{"id":679,"date":"2005-08-15T02:36:50","date_gmt":"2005-08-15T00:36:50","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=679"},"modified":"2005-08-15T02:42:22","modified_gmt":"2005-08-15T00:42:22","slug":"edimburgo-ouh-edimburgo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2005\/08\/15\/edimburgo-ouh-edimburgo\/","title":{"rendered":"Edimburgo, ouh Edimburgo"},"content":{"rendered":"<p><img src='http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/imaxes\/escocia_4.jpg' alt='vista dende o castelo' \/> <\/p>\n<p>Poucas cidades coma esta. Constru\u00edda sobre basalto, volc\u00e1ns e depresi\u00f3ns. Militarizada e cadriculada na expansi\u00f3n victoriana. Chea de romantismo, goticisimo, avangarda. Chegamos co Festival \u2013ou deberiamos dicir festivais- a piques de empezar, e a sensaci\u00f3n \u00e9 dunha sopa a punto de rachar a ferver. As r\u00faas cubertas a todas horas. Os anuncios vivos das representaci\u00f3ns na milla real. Percorr\u00e9mola de arriba abaixo. Ao solpor, o xard\u00edn bot\u00e1nico estala en mil arrecendos, as ateigadas e escuras r\u00faas do casco vello transforman \u00e1s persoas en performances e no esquencido cemiterio de Old Catton os adolescentes g\u00f3ticos fan botell\u00f3n ao redor da tumba de David Hume. Pouco a pouco un vai caendo neste fascinio do d\u00eda e da noite. <\/p>\n<p><img src='http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/imaxes\/escocia_3.jpg' alt='carteis' \/> <\/p>\n<p>Unha noite de primeirizo en Edimburgo \u00e9 extenunante polo intensa, longa e a voracidade que esperta chimpar de local eln local. A m\u00fasica en vivo \u00e9 algo que non se pode perder. Falamos de moitos grupos, de estilos diferentes e unha calidade m\u00e1is que boa. En calquera recanto de local improv\u00edsase unha jam desenfrenada. Facendo unha reflexiva investigaci\u00f3n para este blog chegamos \u00e1s seguintes recomendaci\u00f3ns de garitos  por se vos cadrara por pasar pola cidade nestas vacaci\u00f3ns<\/p>\n<p>O <a href=\"http:\/\/www.villager-e.com\">Villager<\/a>, un bo lugar para unha primeira copa. Ambiente decadente, coidadosamente elegante nas formas, pijete na audiencia, cunha certa ansiedade grupal e boa m\u00fasica funky, entre outras. Se o teu rollo \u00e9 Sexo en Nova York, este \u00e9 un lugar que non se debe perder.<\/p>\n<p>O <a href=\"http:\/\/www.theunderbelly.co.uk\/\">Underbelly<\/a> \u00e9 o sorprendente cuartel central do Festival. Un edificio nunha est\u00e9tica semirruinosa aparente que en cinco plantas diferentes recrea ambientes, representaci\u00f3ns, concertos, salas de baile, espazos para agruparse ben de preto e outros para alternar co mundi\u00f1o cultural cunhas garimbas no chan e, se un quere, tirando na alfombra. O seu xemelgo compostel\u00e1n ser\u00eda o Atl\u00e1ntico. <\/p>\n<p>O <a href=\"http:\/\/www.espionage007.co.uk\/edinburgh\/flash5.htm\">Espionage<\/a>, na imprescind\u00edbel Victoria Street, \u00e9 unha catacumba de moita sona local. Ser\u00eda o equivalente \u00e1 zona nova compostelana, \u00e1 marcha boirense, viguesa ou coru\u00f1esa. Diferentes discotecas metidas nun \u00fanico subterr\u00e1neo con certo toque garruleitor escoc\u00e9s que \u00e9 divertido comparar coa experiencia local. <\/p>\n<p>A guinda do pastel edimburgu\u00e9s \u00e9 sen d\u00fabida, o <a href=\"http:\/\/www.thecabaretvoltaire.com\/\">Cabaret Voltaire<\/a>. Descubr\u00edmolo practicando o coling. Basicamente, consiste en que se non co\u00f1eces unha cidade, e observas nunha r\u00faa unha cola chea de xente interesante, ti deber\u00edas ser o seguinte en p\u00f3rte nela. Deste xeito, e despois dun cacheo a fondo, penetramos nun garito labir\u00edntico cun concerto de m\u00fasica electr\u00f3nica, centos de victorias beckham, ambiente desenfrenado e tolo. Parec\u00eda que a multitude sufrira o p\u00e1nico da fin do mundo e se negara a ficar na casa a agardalo de brazos cruzados. Na pista, m\u00e1is que unha sesi\u00f3n, o que hab\u00eda era un estra\u00f1o cocido electr\u00f3nico en forma de concerto hipn\u00f3tico. unha certa sensaci\u00f3n de que se acaba o mundo e non me podo quedar na casa con esta pinta. Decidimos integrarnos na apocalipse.  <\/p>\n<p><em>Se vos apetece ter a foto panor\u00e1mica de arriba en grande, mand\u00e1deme un <a href=\"mailto:magago@usc.es\">correo<\/a>. <\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Poucas cidades coma esta. Constru\u00edda sobre basalto, volc\u00e1ns e depresi\u00f3ns. Militarizada e cadriculada na expansi\u00f3n&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2005\/08\/15\/edimburgo-ouh-edimburgo\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Edimburgo, ouh Edimburgo<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,8],"tags":[],"class_list":["post-679","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diario","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/679","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=679"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/679\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=679"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=679"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=679"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}