{"id":6239,"date":"2009-02-07T23:01:28","date_gmt":"2009-02-07T21:01:28","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=6239"},"modified":"2009-02-07T23:16:47","modified_gmt":"2009-02-07T21:16:47","slug":"fantasia-real-como-a-vida-mesma","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/02\/07\/fantasia-real-como-a-vida-mesma\/","title":{"rendered":"Fantas\u00eda real como a vida mesma"},"content":{"rendered":"<p><span class=\"drop_cap\">E<\/span>ntramos na igrexa, en penumbra. Algunha raiola de luz invernal -tan escasa- entraba polas fiestras. Sabiamos ao que iamos. Subimos r\u00e1pido as escaleiras do presbiterio, pero o que buscabamos desaparecera. Vin un home enorme sentado no interior da sancrist\u00eda. Non nos sentiu chegar. Manti\u00f1a un c\u00f3bado apoiado na mesa, a cara inm\u00f3bil como unha pedra mirando para unha xanela vidriada. <\/p>\n<p>-\u00bfPodemos descubrilo?<\/p>\n<p>Non me escoitou. Tras insistir moito, o home virou a cabeza. Miroume, fixo unha mueca distra\u00edda, pronunciou unhas frases demasiado guturais como para seren entendidas e volveu ao seu illamento no cristal vidriado. Intu\u00edn a s\u00faa aprobaci\u00f3n. <\/p>\n<p>Axeonlleime diante do altar. Non sab\u00eda como \u00eda aquelo. Sab\u00eda que o que buscabamos estaba embaixo da mesa, detr\u00e1s dese retablo. Axi\u00f1a, por detr\u00e1s dun escudo her\u00e1ldico labrado na t\u00e1boa, atopei a fisga delatora que sinalaba a existencia do discreto portelo. Agarrei o escudo pola coroa e tirei cara min. Nada. Introduc\u00edn nervioso os dedos entre a fisga, desbloqueei unha sorte de cancelo e purrei para dentro. A base do altar abriuse de par en par, as d\u00faas follas bot\u00e1ronse para atr\u00e1s revelando un subterr\u00e1neo na cabeceira da igrexa. Da escuridade, baixo esa igrexa, apareceu unha gran pedra, unha gran columna labrada, antiga coma o mundo. O famoso altar de Neptuno, punto de comezo dunha historia de dous mil anos. E, nese subterr\u00e1neo, por riba do antigo altar pag\u00e1n, ao fondo, ao acostumarmos a pupila \u00e1 escuridade, comezamos a descubrir moedas, moedas, moedas.<\/p>\n<p><em>Poder\u00eda ser unha pasaxe de calquera novela de misterio hist\u00f3rico das que tan de moda estiveron estes anos. Pero \u00e9 a realidade. E iso \u00e9 o que nos pasou hoxe, nun paseo vespertino polo centro hist\u00f3rico de Padr\u00f3n, ao visitar na igrexa de Santiago o famoso Pedr\u00f3n no que as lendas falan que amarrou a barca de pedra do Ap\u00f3stolo. O que quero recalcar \u00e9 a complexa capa de significados, situaci\u00f3ns, e a capacidade inesgot\u00e1bel do pa\u00eds para marabillar simplemente con que deixemos que as cousas se produzan e cambiemos a \u00f3ptica coa que as miramos. E, por certo, para que vexas que o lugar contado \u00e9 tan real como fantastico, <a href=\"http:\/\/acitc.blogaliza.org\/\">Makeijan<\/a> fixo unha foto do momento que podes ver no interior do post<\/em><\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/pedron.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Entramos na igrexa, en penumbra. Algunha raiola de luz invernal -tan escasa- entraba polas fiestras.<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/02\/07\/fantasia-real-como-a-vida-mesma\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Fantas\u00eda real como a vida mesma<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":6240,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[18,8],"tags":[],"class_list":["post-6239","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-notas-arqueoloxicas","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6239","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6239"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6239\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/6240"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6239"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6239"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6239"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}