{"id":6435,"date":"2009-03-16T23:32:12","date_gmt":"2009-03-16T21:32:12","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=6435"},"modified":"2011-03-01T23:20:58","modified_gmt":"2011-03-01T21:20:58","slug":"o-castro-de-bexo-dodro-unha-vila-prehistorica-coas-casas-a-flor-de-terra","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/03\/16\/o-castro-de-bexo-dodro-unha-vila-prehistorica-coas-casas-a-flor-de-terra\/","title":{"rendered":"O Castro de Bexo (Dodro): unha vila prehist\u00f3rica coas casas a flor de terra"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bexo_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Ubicaci\u00f3n do Castro de Bexo. Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bexo_4.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Base dunha casa castrexa<\/em><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">D<\/span>esde que estivemos en <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2009\/02\/08\/o-castro-valente-e-os-castelos-baleiros\/\">Castro Valente<\/a>, fiquei moi intrigado polos Castelos Baleiros, eses espazos acotados por soberbias murallas con nada no interior. Si, quedei cismando, e quedei cismando na ribeira do Ulla. Que souberamos, hab\u00eda outro castro na beira do r\u00edo que segu\u00eda o patr\u00f3n de dese\u00f1o de Castro Valente: o impo\u00f1ente Castro das Cercas, na parroquia de Isorna (Rianxo). Un d\u00eda contareivos del, que hai moito que dicir. \u00bfPod\u00eda haber un patr\u00f3n cultural neste tipo de castros? \u00bfUn modelo moi definido na ribeira do Ulla?\u00bfPor que?\u00bfDe onde provi\u00f1a?<\/p>\n<p>Nun segundo plano, con todo, rumi\u00f1aba nalgo que deixou caer Carlos de Rianxo o outro d\u00eda: no Castro de Bexo (Dodro) a\u00ednda se v\u00edan as casas. A casualidade quixo que o outro d\u00eda dera con esta noticia: uns concienciados motocrossistas dedic\u00e1banse a esfarelar as ru\u00ednas dese castro, ao que os veci\u00f1os lle chamaban As Murallas. <\/p>\n<p>A curiosidade activouseme de todo. \u00bfAs <em>Murallas<\/em>? Subimos nunha fermosa ma\u00f1\u00e1 de s\u00e1bado ata o lugar. O Castro de Bexo [<a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&#038;hl=es&#038;oe=UTF8&#038;num=200&#038;start=198&#038;msa=0&#038;msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&#038;ll=42.709561,-8.729324&#038;spn=0.05487,0.143337&#038;t=h&#038;z=13\">localizaci\u00f3n<\/a>] at\u00f3pase na fronteira monta\u00f1osa natural entre as terras do Ulla e a actual comarca do Barbanza. Non ser\u00eda raro que no pasado tam\u00e9n fose unha divisi\u00f3n, e al\u00ed comezase o territorio dos Celtas Praestamaricos, que as\u00ed lle chamaba Plinio \u00e1s xentes que viv\u00edan na pen\u00ednsula arous\u00e1n. Ao chegarmos, entre emoci\u00f3n, decat\u00e1monos de que aquelo que lle dixeran a Carlos era certo, e moi certo. <\/p>\n<p>Ao subirmos ao primeiro parapeto, ao vermos a muralla de pedra, comezamos a observar algo que acontece moi poucas veces nisto da arqueolox\u00eda. Sen excavaci\u00f3n previa, malia ficaren maltratadas polos traballos forestais, vela\u00ed estaban. Casas, si. A\u00ednda se reco\u00f1ec\u00edan as antigas casas castrexas. Por todas partes. Dous mil anos despois, alg\u00fans cimentos a\u00ednda en p\u00e9. Subimos a un segundo recinto. Ao leste, al\u00ed onde non chegaban as m\u00e1quinas forestais, distingu\u00edase perfectamente a muralla e toda sorte de identificaci\u00f3ns. Seguimos ascendendo no castro. A sorpresa m\u00e1is grande foi no cumio do monte. Mesto de \u00e1rbores, decat\u00e1monos de que ti\u00f1amos que ir con coidado para non darnos un tortazo. Al\u00ed, no alto, apreix\u00e1banse as antigas casas dos nosos devanceiros. Hab\u00eda furados enormes que afondaban, al\u00ed onde estivera o centro das casas, cubertos por unha espesa capa de frouma. Al\u00f3, m\u00e1is adiante, sobresa\u00eda un basti\u00f3n. <\/p>\n<p>Contei non menos de vinte casas apreci\u00e1beis a simple vista, tal e como as abandonaran hai dous mil anos. E recintos? Intramuros hab\u00eda tres; a segunda muralla percorr\u00eda todo o outeiro penedento e nela tam\u00e9n hab\u00eda casas, especialmente na banda norte. No oeste, unha poderosa muralla con curiosas edificaci\u00f3ns adosadas polo exterior. E, ao norte, nunha zona chan, na base do recinto, un sospeitoso valado que parec\u00eda acotar unha zona de cultivo, ou algo as\u00ed, a\u00ednda que esa zona, a m\u00e1is acces\u00edbel, est\u00e1 arrasada pola explotaci\u00f3n forestal de eucaliptos. <\/p>\n<p>Se non sufrira a continua e actual agresi\u00f3n forestal e as dos tipos do motocross, este castro, lonxe dos n\u00facleos actuais de poboaci\u00f3n, ser\u00eda o mellor conservado da zona. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bexo_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Basti\u00f3n SE<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bexo_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Muralla Oeste<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bexo_5.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Casa no cumio do castro<\/em><\/p>\n<p>Actualizaci\u00f3n: 1\/03\/2011: Estivemos bot\u00e1ndolle unha pequena ollada ao Castro de Bexo e apareceu unha terceira muralla, moi consistente e de car\u00e1cter monumental, por baixo das que supu\u00f1amos. A \u00e1rea do castro multipl\u00edcase, e non me estra\u00f1ar\u00eda que superara as 3,5 has., a\u00ednda que haber\u00eda que revisar con atenci\u00f3n toda unha zona chea de masa forestal e bastante impracticable que \u00e9 a que se ve oca na seguinte gr\u00e1fica. A seguinte gr\u00e1fica ten unicamente car\u00e1cter ilustrativo, pero non ten dimensi\u00f3ns nin proporci\u00f3ns. Entre esta \u00faltima muralla m\u00e1is externa e a intermedia apr\u00e9cianse restos de muros bastante raros. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/bexo_provisional.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>O parapeto ubicado m\u00e1is ao norte co seu muro de terra e foxo para min \u00e9 toda unha inc\u00f3gnita. Se ese parapeto corresponde \u00e1 mesma \u00e9poca do resto do castro, poderiamos estar a falar dun <i>oppidum<\/i>, un tipo de castro moi grande e monumental caracter\u00edstico do sur de Galicia e norte de Portugal, pero raro aqu\u00ed. Cada vez conf\u00edrmase m\u00e1is a nosa intuici\u00f3n: este \u00e9 un xacemento de primeira. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ubicaci\u00f3n do Castro de Bexo. Fotos: Sole Base dunha casa castrexa Desde que estivemos en&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/03\/16\/o-castro-de-bexo-dodro-unha-vila-prehistorica-coas-casas-a-flor-de-terra\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O Castro de Bexo (Dodro): unha vila prehist\u00f3rica coas casas a flor de terra<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":6436,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,18,8],"tags":[],"class_list":["post-6435","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6435","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6435"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6435\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/6436"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6435"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6435"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6435"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}