{"id":6648,"date":"2009-04-27T01:15:59","date_gmt":"2009-04-26T23:15:59","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=6648"},"modified":"2009-04-27T13:34:41","modified_gmt":"2009-04-27T11:34:41","slug":"torre-da-barreira","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/04\/27\/torre-da-barreira\/","title":{"rendered":"A Torre da Barreira: un secreto subterr\u00e1neo baixo un castelo invis\u00edbel"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/barreira_12.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Cami\u00f1o de acceso \u00e1 Torre da Barreira. Reportaxe gr\u00e1fica: Sole<\/em><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">M<\/span>oi preto ao Pazo de Oca hai un lugar m\u00e1xico. Hai que entrar por unha volta moi pechada do cami\u00f1o, al\u00ed onde se volve m\u00e1is espeso, baixando cara o Rio B\u00f3o. Baixo a frouma, o bosque de carballos, a humidade, xace unha antiga fortaleza. As s\u00faas pedras estouparon como un <em>bigbang<\/em> por todas as casas vellas da parroquia, pero este lugar a\u00ednda conserva os rastros percept\u00edbeis do antigo lugar para quen os saiba ler. \u00c9 a Torre da Barreira [<a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&#038;hl=gl&#038;oe=UTF8&#038;num=200&#038;start=198&#038;msa=0&#038;msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&#038;ll=42.744853,-8.408146&#038;spn=0.006398,0.019312&#038;t=h&#038;z=16\">localizaci\u00f3n<\/a>], na parroquia de Riob\u00f3o do concello de A Estrada. Hai parapetos, foxos, plataformas, todas camufladas baixo o espeso bosque. Subindo polas antigas ladeiras do castelo enriba na zona superior estaban as antigas dependencias, a torre da homenaxe: hoxe son un brando e espeso campo cheo de cr\u00e1teres, pero as alturas, os terraplenos, contin\u00faan a existir. A Barreira era como unha cu\u00f1a de vertixinosas paredes ao redor do r\u00edo: todos os seus flancos eran inexpugn\u00e1beis ag\u00e1s un. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/barreira_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>O elevado desnivel desde o alto do castelo<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/barreira_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/barreira_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>O resto m\u00e1is grande de muralla<\/em><\/p>\n<p>As vellas cr\u00f3nicas perm\u00edtennos co\u00f1ecer bastante en detalle este lugar, e investigounas o se\u00f1or Xes\u00fas Gul\u00edas no libro <em>A Torre da Barreira. As pedras perdidas da Mitra Compostel\u00e1<\/em>, editado polos veci\u00f1os, e que a\u00ednda non din conseguido. As testemu\u00f1as que sobreviviran da Guerra Irmandi\u00f1a declararon, cincuenta anos despois, nun pleito entre arzobispos sobre este lugar. Falaban dun castelo maxestuoso, con tres patios, torre de homenaxe, unha capela dedica a Santa Mari\u00f1a da Barreira e outra torre singular torre ergu\u00e9ndose na \u00fanica banda que cingu\u00eda este espol\u00f3n co resto da terra: cham\u00e1bana a Torre de Mari\u00f1a Carreira. A Torre foi sede da xustiza da Terra de Tabeir\u00f3s durante s\u00e9culos. Fundada ao redor do s\u00e9culo XII, viviu unha estra\u00f1a historia. No XIV, refuxi\u00e1ronse nela os Golf\u00edns: trat\u00e1base dunha escura caste de cabaleiros salteadores da que me te\u00f1o que enterar m\u00e1is, e a Barreira foi o refuxio das s\u00faas incursi\u00f3ns (permit\u00eddime que me queira informar, xa sabedes que . Foron rendidos por batalla, por mandato do rei Sancho, a golpe de guerra nos muros deste bosque. Un s\u00e9culo despois, os Irmandi\u00f1os volveron a tomar grazas \u00e1 nova tecnolox\u00eda militar da p\u00f3lvora, usando algunhas das primeiras bombardas deste pa\u00eds, a fortaleza. E a\u00ednda foi reconstru\u00edda outra vez, ata morrer finalmente, diseminarse, coas s\u00faas pedras levadas durante a historia polas aldeas veci\u00f1as. As murallas desapareceron, ag\u00e1s nas zonas de m\u00e1is dif\u00edcil acceso. E al\u00ed est\u00e1n tapadas polo carrizo.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/barreira_4.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/barreira_4b.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/barreira_4c.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Hoxe o lugar \u00e9 m\u00e1xico, e se cadra o m\u00e1is fascinante estea descendendo ao R\u00edo Bo que lle fac\u00eda de foxo natural, por un camini\u00f1o que se desv\u00eda antes de entrar no recinto da Torre. Aqu\u00ed o r\u00edo baixa encaixado, convertido nun frondoso e  h\u00famido can\u00f3n de beleza m\u00e1xica. Beireando o r\u00edo, bordeando a fortaleza, est\u00e1n os antigos mu\u00ed\u00f1os, hoxe arruinados, mimetizados co mundo vexetal. As lendas falan de como un xigante acochou aqu\u00ed, nas ru\u00ednas do castelo, a unha doncela secuestrada, e de como este monte estaba cheo de t\u00faneis secretos que baixaban da fortaleza ata o r\u00edo. Pero ningu\u00e9n nos falara dun lugar, dun lugar alucinante e misterioso que est\u00e1 aqu\u00ed, se cadra orixe e berce destas lendas. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/barreira_6.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/barreira_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Seguindo a canle do mu\u00ed\u00f1o que vedes na primeira destas fotos, veredes que na segunda foto, por riba do muro e da \u00e1rbore, \u00e1brese unha fenda escura. Ao subirdes polo muro da canle (moito coidado, pode derrumbarse), descubriredes un estra\u00f1o lugar. Al\u00ed hai unha pequena cova. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/barreira_7.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/barreira_8.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Pero a\u00ednda que na s\u00faa orixe foi unha cova natural, algu\u00e9n tomouse un traballo extra al\u00ed, nalg\u00fan remoto momento da historia. Picando, ancheou a cova por dentro, aplanou o chan. A canle do mu\u00ed\u00f1o debeu modificar, al\u00f3 polo XVIII ou XIX parte da entrada orixinal, pero segue a\u00ed, intrigante, fascinante. Con cinceis met\u00e1licos, no interior da covi\u00f1a fixeron unha sorte de pequeno asento, gravuras. E, no seu momento, aquela covacha debeu ter alg\u00fan tipo de porta. En ambas as d\u00faas bandas da cova, hai asentos de trabas e portelos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/barreira_9.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/barreira_10.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/barreira_11.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/barreira_13.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>\u00bfQue era este lugar? Mirando desde o interior desta caverni\u00f1a ao bosque e ao r\u00edo, un dec\u00e1tase de que ningu\u00e9n poder\u00eda vivir aqu\u00ed por gusto: hai demasiada humidade, garant\u00eda de tuberculose. Ou se cadra ese era o obxectivo desta caverna, quen sabe. A\u00ed est\u00e1, para quen a queira ver. E, se queredes un consello, aqu\u00ed vos vai: cando vos acheguedes ata al\u00ed, seguide despois do vello mu\u00ed\u00f1o, a\u00ednda que non haxa cami\u00f1o aparente. Chegaredes a un remanso do r\u00edo totalmente tolkiniano, profundo, rodeado de fragas que se derruban e pedra gris que semella acochar todo tipo de t\u00faneis. A\u00ednda estaredes ao p\u00e9 da vella torre invis\u00edbel e diseminada. <\/p>\n<p>A Torre da Barreira \u00e9 un lugar evocador: a poeta estradense Anxos Romeo escribiu deste lugar, dun lugar tan remoto e pr\u00f3ximo como a Torre da Barreira:<\/p>\n<blockquote><p>\nMedo da infancia, do interior<br \/>\ndo oc\u00e9ano alumeado de Boj<\/p>\n<p>Te\u00f1o medo, temos medos<br \/>\nabruptamente acuminados nas r\u00faas,<br \/>\nmais non \u00e9 chuvia,<br \/>\nnin anos reclinados nin coraxes,<br \/>\n\u00e9 a noiva do sepulcro a estatua<br \/>\na que ten a inflamada suavidade das pontes,<br \/>\na Torre da Barreira no pulso fr\u00edo<br \/>\ndo albergue e os cisnes de palla<\/p>\n<p>Somos cor do medo e do silencio, falamos<br \/>\nnun ceo esbrancuxado que se indisciplina \u00f3 caer<\/p><\/blockquote>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Cami\u00f1o de acceso \u00e1 Torre da Barreira. Reportaxe gr\u00e1fica: Sole Moi preto ao Pazo de&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/04\/27\/torre-da-barreira\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">A Torre da Barreira: un secreto subterr\u00e1neo baixo un castelo invis\u00edbel<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":6649,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,8],"tags":[],"class_list":["post-6648","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6648","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6648"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6648\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/6649"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6648"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6648"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6648"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}