{"id":6232,"date":"2009-02-08T19:01:25","date_gmt":"2009-02-08T17:01:25","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=6232"},"modified":"2012-11-27T12:24:12","modified_gmt":"2012-11-27T10:24:12","slug":"o-castro-valente-e-os-castelos-baleiros","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/02\/08\/o-castro-valente-e-os-castelos-baleiros\/","title":{"rendered":"O Castro Valente e os Castelos Baleiros"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/valente_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Buscando no interior de Castro Valente<\/em><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">H<\/span>ai unha semana e media, Xos\u00e9 Ram\u00f3n Angueira, lector de Cap\u00edtulo 0, pas\u00e1bame unha ligaz\u00f3n a un PDF dunha catalogaci\u00f3n arqueol\u00f3xica pret\u00e9rita de Padr\u00f3n que figura no PXOM da vila. Na \u00faltima p\u00e1xina da catalogaci\u00f3n, algo chamou a mi\u00f1a atenci\u00f3n: un lugar chamado Castro Valente. Non era s\u00f3 o nome, sen\u00f3n os datos que se ofrec\u00edan na carta. No alto dun monte pr\u00f3ximo a Herb\u00f3n, unha muralla de pedra de quil\u00f3metro e medio pechaba un recinto dunhas dez hect\u00e1reas, pero non se sab\u00eda moi ben a que \u00e9poca hist\u00f3rica correspond\u00eda: un dilatado abano hist\u00f3rico que pod\u00eda ir da \u00e9poca castrexa, romana ou medieval. \u00bfQuil\u00f3metro e medio de muralla de pedra, dixen?\u00bfQue protexen 10 hect\u00e1reas de terreo no alto dun monte? Lembremos que o castro considerado m\u00e1is grande da Galicia actual, San Cibr\u00e1n de L\u00e1s, en San Amaro, Ourense, ten unhas dimensi\u00f3ns similares. Pero a Castro Valente non o co\u00f1ec\u00eda ningu\u00e9n.<\/p>\n<p>Non tardamos nada en achegarnos ata este lugar. Cando subes ata al\u00ed desde Pontecesures, o primeiro que sorprende \u00e9 a enorme mole monta\u00f1osa que acada os 400 metros de altura, distante de calquera n\u00facleo habitado. Chegar andado desde a aldea m\u00e1is pr\u00f3xima, o Confurco, pode levar uns corenta ou corenta e cinco minutos. O castro est\u00e1 situado no cumio dunha consider\u00e1bel monta\u00f1a que forma un meandro do Ulla, al\u00ed onde remata a parroquia de Herb\u00f3n e o Ulla t\u00f3rnase agresivo e enc\u00e1\u00f1ase antes de sa\u00edr, m\u00e1is tarde, aos suaves campos de Vedra; a s\u00faa superficie \u00e9 fr\u00eda, varrida dos ventos, h\u00famida, pero s\u00ednteste no medio dunha encrucillada visual. A \u00faltima hora do ser\u00e1n brilla o Ulla, ves como confl\u00fae co Sar, como o cami\u00f1o de prata desemboca a r\u00eda de Arousa; ves a sombra de S\u00e1lvora e o Grove, a entrada do Oc\u00e9ano. Se das a volta, dec\u00e1taste que est\u00e1s \u00e1 altura do Pico Sacro, \u00e1brese o val de Vedra e a Ulla ata o paso de San Xo\u00e1n da Cova. Non sabemos quen fixo isto, pero sabemos que a orograf\u00eda do lugar \u00e1 moi especial e privilexiada, confluencia da terra e do mar, h\u00e1bitat do r\u00edo e da monta\u00f1a solitaria, lugar de encontro ou de l\u00edmite dos diferentes pobos que habitaron a Gallaecia antes da invasi\u00f3n romana, <a href=\"http:\/\/farm1.static.flickr.com\/169\/371939165_025bac20f2_b.jpg\" data-rel=\"lightbox-image-0\" data-rl_title=\"\" data-rl_caption=\"\" title=\"\">segundo os detallou Plinio<\/a>.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/valente_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Muralla NW<\/em><\/p>\n<p>Estamos na cimeira do Castro Valente. Malia a salvaxe destruci\u00f3n cometida pola construci\u00f3n dos cortalumes e as pistas forestais e a espesa capa de toxo que xa vai medrando despois do incendio do 2007, quedas pasmado cando ves esa gran muralla de pedra, de m\u00e1is de dous metros e medio de espesor, rodea e cingue ata onde a perdes coa vista estes chans do cumio. \u00c9 unha vasta extensi\u00f3n en lixeiro descenso cara o suroeste coa sobria paisaxe t\u00edpica do alto das serras galegas: tres outeiros pedregosos, bra\u00f1as, mananciais que crean regatos que logo baixan pola monta\u00f1a, herba, toxo, \u00e1rbores deitadas polo vento. E nada m\u00e1is, en apariencia.<\/p>\n<p>Ag\u00e1s en determinadas \u00e1reas pr\u00f3ximas \u00e1 muralla, non se aprecian outras estruturas que esta muralla que cingue unha superficie lunar. Raro: habitualmente nos castros de monta\u00f1a \u00e9 doado apreciar restos de construci\u00f3ns. Pero aqu\u00ed non sabemos que defende exactamente esta enorme cerca. Vaiseche quedando cara de parvo. Unha ollada m\u00e1is detida permitiunos apreciar algunha actividade humana, moi lene, sobre superficie lunar. Entre os outeiros pedregosos e a muralla oriental uns muretes parecen pechar as bra\u00f1as, con finalidade imprecisa, pode que agr\u00edcola. Na primeira visita, a penas nos deu tempo a chegar ao alto do monte e saudar a Xos\u00e9 Ram\u00f3n, que entrara pola banda sur. O vento comezara a zoar como tolo al\u00ed arriba, e hab\u00eda previsi\u00f3n de temporal. Baixamos con m\u00faltiples interrogantes, com\u00e9ndonos a cabeza co lugar toda a semana. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/excursionistas.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Excursionistas na Curota, Pobra do Carami\u00f1al, con Valle Incl\u00e1n, nos anos 20. Foto: Museo Valle-Incl\u00e1n<\/em><\/p>\n<h3>Debullando nos arquivos<\/h3>\n<p><span class=\"drop_cap\">D<\/span>ecid\u00edn comezar a investigar a ver que nos contaban os papeis. Descubro que o castro estivo <em>de moda<\/em> nos anos 10 do pasado s\u00e9culo, e debeu ser tema com\u00fan en moitas conversaci\u00f3ns eruditas da \u00e9poca, nun momento no que comezou a interrogaci\u00f3n cient\u00edfica, a exploraci\u00f3n en campo do noso pasado e o excursionismo ilustrado a lugares emblem\u00e1ticos do noso patrimonio arqueol\u00f3xico. A xulgar pola documentaci\u00f3n -escasa- que atopei sobre o lugar, deume a risa: os nosos ilustres antecesores en facerse preguntas sobre o lugar viviran a mesma sensaci\u00f3n que n\u00f3s: o asombro, a estra\u00f1eza, a sorpresa, o non entender, tan estra\u00f1o \u00e9 este lugar. Na cultura cibern\u00e9tica, diriamos que o lugar \u00e9 un WTF, un <em>what the fuck&#8230;!<\/em>. A primeira referencia que atopei foi do docto coengo da Catedral de Santiago, L\u00f3pez Ferreiro que, na s\u00faa monumental historia do arcebispado [<a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/valente_ferreiro.pdf\">ler orixinal en PDF<\/a>], tenta explicar este &#8220;<em>formidable<\/em>&#8221; castro deste xeito:<\/p>\n<blockquote><p>No sabemos si ser\u00eda un campamento romano o un lugar de refugio para los Irienses en caso de apuro.<\/p><\/blockquote>\n<p>O <em>non saber<\/em> ser\u00e1 t\u00f3nica de todos os textos que atopemos. O historiador Manuel Murgu\u00eda debeu pasar aqu\u00ed enriba, sufrindo ventos e soles, algunhas horas. A Murgu\u00eda, na s\u00faa <em>Historia de Galicia<\/em> [<a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/valente_murguia.pdf\">ler orixinal en PDF<\/a>], sorpr\u00e9ndelle a muralla, que segue a sobresair no recinto &#8220;<em>harto maltratado por el tiempo<\/em>&#8221; xa a principios de s\u00e9culo. Pero Murgu\u00eda danos unha clave dalgo que non apreciaramos na nosa primeira visita: os torre\u00f3ns. Segundo o historiador, na muralla de pedra \u00e1brense varias portas, algunha delas m\u00e1is solemne e cada pouco sobresaen do muro cubos, torre\u00f3ns: <\/p>\n<blockquote><p>&#8220;(&#8230;) Los cuadrados se encuentran todos en la parte m\u00e1s notable de la edificaci\u00f3n y los redondos en la que parece m\u00e1s antigua&#8221;. <\/p><\/blockquote>\n<p>Reco\u00f1ezo que sent\u00edn unha emoci\u00f3n particular ao ler isto. \u00bfSer\u00eda un excesivo entusiasmo visual de Murgu\u00eda? Non. Leo unha cr\u00f3nica dunha visita que fixo Jes\u00fas C. Rodr\u00edguez en 1913 a Castro Valente, publicada en <em>El Barbero Municipal<\/em>, o xornal conservador de Rianxo que acollera os primeiros pinitos editoriais de Castelao [<a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/valente_barbero.pdf\">ler orixinal en PDF<\/a>]. Si, exist\u00edan os torre\u00f3ns. Pero hai m\u00e1is. Nesta viaxe a trav\u00e9s dos curiosos da d\u00e9cada dos 10 nos confirma que os torre\u00f3ns sobresa\u00edan da muralla, que hab\u00eda uns 30, que eran m\u00e1is altos que a muralla (que deb\u00eda ter uns dous metros de altura, ou algo m\u00e1is), e sabemos alg\u00fan dato interesante sobre as portas. Hab\u00eda cando menos catro. <\/p>\n<blockquote><p>Hay dos portalones casi juntos que miran hacia la Ulla, una esquina casi en \u00e1ngulo recto que mira a Barcala y otra puerta que est\u00e1 orientada a Poniente<\/p><\/blockquote>\n<p>Jes\u00fas C. Rodr\u00edguez tam\u00e9n fica atrapado nos mesmos interrogantes que o resto:<\/p>\n<blockquote><p>\nNo nos atrevemos a conjeturar siquiera la \u00e9poca en que fue y por quien fue constru\u00eddo.<\/p><\/blockquote>\n<p>Por agora, e despois dunha busca relativamente exhaustiva, non atopamos nada m\u00e1is de relevancia al\u00e9n dos anos 10. Como digo, de aquela, o tema deb\u00eda estar de moda, mesmo entre os membros da Real Academia Galega. Rodr\u00edguez asegura que se estaba preparando unha excursi\u00f3n de acad\u00e9micos da RAG ao lugar, organizada por un acad\u00e9mico de Padr\u00f3n, Ram\u00f3n Tojo, pero non hai nin rastro de tal viaxe no Bolet\u00edn da RAG, segundo me confirmaron esta semana desde a Real Academia. Sen embargo, os acad\u00e9micos sab\u00edan do lugar. Lugr\u00eds Freire, no seu famoso <em>Diccionario Enciclop\u00e9dico<\/em>, exemplifica cun achado dun altar romano no Castro Valente o termo <em>ara<\/em>.<\/p>\n<p>\u00bfPor que esta ausencia documental con posterioridade a estes anos? Non mo consigo aclarar, a\u00ednda que sospeito que a culpa te\u00f1an a estra\u00f1a ambig\u00fcidade temporal do monumento. Unha <em>terra de ningu\u00e9n<\/em> hist\u00f3rica.<\/p>\n<h3>\nA volta<\/h3>\n<p><span class=\"drop_cap\">C<\/span>on Carlos de Rianxo, un gran co\u00f1ecedor sobre o terreo de boa parte do patrimonio arqueol\u00f3xico do Barbanza rianxeiro e as terras que suben o Ulla, e Xurxo, subimos un xoves de tempo escuro. Percorremos \u00e1 fin un 70% do per\u00edmetro total da acr\u00f3pole de Castro Valente, e corroboramos o que dic\u00edan os visitantes de primeiros de s\u00e9culo no estremo NW da muralla, o tramo sen d\u00fabida mellor conservado.  Efectivamente, esmorecidos, al\u00ed estaban as trazas de cubos de torre\u00f3n, separados entre si uns dez metros ou algo menos. Os tramos norte e leste est\u00e1n en moi mal estado pola apertura dun cortalumes, que se abriron no interior da muralla sen ning\u00fan tipo de contemplaci\u00f3ns. Observamos o estremo sur, se cadra a zona de acceso m\u00e1is doado \u00e1 acr\u00f3pole, e onde hai unha sinraz\u00f3n delirante de pistas forestais. Adem\u00e1is, os canteiros deberon traballar moit\u00edsimo nesta zona, e moita pedra da muralla baixouse para os vales para edificar. Disque al\u00ed hai unha inscrici\u00f3n que non atopamos, pero tam\u00e9n hai unha certeza. A muralla parece seguir criterios estrat\u00e9xicos bastante definidos. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/valente_4.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Muralla Sur<\/em><\/p>\n<p>No sur, os construtores optaron por elevar a muralla nunha zona m\u00e1is aberta cando pod\u00edan ter pechado unhas graves pened\u00edas e reforzar a defensa. A decisi\u00f3n estaba clara: se tal cousa fixeran, ter\u00edan deixado f\u00f3ra do recinto a fonte de San Xo\u00e1n, que esta na base da muralla actual. Ou sexa, que pensaban en asedios. Carlos busca petroglifos ou algo entre os penedos e prende un pitillo mentres se pregunta:<\/p>\n<p>-\u00bfPor que?\u00bfPara que?\u00bfQuen ter\u00eda capacidade de defender isto?<\/p>\n<p>E non sabemos respondelo. Hai anacos de tella por todas partes. Unha excavadora fendeu a muralla no NW. No interior da muralla, para liala m\u00e1is, tam\u00e9n hai tella romana coma esta. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/valente_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Tella do interior da muralla<\/em><\/p>\n<h3>As grandes riquezas e gobernos da tradici\u00f3n oral<\/h3>\n<p><span class=\"drop_cap\">E<\/span>n canto rascu\u00f1as, nas aldeas veci\u00f1as xorde a memoria do Castro Valente. Unha memoria enorme, con toda sorte de lendas e coplas. Unha memoria vinculada \u00e1 noci\u00f3n de goberno, de poder e de riqueza. Na Negreira unha se\u00f1ora sempre recorda a Cerca co seu interior baleiro de pi\u00f1eirais e bra\u00f1as. Un lugar habitado polos mouros, que marcharan. No seu interior, asegura, est\u00e1 soterrada unha igrexa chea de ouro e riquezas. A vella ergue o dedo e recita:<\/p>\n<blockquote><p>Castro Valente,<br \/>\nrico e prudente<\/p><\/blockquote>\n<p>Dous atributos do bo goberno cl\u00e1sico. E logo sinala cara as estribaci\u00f3ns do monte Meda, da outra banda do r\u00edo Ulla:<\/p>\n<blockquote><p>Pena de Miranda,<br \/>\nmoito mira e pouco manda<\/p><\/blockquote>\n<p>Da outra banda do monte, nunha illada alde\u00ed\u00f1a chamada o Confurco, outra vella abonda nas riquezas. <\/p>\n<p>-Cando nos marcharon os homes \u00e1 Guerra de \u00c1frica, os mouros de al\u00e1 dic\u00edanlle aos paisanos: &#8220;Espa\u00f1a, Espa\u00f1a. Al\u00ed est\u00e1 o Castro Valente, onde lle tirabamos \u00e1s cabras con croios de ouro&#8221;. Eu nunca atopei tanta riqueza nin tanta cousa, pero iso foi certo. <\/p>\n<p>No Confurco parece que todas as lendas de Galicia est\u00e1n al\u00f3 enriba. Comezo a disparar.<\/p>\n<p>-\u00bfE hai unha gali\u00f1a con pitos?<br \/>\n-Saen a beber cando hai l\u00faa chea.<br \/>\n-\u00bfE non vivir\u00e1 a\u00ed unha serpe?<br \/>\n-Unha serpe encantada que sae duns penedos.<br \/>\n-\u00bfE hai mouras?<br \/>\n-Tam\u00e9n gardan moitas riquezas.<br \/>\n-\u00bfE como fago para desencantar aos mouros e \u00e1 serpe?<br \/>\n-Fala cos mouros, rapaz, pero \u00a1como non vaias para \u00c1frica! Un home chegou \u00e1 aldea un d\u00eda cun libro e pediu brazos para axudar a desenterrar. Pero nunca m\u00e1is se soubo nada del. <\/p>\n<h3>O nome<\/h3>\n<p><span class=\"drop_cap\">O<\/span> nome do lugar pode inducir a confusi\u00f3n. O l\u00f3xico \u00e9 pensar que valente sexa un adxectivo valorativo, pero non \u00e9 tan sinxelo. Valente pode ter unha orixe romana, a mesma que Valencia ou Valen\u00e7a do Mi\u00f1o. Valente pode ser Valentio. Xa te\u00f1o visto alg\u00fan texto que imaxina as valent\u00edas dos defensores (castrexos) contra os invasores (romanos). Nada hai para asegurar isto. Valente pode ser o nome dalgu\u00e9n, ou facer referencia \u00e1 ubicaci\u00f3n xeogr\u00e1fica do lugar. <\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/imaxes\/lupario.jpg\" alt=\"\" width=\"500\" height=\"350\"\/><br \/>\n<em>Muralla do Castro Lupario<br \/>\n<\/em><\/p>\n<h3>Os Castelos Baleiros<\/h3>\n<p><span class=\"drop_cap\">D<\/span>aban t\u00edtulo a este post. Son outra das moitas sombras da nosa Historia, facilmente desvel\u00e1beis se se exploraran de xeito cient\u00edfico. Ch\u00e1molle Castelos Baleiros a enigm\u00e1ticas fortalezas que avanzan desde a r\u00eda de Arousa ata Santiago de Compostela. Xacementos arqueol\u00f3xicos que comparten tres factores: illamento, grandes dimensi\u00f3ns para o com\u00fan dos castros e murallas cicl\u00f3peas que se mante\u00f1en, insolitamente, en p\u00e9. <\/p>\n<p>O primeiro \u00e9 o Castro das Cercas, na parroquia de Isorna (Rianxo), un lugar espectacular, do que un d\u00eda farei fotos. O segundo \u00e9 este Castro Valente. E o terceiro \u00e9 o Castro Lupario, en Teo. Recintos dos que non sabemos case nada, a pesar da s\u00faa espectacularidade, ag\u00e1s que no seu interior case non hai trazas de edificaci\u00f3ns, de edificios, e nos que a rocha nai dos outeiros nos que se asentan amosa que pouco se esconde baixo a terra. S\u00f3 hai murallas enormes, resistindo os tempos. Lugares Baleiros aos que non sabemos darlle un significado cient\u00edfico ata agora, pero que parecen responder a un patr\u00f3n cultural similar. Se cadra, castros reconvertidos posteriormente noutras cousas. Se cadra, no caso do Castro Valente, un campamento romano (hip\u00f3tese puramente persoal), como parecen confirmar os cubos (redondos e cadrados) e mesmo a doble porta que se menciona en El Barbero Municipal. Se cadra un refuxio eventual para os irienses e para o bispado no escuro tempo das invasi\u00f3ns sarracenas. Se cadra todo ao mesmo tempo. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/aerea_castro_valente.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<h3>Datos pr\u00e1cticos<\/h3>\n<p><span class=\"drop_cap\">S<\/span>e despois desta apaixoada descrici\u00f3n do Castro Valente queres visitalo, ten en conta varios aspectos. En primeiro lugar, \u00e9 precisa certa experiencia na localizaci\u00f3n e visita de recintos arqueol\u00f3xicos non musealizados para poder disfrutar da visita e non frustrarse. Para minimizar este problema, podes observar o tramo mellor conservado na zona NW, entre as ru\u00ednas da caseta forestal e o estremo norte do castro. Na zona sur tam\u00e9n hai alg\u00fans centos de metros facilmente visibles. Outra das cousas curiosas \u00e9 explorar o outeiro central. Al\u00ed poder\u00e1s ver un par de c\u00edrculos delimitados con esteos levantados, e unha pequena cova. A localizaci\u00f3n de Castro Valente e o acceso podes velo desde aqu\u00ed:<\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" width=\"500\" height=\"350\" frameborder=\"0\" scrolling=\"no\" marginheight=\"0\" marginwidth=\"0\" src=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&amp;hl=en&amp;oe=UTF8&amp;num=200&amp;start=198&amp;t=h&amp;s=AARTsJoOlxBR7UkXW574qWtMP87gnyvgVA&amp;msa=0&amp;msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&amp;ll=42.725137,-8.604612&amp;spn=0.022068,0.042915&amp;z=14&amp;output=embed\"><\/iframe><br \/><small><\/small><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Buscando no interior de Castro Valente Hai unha semana e media, Xos\u00e9 Ram\u00f3n Angueira, lector&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/02\/08\/o-castro-valente-e-os-castelos-baleiros\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">O Castro Valente e os Castelos Baleiros<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":6241,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,18,35,8],"tags":[],"class_list":["post-6232","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","category-republicas-de-homes-libres","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6232","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6232"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6232\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/6241"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6232"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6232"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6232"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}