{"id":6365,"date":"2009-03-04T23:01:28","date_gmt":"2009-03-04T21:01:28","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=6365"},"modified":"2009-05-11T13:35:59","modified_gmt":"2009-05-11T11:35:59","slug":"flavio-morganti","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/03\/04\/flavio-morganti\/","title":{"rendered":"Flavio Morganti: un artes\u00e1n da gastronom\u00eda en Pereiro de Aguiar"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/flavio_xantanza_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Foto: Manoel Foucellas<\/em><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">F<\/span>lavio Morganti \u00e9 un coci\u00f1eiro con alma e visi\u00f3n. Nada m\u00e1is sentarnos no restaurante Galileo para inciar a VIII Xantanza de Blogastr\u00f3nomos, abr\u00edn o men\u00fa para curiosear o que nos vir\u00eda pola mesa. O men\u00fa estaba encabezado por unha frase: <\/p>\n<blockquote><p>O grande erro do momento: industrializar a artesan\u00eda gastron\u00f3mica. O reto: &#8220;artesanar&#8221; a industria e manter os valores dos produtos.\n<\/p><\/blockquote>\n<p>Te\u00f1o falado bastante con Morganti destes temas. A frase resume un pouco o seu xeito de proceder. Analiza situaci\u00f3ns que lle preocupan e acto seguido, dalg\u00fan xeito, invol\u00facrase en soluci\u00f3ns para elas. Co seu libro <em>Vacas<\/em> pasou un pouco o mesmo. Involucrouse na reivindicaci\u00f3n do animal patrio, que diagnosticaba como o gran esquecido da restauraci\u00f3n galega, e acabou ensarillado na investigaci\u00f3n e na promoci\u00f3n de Vac.1, a nova marca de carne de vaca promovida desde a Conseller\u00eda sa\u00ednte de Medio Rural. Ese \u00e9 un pouco Flavio Morganti, un coci\u00f1eiro activo e activista, coas ideas persoais, moi claras, disposto a reinvidicar o momento e a intervir nel. Que queren que lles diga, a min ponme iso de comezar a xantar cun manifesto de actuaci\u00f3n.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/flavio_xantanza_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Carpaccio de remolachas con salmonete e caballa, matices de frutos secos. Foto: Sole<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/flavio_xantanza_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Esencia evaporada de rabo de vaca, falsos tallar\u00edns e tropez\u00f3ns de carabineiros. Foto: Manoel Foucellas<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/flavio_xantanza_4.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Taco de bacalao con caldo de choqui\u00f1o e iodo. Foto: C\u00e9sar R. Carril<\/em><\/p>\n<p>E a Xantanza foi un impec\u00e1bel desfile de pratos que definen a personal\u00edsima coci\u00f1a de Flavio, no que se perciben m\u00faltiples influencias, de aqu\u00ed (Galicia), de al\u00e1 (Italia) e do entremedio (as lecturas, as viaxes, as ideas), ao servizo dunha coci\u00f1a de altura. Neste men\u00fa, o coci\u00f1eiro coido especialmente a presenza dos peixes. Non conto aqu\u00ed todos os pratos, sen\u00f3n aqueles cos que vos podedes facer unha idea m\u00e1is ou menos exacta de por onde foi a cousa. Por exemplo, o xogo de combinaci\u00f3ns de <em>caballa e salmonete sobre o carpaccio de remolacha<\/em> (excelente e ins\u00f3lita a combinaci\u00f3n remolacha + caballa, nunha cocci\u00f3n diferente ao salmonete), un magn\u00edfico <em>taco de bacalao con caldo de choqui\u00f1o e iodo<\/em>, no que o dulz\u00f3n do caldo de chocos contrastaba coa lixeira salgaz\u00f3n do peixe, ou <em>esencia evaporada de rabo de vaca, falsos tallar\u00edns e tropez\u00f3ns de carabineiros<\/em>, un curioso consom\u00e9, se cadra algo pasado de sal, pero dun intenso sabor mar-monta\u00f1a ao que, despois de cinco en d\u00edas en Catalu\u00f1a, me vou afacendo.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/flavio_xantanza_5.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Foto: Sole<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/flavio_xantanza_6.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Foto: Manoel Foucellas<\/em><\/p>\n<p>O prato de ravioli de lac\u00f3n con grelos foi outra destas apelaci\u00f3ns \u00e1 fusi\u00f3n de procedencias, e ve\u00f1a o queixo parmesano mestur\u00e1ndose co lac\u00f3n e a pasta de grelos. De morrer, se\u00f1ores. Morganti \u00e9 un aut\u00e9ntico especialista nesta pasta, coa que ten unha querencia especial, pero despois chegou esta impresionante <em>Celtic Queen Cow Luismi Premium VAC.1<\/em>. Parece un retrouso, pero o Luismi \u00e9 o distribuidor, Vac.1 \u00e9 a marca e, coincido co Gourmet, nin idea do que \u00e9 a Celtic Queen Cow, pero supo\u00f1o que fai referencia \u00e1 procedencia do animal sacrificado. Isto \u00e9 para carne lovers, sen d\u00fabida. Unha carne de m\u00e1xima calidade. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/flavio_xantanza_7.jpg\" alt=\"\" \/><em>Foto: C\u00e9sar R. Carril<\/em><\/p>\n<p>Para rematar, varios postres. Te\u00f1o que sobrancear este: sabores de pino galego. Se Flavio fai artesan\u00eda, esta \u00e9 a ouriver\u00eda de todas as artesan\u00edas. T\u00f3malo e s\u00e9nteste nun pinal resinoso. Fresco, bals\u00e1mico, espectacular. <\/p>\n<p>De beber, foi unha escolma de vi\u00f1os galegos. Comezamos por un Lapola 2005, que non me convenceu demasiado -falt\u00e1balle gusto, fondo-, e seguimos por un A Torna dos Pas\u00e1s Escolma, que \u00e9 un dos mellores tintos do Ribeiro, fresco, \u00e1cido, bals\u00e1mico, e dunha elegancia innata. Finalizamos cun valor seguro, o Gorvia Quinta do Muradella 2005, para min un dos cinco mellores tintos galegos e un exemplo da complexidade que poden adquirir os tintos atl\u00e1nticos. O se\u00f1or Jos\u00e9 Posada, que se nos apuntou ao xantar, suxeriu complementar os postres cun excelente Tokaji Oremus de 5 puttonyos (un d\u00eda explicarei o que son os puttonyos). <\/p>\n<p>O xantar foron 80 euros por cabeza, entre o men\u00fa (55 euros) e os vi\u00f1os. O men\u00fa tivo unha gran altura e, sobre todo, unha personalidade \u00fanica, como a do seu executor, o artesano gastron\u00f3mico Flavio Morganti. Eu sempre o digo: paga a pena baixar ata Pereiro de Aguiar para disfrutar, neste marabilloso comedor do Restaurante Galileo, da ledicia de xantar, da ledicia de crer, como dir\u00eda Morganti, nos valores dos produtos. <\/p>\n<p>Outras visi\u00f3ns: <a href=\"http:\/\/gourmetymerlin.blogspot.com\/2009\/03\/viii-xantanza-restaurante-galileo.html\">Gourmet de Provincias<\/a>, <a href=\"http:\/\/viticulturista.blogaliza.org\/2009\/03\/02\/xantanza\/\">Vitic\u00f3logo dos Bagos<\/a>, <a href=\"http:\/\/unacocinadelokos.blogspot.com\/2009\/03\/viii-xantanza-el-menu-vegetariano-de.html\">Una cocina de lokos<\/a>. E quero agradecer a <a href=\"http:\/\/www.soledadfelloza.com\/la-caja\">Soledad Felloza<\/a> o traballazo que se pegou para organizar todo o evento.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Foto: Manoel Foucellas Flavio Morganti \u00e9 un coci\u00f1eiro con alma e visi\u00f3n. Nada m\u00e1is sentarnos&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/03\/04\/flavio-morganti\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Flavio Morganti: un artes\u00e1n da gastronom\u00eda en Pereiro de Aguiar<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":6358,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-6365","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6365","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6365"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6365\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/6358"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6365"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6365"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6365"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}