{"id":6557,"date":"2009-04-06T00:16:44","date_gmt":"2009-04-05T22:16:44","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=6557"},"modified":"2009-04-06T08:30:50","modified_gmt":"2009-04-06T06:30:50","slug":"a-segunda-tradicion-mitoloxica-de-galicia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/04\/06\/a-segunda-tradicion-mitoloxica-de-galicia\/","title":{"rendered":"A segunda tradici\u00f3n mitol\u00f3xica de Galicia"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/oca_lendas.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Fonte no Pazo de Oca. Foto: Sole<\/em><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">H<\/span>ai unha segunda tradici\u00f3n mitol\u00f3xica en Galicia, al\u00e9n dos mouros, das meigas, dos nubeiros e dos trasnos. Funde as s\u00faas orixes nas cortes do Renacemento, nos primeiros libros impresos e no lecer das donas nas tardes de ver\u00e1n e, por iso, \u00e9 tan desco\u00f1ecida como valiosa, e como a oral, s\u00f3 se pode comprender nos alicerces concretos dun lugar e dun territorio.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.culturagalega.org\/imaxes\/soportais\/libros_1500.jpg\" alt=\"\" align=\"left\" \/>Nun libro recentemente publicado, <em><a href=\"http:\/\/www.culturagalega.org\/lg3\/novidade.php?Cod_prdccn=1500\">A fidalgu\u00eda galega<\/a><\/em>, o historiador Antonio Presedo conta como naceu a clase que xestionou Galicia durante m\u00e1is de catro s\u00e9culos e encheu o pa\u00eds de mansi\u00f3ns blasonadas e xard\u00edns con cipreses, palmeiras e capelas. A maior parte das familias fidalgas que chegaron \u00e1 Galicia actual naceron baixo os saios dos grandes se\u00f1ores da Galicia da segunda metade do s\u00e9culo XV: escudeiros, cortes\u00e1ns, guerreiros, segund\u00f3ns e xente de confianza dos condes de Lemos, de Monterrei, de Ribadavia, dos Andrade ou dos Soutomaior, nas pequenas cortes desta aristocracia ou en mordom\u00edas de control nas s\u00faas m\u00faltiples posesi\u00f3ns. Cando os Reis Cat\u00f3licos levaron para a corte castel\u00e1 \u00e1 gran nobreza galega, comezou o esplendor dos fidalgos e o seu asentamento ata na m\u00e1is remota paisaxe rural, convert\u00e9ndose en xestor\u00edas con escudo \u00e1 sombra de mosteiros e Grandes da aristocracia castel\u00e1. <\/p>\n<p>Os fidalgos, novos se\u00f1ores de facto da terra, non tardaron nada en decatarse do valor que ti\u00f1a a memoria, o inmenso valor de saber do <em>quen ves sendo<\/em> nun sistema no que o pasado ti\u00f1a unha relevancia como lexitimador do teu poder. Os fidalgos sab\u00edan perfectamente que o seu orixe era ben m\u00e1is coti\u00e1 do que quixeran, moitos desde unhas escuras (e labregas) tebras familiares, encumbrados moitas veces m\u00e1is pola s\u00faa pericia na xesti\u00f3n de terras que na conquista de cidades, e desde logo moito m\u00e1is recente do que os seus modelos, os grandes Condes e Duques ao abeiro do Rei; os devanceiros dos Grandes ga\u00f1aran a nobreza merc\u00e9 a guerreiros que se visibilnas acci\u00f3ns da loita contra os reinos \u00e1rabes. <\/p>\n<p>As\u00ed que estas castes comezaron a imaxinar o seu pasado: escribindo eles mesmos, ou encargando a outros, desenvolveron un complexo aparello de historias e lendas que remontaban con facilidade \u00e1 familia ata onde o permitira a imaxinaci\u00f3n e a conveniencia: os devanceiros dos fidalgos galegos loitaron nas grandes batallas da Reconquista, serviron lealmente aos reis visigodos, emparentaron sereas galegas con Rold\u00e1n ou mesmo descenderan de troi\u00e1ns fuxidos trala conquista aquea da Asia Menor.  Crearon unha mitolox\u00eda propia do pa\u00eds e desa caste, unha ins\u00f3lita mestura de feitos reais, de cr\u00f3nic\u00f3ns da \u00faltima Idade Media, de novelas de cabaleir\u00edas como Amad\u00eds de Gaula ou a Materia de Breta\u00f1a ou de romances coma o Cid, Tirante o Branco ou a Chanson de Roland. Esa mitolox\u00eda \u00e1s veces mestur\u00e1base coa tradici\u00f3n oral do territorio do que esa familia proced\u00eda, \u00e1s veces coas m\u00e1is distantes tradici\u00f3ns mitol\u00f3xicas do pa\u00eds, mesturadas de tradici\u00f3n en tradici\u00f3n. Con voz propia, ao longo do s\u00e9culo XVI, moitas das casas fidalgas escribiron a segunda historia m\u00edtica deste pa\u00eds, unha historia que poucas veces foi transmitida a outras clases sociais, pero de profunda ra\u00edz galega Lendas de profunda ra\u00edz galega, vinculadas a solares concretos da nosa xeograf\u00eda. Lendas que soan a Renacemento, pero tam\u00e9n a un ancestral mundo de crenzas mitol\u00f3xicas. Relatos de aventuras prodixiosas, con guerreiros, cabalos, osos, xabar\u00edns, musulm\u00e1ns bravos, baleas e xigantes.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/piedra_y_luz.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">N<\/span>outro fermoso libro, <em>Piedra y Luz<\/em>, o arist\u00f3crata e gastr\u00f3nomo Javier Ozores selecciona unha pequena escolma destas historias. A selecci\u00f3n de Ozores non obedece a criterios de relevancia dese pazo ou castelo, sen\u00f3n ao interese que lle espertou a historia vinculada a el. Con fotograf\u00edas de \u00d3scar Campanioni, <em>Piedra y Luz<\/em> desvela esa certeza moi pouco co\u00f1ecida: que detr\u00e1s de boa parte das casas hist\u00f3ricas do pa\u00eds existe unha lenda fundacional, ligada de xeito indisol\u00fabel \u00e1 casa na que moitas veces se ambienta. Os alicerces de moitos pazos galegos xorden vinculados para sempre a batallas, raptos e fuxidas noturnas. Un patrimonio invis\u00edbel ben vizoso.<\/p>\n<p>Estas lendas naceron, a diferencia da tradici\u00f3n oral, por escrito; escritas con pulcra letra ao inicio das \u00e1rbores xeneal\u00f3xicas familiares. Catro s\u00e9culos de historia forneceron a estes libros de memoria un sinf\u00edn de outras moitas historias, transmitidas de xeraci\u00f3n en xeraci\u00f3n por escrito pero, moitas veces, tam\u00e9n de xeito oral, moitas veces vinculadas \u00e1 casa. Moitas ti\u00f1an que ver con episodios b\u00e9licos, por suposto. Estas familias fidalgas participaron nos dous grandes episodios b\u00e9licos do XIX, a francesada e a carlistada, e as casas conservaban acochos, marcas, fiestras vinculadas \u00e1 defensa, \u00e1 fuxida ou ao acocho. Te\u00f1o escoitado a alg\u00fan fidalgo a\u00ednda describir o papel de alpendres, pendellos, escudos, argolas, fus\u00eds ou sables en episodios familiares de hai douscentos ou trescentos anos. Outra vez, lendas e historia te\u00f1en unha \u00f3ptica privilexiada, \u00e1 que poucas veces lle prestamos atenci\u00f3n. Vai un exemplo.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/rosalia_banco_hermida.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Nesta carballeira do Pazo da Hermida, en Lestrove, Rosal\u00eda de Castro esnaquizaba poemas sen mirar atr\u00e1s. Foto: culturagalega.org<\/em><\/p>\n<p>Unha vez falaba con Mari\u00f1a, a propietaria do <a href=\"http:\/\/www.culturagalega.org\/roteiros\/detalleextra.php?id=6&#038;cod_rtro=4&#038;cod_obx=7\">Pazo da Hermida<\/a>, en Lestrove. Mari\u00f1a \u00e9 unha das poucas familiares de Rosal\u00eda de Castro que viven. Ensinounos o pazo, unha propiedade familiar desde o s\u00e9culo XVI. Eran curm\u00e1ns de Rosal\u00eda: &#8220;ela veuse connosco porque n\u00f3s eramos as\u00ed m\u00e1is progresistas, e non nos importaba que fora filla de solteira&#8221;, afirma Mari\u00f1a contemporizando coma se os feitos sucederan hai unha d\u00e9cada. Al\u00ed estaba a cama de ferro na que pariu a poeta. E despois amosounos un banco nunha carballeira da estensa propiedade do pazo. &#8220;A\u00ed hab\u00eda unha mesa de pedra&#8221;, d\u00edxonos Mari\u00f1a, &#8220;Rosal\u00eda sentaba a\u00ed todas as tardes. E cada poema novo que escrib\u00eda, esnaquiz\u00e1bao en anacos e bot\u00e1bao para atr\u00e1s sen mirar&#8221;. X\u00farovos que vin a escena. Ref\u00edrome a isto.<\/p>\n<p>Cando chegou o s\u00e9culo XIX e XX, estas familias viviron o mesmo sino dos seus antigos se\u00f1ores. Emigraron a Madrid na busca de poder e influencia. Conservaron, nalg\u00fans casos, o solar familiar como unha casa de ver\u00e1n. A multiplicidade de fillos e a finalizaci\u00f3n do morgado fixo in\u00fatil a necesidade da memoria como soporte do poder da casa. E estas historias f\u00f3ronse perdendo, en moitos casos, de xeito irremis\u00edbel, segundo as casas ench\u00edanse de p\u00f3, balor e friaxe. <\/p>\n<p>Durante moito tempo, a etnograf\u00eda e a antropolox\u00eda galega constru\u00edronse a partir da recuperaci\u00f3n da tradici\u00f3n oral e popular. Non nos enganemos: deuse unha confluencia de intereses. Os primeiros etn\u00f3grafos eran xente culta de cerna fidalga intrigados con curiosidade polo Outro, o labrego ou mari\u00f1eiro. Posteriormente, a esquerda encaixou sen dificultade a recuperaci\u00f3n da memoria popular na procura da identidade. E esa identidade foi constru\u00edda, desde finais do XIX e ao longo do XX, a partir do discurso dos mouros, das coplas populares, da etnograf\u00eda agraria. Estas clases ausentes e absentistas abandonaron, en gran medida, o seu pasado. E fix\u00e9ronse invis\u00edbeis na identidade e no imaxinario colectivo actual do pa\u00eds do que boa parte deles, en gran medida, non quixeron axudar a constru\u00edr, ata hoxe: a nobreza galega foi unha das \u00faltimas dos antigos reinos peninsulares en constitu\u00edrse en cap\u00edtulo de seu, hai a penas un ano, a\u00ednda que agora mesmo ten <a href=\"http:\/\/noblezadegalicia.org\/blog\/\">blog<\/a>. <\/p>\n<p>Pero est\u00e1 claro que os tempos cambiaron e podemos observar o noso pasado cunha \u00f3ptica m\u00e1is plural e diversa. Repaso <em>Piedra y Luz<\/em>, algunhas das mi\u00f1as conversas con fidalgos preocupados pola memoria, os marabillosos edificios nos que cabe toda enso\u00f1aci\u00f3n. E penso se non ser\u00eda momento de que recuperaramos esa tradici\u00f3n oral familiar que poder\u00eda alumear, enriquecer e darlle un alento rico e europeo ao noso imaxinario colectivo. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Fonte no Pazo de Oca. Foto: Sole Hai unha segunda tradici\u00f3n mitol\u00f3xica en Galicia, al\u00e9n&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/04\/06\/a-segunda-tradicion-mitoloxica-de-galicia\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">A segunda tradici\u00f3n mitol\u00f3xica de Galicia<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":6558,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-6557","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6557","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6557"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6557\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/6558"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6557"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6557"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6557"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}