{"id":6352,"date":"2009-03-03T01:29:56","date_gmt":"2009-03-02T23:29:56","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=6352"},"modified":"2009-03-03T01:41:47","modified_gmt":"2009-03-02T23:41:47","slug":"perigosa-agresion-ao-patrimonio-cultural-no-coto-da-amoreira-en-boiro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/03\/03\/perigosa-agresion-ao-patrimonio-cultural-no-coto-da-amoreira-en-boiro\/","title":{"rendered":"Perigosa agresi\u00f3n ao patrimonio cultural no Coto da Amoreira, en Boiro"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/coto_amoreira_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/coto_amoreira_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Unha pista c\u00e1rgase parte do per\u00edmetro arqueol\u00f3xico, unha calzada e unha posible estrutura defensiva do castro do Coto da Amoreira. Fotos: Xurxo Gago<\/em><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">E<\/span>ste s\u00e1bado, tralo III Encontro Arqueol\u00f3xico do Barbanza celebrado no Centro Arqueol\u00f3xico do Barbanza, en Neix\u00f3n (Boiro), sub\u00edn cuns amigos ata o Coto da Amoreira [<a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&#038;hl=es&#038;oe=UTF8&#038;num=200&#038;start=198&#038;msa=0&#038;msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&#038;ll=42.697088,-8.905599&#038;spn=0.010298,0.022745&#038;t=h&#038;z=16\">localizaci\u00f3n<\/a>]. O Coto \u00e9 un lugar moi querido por min. Est\u00e1 ubicado nun espol\u00f3n que se pendura desde os Chans, o alto da Serra do Barbanza, sobre a r\u00eda de Arousa. Tr\u00e1tase dun castro nun excepcional estado de conservaci\u00f3n. Para que vos fagades unha idea, cando non ten un enorme mato de toxo, p\u00f3dense apreciar a simple vista as casas circulares dos seus moradores nas diferentes terrazas da acr\u00f3pole. Unha boa muralla rodea o per\u00edmetro, e no seu interior mesmo hai un petr\u00f3glifo e unha curiosa cabana de pastores. O Coto \u00e9 un dos castros m\u00e1is interesantes do Barbanza.<\/p>\n<p>Cal ser\u00eda a nosa sorpresa cando, ao chegarmos al\u00ed, descubrimos unha nova pista forestal que arrasara parte do per\u00edmetro de protecci\u00f3n arqueol\u00f3xica e a antiga calzada -posiblemente de orixe prerromana- que sub\u00eda ata al\u00ed e, se cadra, parte dos vestixios superficiais da parte baixa da acr\u00f3pole. A pista estaba rec\u00e9n feita, e a\u00ednda na fase de desmonte. As m\u00e1quinas remexeran unha boa cantidade de terra e pedra e bot\u00e1rana a un car\u00f3n, pero a\u00ednda pod\u00edan facer m\u00e1is dano. Unha barbaridade.<\/p>\n<p>Con indignaci\u00f3n, chamei ao d\u00eda seguinte, domingo, nada m\u00e1is espertar, ao 082 (Garda Civil) para dar parte. &#8220;Ap\u00farense&#8221;, d\u00edxenlle, &#8220;non sei se as m\u00e1quinas volver\u00e1n o luns&#8221;. \u00c1s once xa hab\u00eda unha patrulla na zona \u00e1 que o meu irm\u00e1n guiou ata o castro. Tras facer as comprobaci\u00f3ns pertinentes, cham\u00e1ronme da Garda Civil de Boiro. &#8220;Si, o castro est\u00e1 protexido e parecen existir danos. Xa pode vostede facer a denuncia&#8221;, inform\u00e1ronme. Quedeime sorprendido. &#8220;Pero vostedes non van facer nada?&#8221;, preguntei. &#8220;Sen denuncia, non podemos&#8221;. Quedei estupefacto. \u00bfAs forzas do orde non deben actuar <em>de oficio<\/em> en caso de delictos contra o Patrimonio? Non sei. Non ti\u00f1a tempo de pensalo. E tampouco posu\u00eda tempo material para achegarme ata Boiro.<\/p>\n<p>Hoxe pola ma\u00f1\u00e1 chamei \u00e1s 9:30 h. ao concello de Boiro para informar da agresi\u00f3n. Mentres, cursaba a denuncia na Polic\u00eda Nacional de Santiago pregando que axilizaran os tr\u00e1mites o m\u00e1ximo posible, xa que o xacemento se atopaba en perigo inminente e eu non me pod\u00eda desprazar en persoa a Boiro ata o cuartel da Guarda Civil a formalizar o aviso. &#8220;Poder\u00e1 tardar tres ou catro d\u00edas&#8221;, inform\u00e1ronme na Polic\u00eda, &#8220;mentres o xulgado de Santiago se inhibe e o enviamos a Boiro&#8221;. Sent\u00edn unha forte sensaci\u00f3n de indefensi\u00f3n. \u00bfEst\u00e1 o noso patrimonio cultural realmente tan desprotexido?\u00bfPode a burocracia policial e xudicial permitir que un xacemento se estrague, malia seren advertidos? Na mi\u00f1a denuncia, fago que conste un par\u00e1grafo que chama a atenci\u00f3n sobre a urxencia dos feitos.<\/p>\n<p>Sa\u00edn preocupado da Polic\u00eda Nacional e funme para o Mosteiro de Bonaval, onde est\u00e1 unha parte das oficinas da Direcci\u00f3n Xeral de Patrimonio. &#8220;Inspecci\u00f3n est\u00e1 en San Caetano&#8221;, inform\u00e1ronme, &#8220;isto \u00e9 Conservaci\u00f3n&#8221;. Merda. Afortunadamente, o xefe de servizo atendeume amablemente. Sacou do arquivo o expediente de catalogaci\u00f3n que a Xunta ten do Coto desde o ano 1984. Sobre el, indiqueille a zona afectada. Por tel\u00e9fono, o funcionario falou co xefe dos inspectores de Patrimonio. &#8220;Ac\u00e1banos de chegar unha notificaci\u00f3n&#8221;, informoume. Nese momento xusto cham\u00e1ronme do concello de Boiro. V\u00edctor Barbeito, arque\u00f3logo municipal, deume conta do que estaban facendo desde al\u00ed: &#8220;os feitos ocorreron hai un mes. Unha madeireira fixo esa pista forestal. Xa o notificamos a Patrimonio tras informar \u00e1 madeireira de que deb\u00eda deter a construci\u00f3n da pista&#8221;. En Bonaval, o xefe de servizo tranquilizoume: &#8220;imos mandar rapidamente este expediente arriba, ao servizo de inspectores&#8221;. Conf\u00edo na eficiencia dos funcionarios tanto municipais como auton\u00f3micos, que mantiveron un proceder impec\u00e1bel, pero non deixo de estar intranquilo polos prazos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/coto_amoreira_3.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Mentres nos apuramos aqu\u00ed, as m\u00e1quinas, como amosa a foto de embaixo, seguen preto do castro, en tarefas de desmonte. <\/p>\n<p>Quen me mandar\u00e1 a min meterme nestes sarillos. Como cidad\u00e1n, te\u00f1o a conciencia tranquila, pero iso non me libera de estar inquedo de que se produza un atentado maior nos vindeiros d\u00edas. Aqu\u00ed, e na mi\u00f1a denuncia, queda constancia.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha pista c\u00e1rgase parte do per\u00edmetro arqueol\u00f3xico, unha calzada e unha posible estrutura defensiva do&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/03\/03\/perigosa-agresion-ao-patrimonio-cultural-no-coto-da-amoreira-en-boiro\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Perigosa agresi\u00f3n ao patrimonio cultural no Coto da Amoreira, en Boiro<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":6353,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,8],"tags":[],"class_list":["post-6352","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6352","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6352"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6352\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/6353"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6352"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6352"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6352"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}