{"id":6226,"date":"2009-02-04T22:47:40","date_gmt":"2009-02-04T20:47:40","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=6226"},"modified":"2009-02-05T01:10:26","modified_gmt":"2009-02-04T23:10:26","slug":"unha-hortina-no-castro-de-vilares","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/02\/04\/unha-hortina-no-castro-de-vilares\/","title":{"rendered":"Unha horti\u00f1a no castro de Vilares"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vilares_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>O foxo do castro de Vilares<br \/>\n<\/em><br \/>\n<span class=\"drop_cap\">V<\/span>\u00edchedes algunhas veces as leiras que traballaban as xentes dos castros? C\u00e9sar Parcero ensinoume as primeiras no seu laboratorio do CSIC. Eran como as escamas dun drag\u00f3n. Caen das croas como unllas, evitando os \u00e1ngulos rectos das divisorias medievais, e vencendo a pendente a trav\u00e9s de \u00e1ngulos curvos. No Laboratorio de Arqueolox\u00eda comprobaran, a trav\u00e9s da documentaci\u00f3n hist\u00f3rica, como moitas destas escamas se foron dividindo en leiri\u00f1as ao longo da historia ata o minifundio actual, nunha continuidade cultural alucinante. Nalgunhas aldeas, a propiedade agr\u00edcola segue a ter, en \u00faltima instancia, raiceiras prerromanas.<\/p>\n<p>Neste sentido, unha gran experiencia que sempre recomendo \u00e9 visitar un castro dunha zona agr\u00edcola cun labrego. O labrego vai saber moito m\u00e1is dese lugar ca ti. E non pola tradici\u00f3n oral. Non. Vaino entender de labrador a labrador. Vaiche explicar a orientaci\u00f3n do vento, a proximidade dos cursos de auga, a orograf\u00eda, a relaci\u00f3n cos cami\u00f1os. Vai parecer que ese lugar o fixo el. E iso faiche comprender como, moitos castros, foron creados desde unha mentalidade e unha cultura non moi distintas \u00e1 nosa.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vilares_2.jpg\" alt=\"\" \/> <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/vilares_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>O valo da horta do castro de Vilares<\/em><\/p>\n<p>Pero vouvos contar algo que vin o outro d\u00eda e que me chamou atenci\u00f3n. Visitabamos o Castro de Vilares, no concello de Oroso [<a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&#038;hl=en&#038;oe=UTF8&#038;num=200&#038;start=198&#038;msa=0&#038;msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&#038;ll=42.984264,-8.432168&#038;spn=0.002194,0.005686&#038;t=h&#038;z=18\">localizaci\u00f3n<\/a>]. \u00c9 un castro moi interesante, porque parece un calco negativo. Os traballos agr\u00edcolas fenderon parte da muralla da croa, as\u00ed que entre o profundo foxo e o interior non hai o m\u00edtico valo (a\u00ednda que se perciben os seus restos cunha muralla de pedra). Por outra das bandas, presenta un complexo sistema de parapetos,  m\u00e1is ou menos ben conservados, hoxe convertidos nun peculiar bosque de carballos cos tobos dos raposos e teixugos ateigando as antigas murallas. Pero da banda norte do castro, sa\u00edndo dese complexo defensivo e do foxo, atop\u00e1monos algo sorprendente -a\u00ednda que habitual nos castros desta comarca ao norte de Santiago-. Do foxo e dos parapetos sa\u00eda un valadi\u00f1o de orixe castrexa, un valadi\u00f1o m\u00ednimo de terra, que percorre unha \u00e1rea plana, sen defensas. Paseamos por ela, hoxe bosque de pi\u00f1eiros. E non podo deixar de rirme. Eis a horta deste castro. Aqu\u00ed hab\u00edan prantar fabas, ch\u00edcharos, leitugas, cebolas, correren os nenos, augaren \u00e1 noite. O muri\u00f1o tam\u00e9n fux\u00eda dos \u00e1ngulos rectos como da peste, pero a\u00ed estaba. Na mellor terra ao car\u00f3n do castro. <\/p>\n<p>Non me importar\u00eda que, nesta antiga horta de Vilares -ser\u00eda precisa unha excavaci\u00f3n arqueol\u00f3xica para confirmalo- volveran a prantarse as variedades hort\u00edcolas da \u00e9poca, e que os escolares e quen quixera puidera ir ver unha horta de hai 2000 anos e po\u00f1erlle cara e vida a estes devanceiros que levan desterrados s\u00e9culos do noso pa\u00eds. Por sorte, sabemos bastante da alimentaci\u00f3n castrexa (dentro duns d\u00edas farei un post espec\u00edfico sobre a gastronom\u00eda e o mundo gourmet castrexo, porque \u00e9 moi interesante), e non ser\u00eda dif\u00edcil facer unha proposta hipot\u00e9tica de horta que falase, de xeito vivo, da nosa historia. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O foxo do castro de Vilares V\u00edchedes algunhas veces as leiras que traballaban as xentes&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/02\/04\/unha-hortina-no-castro-de-vilares\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Unha horti\u00f1a no castro de Vilares<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":6227,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,18,8],"tags":[],"class_list":["post-6226","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6226","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6226"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6226\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/6227"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6226"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6226"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6226"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}