{"id":6580,"date":"2009-04-08T22:11:24","date_gmt":"2009-04-08T20:11:24","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=6580"},"modified":"2012-11-27T12:23:56","modified_gmt":"2012-11-27T10:23:56","slug":"castro-valente-a-batalla-das-noite-das-cabras-e-os-zapatos-de-san-xoan","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/04\/08\/castro-valente-a-batalla-das-noite-das-cabras-e-os-zapatos-de-san-xoan\/","title":{"rendered":"Castro Valente: a Batalla da Noite das Cabras e os Zapatos de San Xo\u00e1n"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/lume_noite.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Foto de homer4k<br \/>\n<\/em><br \/>\n<span class=\"drop_cap\">C<\/span>armela (<em>\u00a1grazas!<\/em>) avisoume o outro d\u00eda nos comentarios que no libro <em>A Estrada Rural<\/em>, de Manuel Reim\u00f3ndez Portela, o profesor Olimpio Arca dera algunhas novas lendas sobre o <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2009\/02\/08\/o-castro-valente-e-os-castelos-baleiros\/\">Castro Valente<\/a>, do que xa vos te\u00f1o falado e do que sospeito a\u00ednda vos vou falar m\u00e1is. O que me queda claro \u00e9 que o patrimonio oral ao redor dese lugar \u00e9 inesgot\u00e1bel. Ningunha das lendas que recolleu Arca escoiteina eu, e mira que recoll\u00edn unhas cantas. <\/p>\n<p>Algunha, por exemplo, \u00e9 moi divertida. Aos p\u00e9s do monte do Castro Valente hai unha ermida dedicada a San Xo\u00e1n, nun lugar chamado O Caeiro. Esa \u00e9 a ermida que segundo <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2009\/03\/22\/localizada-a-fonte-de-san-xoan-no-castro-valente\/\">a tradici\u00f3n estaba al\u00f3 antes aos p\u00e9s da muralla de Castro Valente e a fonte<\/a>. De feito, ao car\u00f3n da fonte p\u00f3dese distinguir con claridade as bases dun edificio cadrangular&#8230; Pois ben, unha das lendas -e respira ancestralidade por todas partes- conta que os veci\u00f1os atoparon ao San Xo\u00e1n da ermida ao car\u00f3n da fonte e, cando o quixeron coller, o San Xo\u00e1n escapou monte arriba, seguido polos veci\u00f1os. Ata que non lle deron quitado os zapatos non foron quen de paralo e levalo para a s\u00faa ermida. Por certo, ao car\u00f3n da ermida hai un fermoso cruceiro. A tradici\u00f3n conta que antes estaba noutro lugar, m\u00e1is enriba no monte (m\u00e1is cara Castro Valente), no que se chamou de antigo o Cami\u00f1o do Sal. O cruceiro foi pagado polos arrieiros como protecci\u00f3n m\u00e1xica contra as numerosas bestas bravas e foraxidos que hab\u00eda nesas soedades. Despois foi trasladado ao car\u00f3n da ermida de San Xo\u00e1n. Que hab\u00eda moito animal salvaxe tam\u00e9n se advirte na segunda advocaci\u00f3n do templo, a  San Uberto, patr\u00f3n dos cazadores&#8230;<\/p>\n<p>E logo aparece outra lenda, que se repite con moita frecuencia en moitos castros, e que fala do enxe\u00f1o por riba da forza. Cada mouro &#8220;ti\u00f1a a s\u00faa fogueira&#8221; dentro das murallas do Castro Valente (bonita met\u00e1fora para explicar que a xente non lembraba construci\u00f3ns no interior dese enorme recinto). Para vencelos, ao non poderen entrar nesa muralla inexpugn\u00e1bel, os veci\u00f1os xuntaron todas as cabras do Confurco, Requi\u00e1n, Trasande, Santa Mari\u00f1a, San Miguel e Band\u00edn, at\u00e1ronlle candeas nos cornos e pola noite, coas candeas prendidas, levounas o pastor polo monte de arriba. Pensando os mouros que chegaba un ex\u00e9rcito inmenso de guerreiros, fuxiron e remataron por afogar no Ulla ou ficaron atrapados en Carcac\u00eda. Por certo, nalgures pr\u00f3ximo a Castro Valente, a\u00ednda non sei one, est\u00e1 un chan chamado A Armada, no que hab\u00eda a tradici\u00f3n de que al\u00ed se librara unha gran batalla&#8230;<br \/>\n<a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/reimondez_portela.pdf\"><br \/>\nAqu\u00ed est\u00e1 o pdf<\/a>. Por certo, que pedazo traballo de microhistoria, e microetnograf\u00eda, o de Reim\u00f3ndez Portela na Estrada. E a\u00ednda hai m\u00e1is cousas&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Foto de homer4k Carmela (\u00a1grazas!) avisoume o outro d\u00eda nos comentarios que no libro A&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/04\/08\/castro-valente-a-batalla-das-noite-das-cabras-e-os-zapatos-de-san-xoan\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Castro Valente: a Batalla da Noite das Cabras e os Zapatos de San Xo\u00e1n<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":6582,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,35],"tags":[],"class_list":["post-6580","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-republicas-de-homes-libres","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6580","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6580"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6580\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/6582"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6580"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6580"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6580"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}