{"id":654,"date":"2005-07-18T17:42:10","date_gmt":"2005-07-18T15:42:10","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=654"},"modified":"2005-07-18T23:10:39","modified_gmt":"2005-07-18T21:10:39","slug":"loita-descarnada-polo-xornal","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2005\/07\/18\/loita-descarnada-polo-xornal\/","title":{"rendered":"Loita descarnada polo xornal"},"content":{"rendered":"<p>Te\u00f1o un problema: nos \u00faltimos meses ler o xornal antes de traballar  est\u00e1seme a convertir en cousa impos\u00edbel. Non se trata de alg\u00fan tipo de mutaci\u00f3n dixital, sen\u00f3n algo moito m\u00e1is prosaico. Todos temos o <em>noso<\/em> xornal;  podemos estar m\u00e1is ou menos de acordo con el, pero empr\u00e9galo para tentar darlle un pouco de senso ao d\u00eda que comeza entre bouridos biorr\u00edtmicos. Xunto co xornal, te\u00f1o a<em> mi\u00f1a<\/em> cafeter\u00eda. Con b\u00f3s croissants e napolitanas. Con silencio. Sen fume de Ducados no nariz.  T\u00f3dolos d\u00edas sigo unha rutina: como un anaco de croissant, chucho algo de tinta; bebo un grolo de leite. E seguimos coa secuencia ata que son quen de sorrir.<\/p>\n<p>Nos \u00faltimos meses, apareceu unha depredadora. Ten uns cincuenta anos, \u00e9 alt\u00edsima, loira, de osos anchos, aspecto de mando nalg\u00fan departamento auton\u00f3mico e unha coleteira de brillantes. Dase a casualidade que tam\u00e9n ten o <em>seu<\/em> xornal. Que v\u00e9n sendo o mesmo c\u00f3 meu. Coma min, mormulla na barra o seu caf\u00e9 e pouco a pouco, coma min, vaise convertendo en ser humano segundo a cafe\u00edna vai facendo efecto. Emprega t\u00e9cnicas descaradas: por exemplo, se algu\u00e9n est\u00e1 lendo<em> ese <\/em>peri\u00f3dico, p\u00e9gase ao car\u00f3n del -a\u00ednda que non quede espazo na barra- ata que esa persoa o solta. Ou colle dous e agacha o <em>seu<\/em> debaixo do segundo na s\u00faa escala de intereses -que tam\u00e9n coincide co segundo na mi\u00f1a escala-, usando unha cara de indiferencia con respecto aos clientes que mirar resignados para a tele.<\/p>\n<p>O rubio que bebe un zume de laranza \u00e1s 08:35 h., un fulano que tam\u00e9n comparte a afecci\u00f3n por ese xornal, decidiu pasar ao contraataque. T\u00f3dolos d\u00edas cambia a portada d<em>ese<\/em> xornal preferido pola do Marca ou a do As e agarda a chegada da muller \u00e1s 08:45 h. Logo marcha entre gargalladas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Te\u00f1o un problema: nos \u00faltimos meses ler o xornal antes de traballar est\u00e1seme a convertir&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2005\/07\/18\/loita-descarnada-polo-xornal\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Loita descarnada polo xornal<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-654","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/654","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=654"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/654\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=654"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=654"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=654"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}