferentes partes da fortificaci\u00f3n, que foran caendo cos anos, sen que os veci\u00f1os levaran a pedra para as s\u00faas casas. Toneladas de cachote gran\u00edtico, de pouca calidade, permit\u00edan distinguir, alomenos, tres estruturas e, se cadra, un ou d\u00faas muralli\u00f1as polas bandas longas do lugar. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nimo_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nimo_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nimo_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nimo_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Rapidamente entendimos a finalidade da fortificaci\u00f3n xa no momento. Ese cordal de montes est\u00e1 nun lugar espectacular, sobre a famosa devesa de Nimo, un espeso bosque tradicional que sube polo r\u00edo Tambre. Este castelo non pretend\u00eda observar o r\u00edo, e non se situaba no estremo do cordal, sen\u00f3n observar o serpeante e espectacular devalar da r\u00eda de Muros, desde a Ponte Nafonso ata Monte Louro, escollendo para iso a mellor zona de penedos e perdendo visibilidade sobre a zona de Nimo e o r\u00edo Tambre. Covas verticais cortadas a coitelo (de xeto natural), penedos labir\u00ednticos, rodean ao espazo arqueol\u00f3xico. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nimo_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Pero hab\u00eda m\u00e1is. Na banda sur do castelo, xusto no borde da plataforma de habitaci\u00f3n, atopei unha pedra con cazoletas labradas. Ser\u00edan as primeiras, pero non as \u00faltimas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nimo_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Continuamos polo prado na cara oeste do castelo. Nun grupo de pedras, atopamos unha curiosa cova que chamou o noso interese. Ciscando por al\u00ed, Xurxo de s\u00fapeto chamoume excitado. Fun ata o lugar e nos atopamos, por riba da cova, isto. E vou calar a mi\u00f1a opini\u00f3n e vouno describir unicamente como <em>isto<\/em>, a\u00ednda que, a quen lle interese, se cadra lle conve\u00f1a saber -e se pode apreciar na fotograf\u00eda-, que ao car\u00f3n do profundo suco xorde o lombo de algo similar a unha serpe&#8230;<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nimo_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nimo_10.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Non tardaron en aparecer m\u00e1is cazoletas, nunha laxe dese conxunto de penedos pero tam\u00e9n noutros do mesmo prado. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nimo_10b.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Cazoletas e estes estra\u00f1os c\u00edrculos labrados na rocha, por todas partes. Todos artificiais. Tam\u00e9n houbera moito traballo de canteiros por al\u00f3 no seu momento. Un manantial no que beb\u00edan os cabalos nac\u00eda na parte de abaixo do prado. E seguiamos vendo cazoletas por todas partes, en diferentes pedras. Alzamos os ollos e descubrimos a aldea de Nimo al\u00ed abaixo. E, ao car\u00f3n de n\u00f3s e da aldea, moi preto, un castro, tam\u00e9n observando o grandioso espect\u00e1culo do sol que morre na r\u00eda. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/nimo_11.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>\u00bfPor que tantas cazoletas e c\u00edrculos aos p\u00e9s dese <em>castelo<\/em>? Non o sei. Estiven buscando informaci\u00f3n na rede sobre o Castelo de Nimo e os petr\u00f3glifos desa \u00e1rea e non atopo absolutamente nada. Terei que buscar en anal\u00f3xico, pero se algu\u00e9n sabe algo, agradecer\u00edalle que me contara algunha cuesti\u00f3n. No vindeiro mes, tentarei visitar as aldeas da zona e o castro de Nimo a ver se obtemos alg\u00fan dato m\u00e1is de traballo de campo que nos aclare tantas d\u00fabidas dun lugar tan espectacular. <\/p>\n<p>Polo de contado, aqu\u00ed tes a <a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&#038;hl=es&#038;oe=UTF8&#038;num=200&#038;start=198&#038;msa=0&#038;msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&#038;ll=42.835035,-8.821421&#038;spn=0.017592,0.04549&#038;t=h&#038;z=15\">localizaci\u00f3n aproximada dos elementos m\u00e1is singulares<\/a> deste espazo. Prefiro ir publicando a\u00ednda que non te\u00f1o todos os datos porque sent\u00edn por a\u00ed que o concello de Noia estaba cismando en crear un &#8220;mirador&#8221; no Castelo (ou sexa, con pos\u00edbeis elementos: estrada asfaltada, cemento, bloques de pedra, asadores). Igual conv\u00e9n que se fora sabendo que estamos falando dunha estaci\u00f3n arqueol\u00f3xica cunha relevancia que deberan dictaminar os especialistas<\/p>\n<p>. A nosa impresi\u00f3n, emocionados, \u00e9 que este \u00e9 un lugar moi especial. Seguiremos informando.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hai uns meses, despois de xantar na Casa Barqueiro de Negreira, decidimos leirear ata onde&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/05\/24\/castelo-de-nimo\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Petr\u00f3glifos e un mar de cachote no Castelo de Nimo<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":6836,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,18,35],"tags":[],"class_list":["post-6835","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6835","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6835"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6835\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/6836"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6835"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6835"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6835"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}