{"id":667,"date":"2005-07-28T21:18:00","date_gmt":"2005-07-28T19:18:00","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=667"},"modified":"2005-07-28T21:19:11","modified_gmt":"2005-07-28T19:19:11","slug":"o-ceo-e-confuso","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2005\/07\/28\/o-ceo-e-confuso\/","title":{"rendered":"o c\u00e9o \u00e9 confuso"},"content":{"rendered":"<p>Estes d\u00edas ando ben liado con cuesti\u00f3ns relacionadas coa arqueolox\u00eda a\u00e9rea. A parte de producir un <a href=\"http:\/\/www.culturagalega.org\/extra_documento.php?titulo=Multimedia:%20Voa%20sobre%20os%20castros&#038;id=1443&#038;id_nova=6586\">contido interactivo<\/a> sobre a cuesti\u00f3n, det\u00e9\u00f1ome naquelo que fica m\u00e1is pr\u00f3ximo a min. Coincid\u00edu coa chegada de <a href=\"http:\/\/earth.google.com\/\">Google Earth<\/a>&#8230;dende pequeno, busquei as imaxes borrosas do &#8216;voo&#8217; que o Ex\u00e9rcito norteamericano fixo sobre a Pen\u00ednsula con fins cartogr\u00e1ficos nos anos cincuenta e tentei identificar pegadas do pasado naquelas imaxes de relevo. As\u00ed que este software resultoume auga de agosto. Sen embargo, a s\u00faa facilidade de emprego non exime dun concepto clave na arqueolox\u00eda, o &#8220;saber ver&#8221;. Despois de bastantes horas de voo pola costa galega e os anaqui\u00f1os de interior aos que se pode baixar en alta calidade, sorprendinme con este achado dun suposto castro pr\u00f3ximo a Santiago:<\/p>\n<p><img src='http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/imaxes\/vertedoiro.jpg' alt='a' \/> <\/p>\n<p>Cal ser\u00eda a mi\u00f1a sorpresa, cando explorando o cordal de monta\u00f1as no que se atopaba, dinme de fuci\u00f1os con outras d\u00faas formaci\u00f3ns con murallas repartidas ao longo dos outeiros, e moi pr\u00f3ximas a aldeas. Tardei menos dun d\u00eda en ir visitar o lugar. Unha estrada asfaltada levaba ata al\u00ed, e, sorpresa&#8230;<\/p>\n<p><img src='http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/imaxes\/vertedoiro_2.jpg' alt='a' \/> <\/p>\n<p>Aqu\u00ed podemos ver como os meus parapetos vistos dende o aire se convert\u00edan nun descomunal vertedoiro municipal de Ames!! R\u00edndome de min mesmo, retornei pola estrada e busquei o segundo castro, que resultou ser unicamente unha depresi\u00f3n no alto do cordal. E xa deprimido, precisamente, seguimos ata o terceiro. Aqu\u00ed o monte de toxo superaba a altura das nosas cabezas. Con moito sufrimento, chegamos ata a suposta muralla, no alto dun lugar de vistas espectaculares. Estupendo: era unha canteira do XIX. <\/p>\n<p>Como non hai mal que por ven non ve\u00f1a, a toxosa experiencia valeume para diferenciar murallas e depresi\u00f3ns de terreo, a trav\u00e9s da comparaci\u00f3n de castros (reais) con a mi\u00f1a desgrazada experiencia persoal. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Estes d\u00edas ando ben liado con cuesti\u00f3ns relacionadas coa arqueolox\u00eda a\u00e9rea. A parte de producir&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2005\/07\/28\/o-ceo-e-confuso\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">o c\u00e9o \u00e9 confuso<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-667","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/667","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=667"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/667\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=667"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=667"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=667"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}