{"id":6694,"date":"2009-05-04T00:12:35","date_gmt":"2009-05-03T22:12:35","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=6694"},"modified":"2009-05-04T06:49:23","modified_gmt":"2009-05-04T04:49:23","slug":"pola-serra-do-candan-e-aciveiro-seguindo-o-prg-100","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/05\/04\/pola-serra-do-candan-e-aciveiro-seguindo-o-prg-100\/","title":{"rendered":"Pola Serra do Cand\u00e1n e Aciveiro seguindo o PRG-100"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/candan_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fotos: Soledad Felloza<br \/>\n<\/em><br \/>\n<span class=\"drop_cap\">C<\/span>ami\u00f1amos 18 quil\u00f3metros baixo un sol de xustiza no Cand\u00e1n, a trav\u00e9s do PRG-100 Aciveiro-Cand\u00e1n [<a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&#038;hl=es&#038;oe=UTF8&#038;num=200&#038;start=198&#038;msa=0&#038;msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&#038;ll=42.618407,-8.301952&#038;spn=0.003205,0.009001&#038;t=h&#038;z=17\">punto de partida<\/a>]. A luz cae a mecha sobre estas terras. Eu creo que presta m\u00e1is visitar o Cand\u00e1n con fr\u00edo e neve, no medio do inverno, e chegar a Aciveiro, e se a hosteler\u00eda do mosteiro fose doutro xeito, pedir unha cunca de caldo co p\u00e1nico a\u00ednda dos lobos e dos osos metidos no corpo. Hoxe non \u00e9 as\u00ed. O Cand\u00e1n est\u00e1 atravesado por pistas, coroado por mu\u00ed\u00f1os, e a fasqu\u00eda de illamento desapareceu, pero segue sendo un bonito lugar para explorar no coraz\u00f3n da Terra de Montes.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/candan_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/candan_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/candan_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/candan_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/candan_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/candan_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Destas terras atr\u00e1eme o interesante equilibro medio ambiental que se aprecia, malia a obstinada destruci\u00f3n do contorno no que est\u00e1 metido todo o mundo por a\u00ed. Nestas alturas, a vexetaci\u00f3n tradicional do interior galego sobrevive refuxiado nos microvales que forman os regatos que caen desta serra augacenta: as discretas lombi\u00f1as de uces, carqueixas, de toxos molares e cachares, como se lles pasaran un l\u00e1pis, conv\u00edrtense en vizosas fragas a media altura, asegundo baixa o regato cargado de auga dos montes. Adem\u00e1is do verde, a fronteira \u00e9 esencialmente ac\u00fastica. Pechas os ollos baixo o sol, escoitas os merlos e a auga \u00e1 t\u00faa esquerda, e o vento peiteando o monte baixo e os pequeni\u00f1os paxaros de monta\u00f1a \u00e1 t\u00faa dereita. Imaxino os osos andando por estes despoboados: fican algunhas alvarizas, as curiosas construci\u00f3ns para protexer os panais do seu gusto larpeiro. Ser\u00edan moles pardas baixando pola aba do monte, ou xogando a media altura. As alvarizas perviven, malia os \u00faltimos osos seren cazados a principios do s\u00e9culo XX, e por outro motivo. Te\u00f1en unha excelente orientaci\u00f3n para a cr\u00eda das abellas.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/candan_4.jpg\" alt=\"\"\/><br \/>\n<img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/arboles.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Unha alvariza a\u00ednda con colmeas ao seu interior e carballos musculados de soportar o peso dos muros destas construci\u00f3ns<\/em><\/p>\n<p>O PRG-100 non est\u00e1 ben dese\u00f1ado. Pr\u00edvate de moitos deses oasis fragueiros no medio das abas do monte, pero o Cand\u00e1n \u00e9 un bo sitio para aprender cousas a quen queira escoitalas. Durmimos nun prado despois de comer un bocadillo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/candan_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Ao espertarnos, observamos un curioso outeiro que se despe\u00f1a de s\u00fapeto sobre o verde da herba. Por suposto, d\u00e1nos <em>feeling<\/em>. Un home dubida ao dicirnos o nome que se lle d\u00e1 a este monte en Lamasgal\u00e1n de Abaixo, como se lle dera reparo confesalo a uns estra\u00f1os. <\/p>\n<p>-\u00c9&#8230;n\u00f3s cham\u00e1moslle o Coto Que Berra. <\/p>\n<p>Eu te\u00f1o a teor\u00eda de que todos estes accidentes de nome parladoiro no pa\u00eds no seu tempo deberon falar m\u00e1is do que hoxe o fan. Hoxe repiten ecos, pero na Prehistoria, con certa axuda <em>bot\u00e1nica<\/em>, <em>f\u00fanxica<\/em>, o seu vocabulario debeu ser m\u00e1is amplio e se cadra ti\u00f1an unha maior iniciativa en seren expl\u00edcitos de seu. Como xa ti\u00f1a <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2007\/08\/27\/unha-conversa-frustrada-coa-pedra-que-fala\/\">a experiencia da Pedra que Fala<\/a>, activei o &#8220;modo arqueol\u00f3xico&#8221; ao pasarmos no vello cami\u00f1o ao car\u00f3n do Coto que Berra. E <em>tate<\/em>. Vela\u00ed estaba, alomenos, unha m\u00e1moa, ao p\u00e9 do falador outeiro. Non aparece indicada no roteiro, malia pasar o car\u00f3n [<a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&#038;hl=es&#038;oe=UTF8&#038;num=200&#038;start=198&#038;msa=0&#038;msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&#038;ll=42.635387,-8.28838&#038;spn=0.003205,0.009001&#038;t=h&#038;z=17\">localizaci\u00f3n<\/a>]. <\/p>\n<p>O mundo tradicional, o mundo do que vimos, \u00e9 sobre todo un mundo de palabras. Se as escoitaramos con atenci\u00f3n, comprender\u00edamos que o noso universo est\u00e1 formado, esencialmente, por sustantivos, adxectivos e verbos e s\u00f3, en segunda instancia, pola materia f\u00edsica aos que nomean. Hai unha aldea no Cand\u00e1n, veci\u00f1a do mosteiro, no que sempre que vou se repite a mesma escena, con caras diferentes. Sube unha vella cargando un carri\u00f1o. D\u00e1moslle as boas tardes. Ela pousa o carri\u00f1o e com\u00e9zanos a contar unha historia vella. E eu <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2008\/11\/29\/aciveiro-onde-a-neve-candea\/\">sempre aprendo unha palabra nova<\/a>. \u00c9 como se nesa aldea houbera un ciclo raro da vida, no que vellas diferentes exercitan sen medo a transmisi\u00f3n oral da tradici\u00f3n a partir do mesmo ritual. <\/p>\n<p>A vella desta volta sin\u00e1lanos un prado. Desde al\u00ed vemos o fermos\u00edsimo \u00e1bside abacial do mosteiro de Aciveiro, e os campos verdes que o rodean. <\/p>\n<p>-E aquel \u00e9 o Prado do Touci\u00f1o. <em>Mi padre<\/em> e o <em>Padre de Mi Padre<\/em> sempre contaban que para poderen usar ese prado ti\u00f1an que levarlle aos frades un anaco de touci\u00f1o. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/candan_10.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A ponte de And\u00f3n<\/em><\/p>\n<p>\u00bfEstar\u00e1 recollida a relaci\u00f3n entre labregos e monxes que a\u00ednda est\u00e1, case dous s\u00e9culos despois, tan viva nas xentes destas aldeas do Cand\u00e1n? Preg\u00fantolle por Loureri\u00f1a, a moura da Ponte de And\u00f3n, ponte erguida polo abade Gonzalo das Penas (p\u00e9treas, non das outras) no s\u00e9culo XV. Di non co\u00f1ecela, pero da ponte si que sabe ben cousas. Sabe ese ritual fascinante que a min sempre me sorprendeu. E a palabra. <\/p>\n<p>-Os matrimonios que non daban tido fillos vi\u00f1an \u00e1 Ponte de And\u00f3n a <em>enxemprar<\/em>. E al\u00ed, pola noite, bautizaban ao neno que a\u00ednda non nacera. E o padri\u00f1o ti\u00f1a que ser a primeira persoa que pasara por esa ponte. <\/p>\n<p><em><a href=\"http:\/\/www.funjdiaz.net\/folklore\/07ficha.cfm?id=746\">Enxemprar<\/a><\/em>, que nalgunhas zonas de Galicia significa lastimarse, na Terra de Montes ou en Cuntis \u00e9 a acci\u00f3n de botar auga de socorro a un non nato, para protexelo a el e \u00e1 s\u00faa nai dun aborto que se sospeita por ter sucedido xa antes a esa muller. Iso \u00e9 o que se fac\u00eda na Ponte do And\u00f3n polas noites. <\/p>\n<p>-E a\u00ednda viven un par de homes na aldea de And\u00f3n que moito ben te\u00f1en feito e son padri\u00f1os de moitos fillos. <\/p>\n<p>&#8230;consecuencia, sen d\u00fabida, de vir tarde do chollo ou da taberna. O bautismo pre-natal par\u00e9ceme un costume ins\u00f3lito nun pa\u00eds de seu tan desconfiado con respecto ao outro. Pero al\u00ed est\u00e1. <em>Enxemprar<\/em>. Andamos, andamos, andamos. Soan as camp\u00e1s en Aciveiro, pero nesta ponte de maio, os turistas non puideron visitar o mosteiro nin a igrexa porque o concello careceu da visi\u00f3n de manter aberta a oficina de turismo. As\u00ed que m\u00e1is soedade. Gustar\u00edame que fora o inverno, para sentir o fr\u00edo monta\u00f1\u00e9s e o quencerse ao entrar no coche. A mi\u00f1a pel queimada pola marcha, con todo, gosta desta dura terra do Cand\u00e1n. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Fotos: Soledad Felloza Cami\u00f1amos 18 quil\u00f3metros baixo un sol de xustiza no Cand\u00e1n, a trav\u00e9s&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/05\/04\/pola-serra-do-candan-e-aciveiro-seguindo-o-prg-100\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Pola Serra do Cand\u00e1n e Aciveiro seguindo o PRG-100<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":6695,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[8],"tags":[],"class_list":["post-6694","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6694","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6694"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6694\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/6695"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6694"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6694"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6694"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}