{"id":6548,"date":"2009-04-02T00:07:31","date_gmt":"2009-04-01T22:07:31","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=6548"},"modified":"2009-04-02T18:48:17","modified_gmt":"2009-04-02T16:48:17","slug":"factores-para-triunfar-na-gastronomia-popular-galega","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/04\/02\/factores-para-triunfar-na-gastronomia-popular-galega\/","title":{"rendered":"Factores para triunfar na gastronom\u00eda popular galega"},"content":{"rendered":"<p><span class=\"drop_cap\">S<\/span>e vostede quere montar un exitoso negocio de gastronom\u00eda popular, debe ter en conta algunhas variables que son garant\u00eda de \u00e9xito no pa\u00eds das mil grelladas. O primeiro \u00e9 o <em>Quinto Pi\u00f1eirismo<\/em>\u2122 (QP). Debe ubicar o seu restaurante no lugar m\u00e1is afastado posible do pa\u00eds; se fora convinte, sit\u00faeo na pista m\u00e1is remota e complique os indicadores dos cruces para retrasar o m\u00e1ximo pos\u00edbel a chegada dos clientes desde a estrada xeral m\u00e1is pr\u00f3xima. A\u00ednda que os amantes da gastronom\u00eda popular defenden que o \u00fanico importante \u00e9 o produto, en realidade o que presta ao promotor da iniciativa da comida campestre \u00e9 converterse no bravo gu\u00eda que conduza aos seus amigos polas ind\u00f3mitas pistas parroquiais ata o comedeiro final. El \u00e9 o \u00fanico <em>sherpa<\/em> posuidor dos co\u00f1ecementos de viaxe.<\/p>\n<p>O segundo factor asegurador do \u00e9xito, unha vez solucionado o interiorismo e dese\u00f1o do local coa famosa tecnolox\u00eda <em>Desleixo<\/em>\u2122 (DL), \u00e9 aplicar o <em>Mal Humorismo<\/em>\u2122 (MH). \u00c9 moi importante, se vostede \u00e9 o propietario, que durante o horario laboral demostre un malencare continuado no tratamento do cliente, no que lle recrimine os retrasos, as faltas de reservas ou o cheo que ten o local, porque unha norma de uso \u00e9 que canto mellor lle vaia o negocio, m\u00e1is MH\u2122 debe amosar. Tam\u00e9n \u00e9 fundamental falar entre dentes, eliminando as vocais e, fundamental, non mire aos ollos aos se\u00f1ores da esa nin lles amose o m\u00ednimo sorriso, a\u00ednda que se te\u00f1an que conter. Ao cliente resultaralle divertid\u00edsimo ese maltrato <em>ma non troppo<\/em> e o contar\u00e1 o luns na oficina como un elemento m\u00e1is desta aventura gastron\u00f3mica. Iso si, se vostede quere montar un restaurante con algo m\u00e1is de pretensi\u00f3ns (mantel na mesa, paredes pintadas con frecuencia), ev\u00edteo, porque ese mesmo cliente a quen agora lle parece moi divertido non llo tolerar\u00e1, as\u00ed que non se confunda: o MH\u2122 s\u00f3 vale para locais con factor QP\u2122 alto e DL\u2122. <\/p>\n<p>As\u00ed que, se a vostede lle apetece disfrutar da gastronom\u00eda popular con estes factores, pode probar, por exemplo, na Taberna do Riveiro [T: 981809180 \/<a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&#038;hl=gl&#038;oe=UTF8&#038;num=200&#038;start=198&#038;msa=0&#038;msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&#038;ll=42.77937,-8.532901&#038;spn=0.013702,0.036864&#038;z=15\">localizaci\u00f3n<\/a>], en Pite (A Ramallosa, Teo). A Taberna, que na tarxeta se define humildemente como &#8220;a revoluci\u00f3n da hosteler\u00eda&#8221;, combina os tres factores mencionados: est\u00e1 no fondo dunha aldea QP\u2122, rec\u00edbente am\u00e1belmente botellas de Rioja etiquetadas para a Guardia Civil, outras do Douro coa cara dun mozo Aznar rec\u00e9n sa\u00eddo de Quintanilla de On\u00e9simo, ou m\u00e1is al\u00e1 outras de Franco, presididas no centro por algo parecido a un escudo de pedra no medio do cal tres botellas de Carlos I forman a tizi\u00e1nica figura do emperador. O comedor \u00e9 un ecl\u00e9ctico alpendre con h\u00f3rreo e forno incorporado, un gran modelo DL\u2122. Popularmente, o lugar co\u00f1\u00e9cese coma O&#8217;Esparabel, por ofrecer un polbo \u00e1 grella servido en grandes tent\u00e1culos e \u00e1 feira, realmente bo, que despois se pode continuar cunha excelente croca \u00e1 prancha, patacas e ensalada regadas cun perigoso Barrantes. Hai que reservar previamente, porque se non un se exp\u00f3n a unha aut\u00e9ntica exhibici\u00f3n persoal de MH\u2122 por parte do propietario. F\u00e1gano aqu\u00ed: o prezo aproximado \u00e9 de 20 euros por cabeza (polbo, croca, barrantes) e poder\u00e1n ter unha aut\u00e9ntica exhibici\u00f3n de gastronom\u00eda popular e populista onde presumir cos seus amigos!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Se vostede quere montar un exitoso negocio de gastronom\u00eda popular, debe ter en conta algunhas&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/04\/02\/factores-para-triunfar-na-gastronomia-popular-galega\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Factores para triunfar na gastronom\u00eda popular galega<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,7],"tags":[],"class_list":["post-6548","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diario","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6548","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6548"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6548\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6548"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6548"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6548"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}