{"id":680,"date":"2005-08-15T02:47:49","date_gmt":"2005-08-15T00:47:49","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=680"},"modified":"2005-08-15T02:53:08","modified_gmt":"2005-08-15T00:53:08","slug":"deslocalizacion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2005\/08\/15\/deslocalizacion\/","title":{"rendered":"deslocalizaci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p><img src='http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/imaxes\/escocia_5.jpg' alt='skye' \/> <\/p>\n<p>Entre os efectos secundarios das viaxes est\u00e1 a sabrosa deslocalizaci\u00f3n. Dise da tendencia a estar entre d\u00faas augas ao pouco do retorno, comparando o propio co alleo rec\u00e9n visitado. P\u00e9nsoo mentres dilapido <a href=\"http:\/\/www.seix-barral.es\/fichalibro.asp?libro=807\">Salto Mortal<\/a>, de <a href=\"http:\/\/nobelprize.org\/literature\/laureates\/1994\/oe-bio.html\">Kenzaburo O\u00e9<\/a>, as\u00ed entre a area, e decido abandonalo \u00e1s poucas p\u00e1xinas ante a perspectiva de ter que loitar m\u00e1is coa infame traduci\u00f3n que coa propia narraci\u00f3n. Ergo os ollos e vexo as monta\u00f1as do Barbanza. Dous d\u00edas antes, estaba nun sitio moi similar, pero moi lonxe. <\/p>\n<p>Xa \u00e9 tarde. Deit\u00e1monos nas cadeiras do aeroporto secundario Glasgow Prestwick e entre as mi\u00f1as mans vou rematando <a href=\"http:\/\/www.terra.es\/cultura\/articulo\/html\/cul4632.htm\">Sushi para principiantes<\/a>, de Marian Keyes. Acabamos de saudar a Salman Rushdie. Si, Rushdie. Aparece cargado de maletas, un neno pequeno, disciplinado e espelido e un certo aire de desprotecci\u00f3n \u00edntima. Lembro a Rushdie nas fotos de revistas de sociedade, sempre rodeado de mulleres nas fotograf\u00edas, sometido eternamente ao abeiro maternal. Agora sorr\u00ed cortesmente, pensando que somos fans. Xa non parece quedar rastro da s\u00faa famosa escolta anti <em>fatwa<\/em>. <\/p>\n<p>O sushi est\u00e1 m\u00e1is saboroso do que me tem\u00edn ao principio, agardando que fose unha secuela de Bridget coma quen sospeita o derrube inmediato dun edificio: certa iron\u00eda s\u00e1lvao da queima e faino interesante, a pesar do aceno de noxo que poidan p\u00f3r alg\u00fans arredor desta subliteratura de x\u00e9nero (???). Acompa\u00f1oume ao longo de pequenos minutos consumidos en diferentes recantos dos youth hostels de Escocia. Agora, co cansazo e a ro\u00f1a da final da viaxe, adaptando as costelas \u00e1s cadeiras do aeroporto, conv\u00e9nzome de que esta viaxe entroume de xeito intenso para dentro. Hai viaxes que che enchen os ollos; outras o bandullo; as mellores est\u00e1n nas que che cambian en algo; pero est\u00e1n tam\u00e9n aquelas nas que percibes que empatas cun lugar, que nun momento determinado bailas o mesmo paso na pista. E a\u00ed estamos, ghast\u00e1ndolle pista a este pa\u00eds.<\/p>\n<p>Vaiamos atr\u00e1s. Estamos en Armadale, ao sur da illa de Skye, ao Oeste do pa\u00eds. Este territorio insular ao oeste de Escocia est\u00e1 metido entre a br\u00e9tema. Hai un porto de cemento e unha pizarri\u00f1a na que se anotan os avistamentos de mam\u00edferos mari\u00f1os coma quen escribe as apostas dunha porra da ofici\u00f1a. Focas, marsopas, golfi\u00f1os e baleas viven nesta costa. O orzamento da viaxe non permitiu subir \u00e1s lanchas e sa\u00edr a mar aberto a ver de preto as baleas, pero o territorio \u00e1brese como un p\u00e1ramo cheo de paisaxes. En Skye, os membros do clan McLeod ergu\u00edan na torre do castelo de <a href=\"http:\/\/www.dunvegancastle.com\/\">Dunvegan<\/a> a Fairy Flag para convocar \u00e1 asemblea de trasnos do clan. O p\u00e1ramo \u00e9 enorme e desolado: aqu\u00ed tam\u00e9n aparece o toxo, casi\u00f1as diminutas encaladas como unha vez tam\u00e9n o estiveron as galegas da costa. As peludas vacas rubias das Highlands m\u00f3vense entre o vapor e a humidade. <\/p>\n<p>Estas terras est\u00e1n cheas de s\u00edmbolos dende a noite dos tempos. No castelo de Edimburgo, baixo a Union Jack e a custodia do ex\u00e9rcito da S\u00faa Maxestade, g\u00e1rdase a <a href=\"http:\/\/members.aol.com\/Skyelander\/stone.html\">Pedra do Destino<\/a>, devolta ao pa\u00eds na d\u00e9cada dos 90 despois de valer como pousadoiro de n\u00e1degas reais inglesas durante s\u00e9culos. A breve contemplaci\u00f3n deste at\u00e1vico pelouro que simboliza a uni\u00f3n da primitiva monarqu\u00eda escocesa coa terra ou o territorio e das xoias reais v\u00e9n precedida de salas e salas de plotters cubertos de material adicional. En xeral, a terra escocesa non \u00e9 abundante en s\u00edmbolos vis\u00edbeis, a diferencia da galega, pero est\u00e1 cuberta de plotters informativos que po\u00f1en as cousas no seu sitio, cando menos na pista de baile, un tanto \u00e1s escuras, dependendo da imaxinaci\u00f3n do enredado. Outra cousa \u00e9 cami\u00f1ar polas r\u00faas molladas, en solitario. <\/p>\n<p>A terra galega, pola contra, est\u00e1 inzada de s\u00edmbolos t\u00e1ctiles, vis\u00edbeis, rotundos, pero faltan eses plotters que comprometen o presente. <\/p>\n<p>Cami\u00f1amos entre plotters. A tumba de Rob Roy, nunha alde\u00ed\u00f1a, desgastada, a\u00ednda sost\u00e9n flores depositadas por membros do clan. En Stirling, hai unha soberbia torre que domina o val adicada a William Wallace \u2013o Mel Gibson de Braveheart-. A torre est\u00e1 chea de turistas que gabean polos estreitos escal\u00f3ns despois de pagar unha xenerosa entrada. A recompensa \u00e9 unha tremebunda cabeza parlante en plan holograma que emite alegatos en favor da liberdade nacional no xu\u00edzo no que descuartizaron ao heroe nacional. O seguinte chanzo son bustos de m\u00e1rmol en plan pante\u00f3n consagrados \u00e1s glorias nacionais. As m\u00e1quinas do tempo trasl\u00e1dannos ao s\u00e9culo XIX. Un mont\u00f3n de turistas espa\u00f1ois adm\u00edranse al\u00ed da bravura de Gibson \u2013perd\u00f3n, de Wallace- fronte \u00e1 tiran\u00eda e \u00e1 opresi\u00f3n, pode que os mesmos que bruar\u00edan clamando \u201cmentira\u201d se algu\u00e9n lles contara os desvelos do bravo Conde de Traba, que xace soterrado no Pante\u00f3n da Catedral de Santiago camuflado entre os reis e a cabeza a\u00ednda erguida. <\/p>\n<p>As Highlands, o enorme p\u00e1ramo, constr\u00faese a si mesmo como s\u00edmbolo. As enormes estensi\u00f3ns, os cambios continuos de tempo, a luz, a auga, o vapor, a herba. O mapa de lendas deb\u00faxanse no interior de cada quen. No mapa da mi\u00f1a vida, as Highlands son un lugar para perder a vista e abstraerse a\u00ednda m\u00e1is. E bailarlle un pasodoble a esta vida que v\u00e9n tan r\u00e1pido.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Entre os efectos secundarios das viaxes est\u00e1 a sabrosa deslocalizaci\u00f3n. Dise da tendencia a estar&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2005\/08\/15\/deslocalizacion\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">deslocalizaci\u00f3n<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,8],"tags":[],"class_list":["post-680","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diario","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/680","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=680"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/680\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=680"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=680"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=680"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}