{"id":6166,"date":"2009-01-25T22:12:18","date_gmt":"2009-01-25T20:12:18","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=6166"},"modified":"2009-01-26T01:20:42","modified_gmt":"2009-01-25T23:20:42","slug":"lobeira-o-cromlech-que-saiu-do-lume","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/01\/25\/lobeira-o-cromlech-que-saiu-do-lume\/","title":{"rendered":"Lobeira: o cromlech que saiu do lume"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cromlech_1.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>O c\u00edrculo l\u00edtico de Lobeira at\u00f3pase nun penich\u00e1n do monte. Fotos: Sole<\/em><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">M<\/span>urgu\u00eda falou del na s\u00faa Historia de Galicia. E eu a\u00ednda escoitei a un par de luminarias dicir que o vello era demasiado entusiasta, e a alg\u00fan outro falar de que os c\u00edrculos l\u00edticos, os famosos cromlechs tan habituais noutras \u00e1reas do megalitismo atl\u00e1ntico, aqu\u00ed non exist\u00edan ou eran construci\u00f3ns de pastores. Co abandono dos montes neste s\u00e9culo, o monte Lobeira, situado entre Vilagarc\u00eda e Vilanova de Arousa, cubriuse cun espeso mato de pi\u00f1eiro repoboado e matogueira e o aviso de Murgu\u00eda non puido ser comprobado. Ata hai dous anos. Un cromlech, creo que o \u00fanico que nos queda en Galicia, volveu aparecer tras un incendio no 2006 e revelou que Murgu\u00eda, que desta volta falaba de o\u00eddas, ti\u00f1a cando menos parte de raz\u00f3n. Hoxe, os comuneiros de Andr\u00e1s talaron a \u00e1rea e queren recuperar este espazo tan especial e singular.<\/p>\n<p>Eu andivera algo por ese monte, pero as nosas angueiras adolescentes pasaban por descubrirmos o famoso t\u00fanel do castelo de Lobeira que os paisanos xuraban e perxuraban que viran e cami\u00f1aran; colab\u00e1monos entre os penedos na procura de misteriosas covas, con pouca fortuna. Por diante do cr\u00f3mlech pararamos m\u00e1is dunha vez. De aquela era imposible velo se non o buscabas: un escuro, sombrizo bosque espeso pechaba o espazo, e os fentos medraban coma homes. Sab\u00eda que Murgu\u00eda falara dos ali\u00f1amentos de Lobeira, pero os buscabamos noutro penich\u00e1n do norte do monte. Aqu\u00ed, ao sur, atoparamos unha destas m\u00e1moas, pero nada m\u00e1is. Lembro que me gustaba moito aquel lugar, se cadra polo seu transo solitario, pola s\u00faa escuridade tolkiniana, pero non sab\u00eda que nel hab\u00eda algo \u00fanico. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cromlech_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A sobrecor dixital amosa a regularidade da disposici\u00f3n dos esteos ao longo do &#8220;valo&#8221; na cara sur. <\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cromlech_3.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A sobrecor permite apreciar o trazado definido do muro de separaci\u00f3n na cara norte do recinto.<\/em><\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cromlech_4.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Unha curiosa pedra do lado oeste (fronte a m\u00e1moa).<\/em><\/p>\n<p>Xusto na beira dun penich\u00e1n, antes de que o monte caia cara Andr\u00e1s, atopas tres monumentos megal\u00edticos ali\u00f1ados no eixo Leste-Oeste. D\u00faas m\u00e1moas, violadas e, por tras delas, un c\u00edrculo l\u00edtico de 18 metros. Tras a s\u00faa historia de tempo, repoboaci\u00f3ns, incendios e talas, eu pensaba que \u00eda estar a\u00ednda en peor estado do que o vin. Hoxe zoaba un vento x\u00e9lido e unha chuvia inc\u00f3moda, pero emocioneime ao velo. Porque esta misteriosa construci\u00f3n ti\u00f1a unha l\u00f3xica e un dese\u00f1o construtivo complexo e est\u00e9tico a\u00ednda reco\u00f1ec\u00edbel tras milenios. <\/p>\n<p>O c\u00edrculo at\u00f3pase a un metro e medio dunha gran m\u00e1moa. Desde o alto dela, estudamos de primeiras o cromlech. Na s\u00faa cara sur, a estrutura segu\u00eda un patr\u00f3n. Uns pequenos esteos suced\u00edanse, cada metro e pouco, con regularidade. O espazo intermedio entre eles estaba cuberto por un m\u00ednimo valo de medio metro de ancho. Pero hab\u00eda m\u00e1is. Os esteos est\u00e1n colocados para que, salvando a s\u00faa superficie irregular, unha cara plana estivera disposta cara o exterior do c\u00edrculo, nun curioso efecto est\u00e9tico e quen sabe que m\u00e1is. Alg\u00fans deles ti\u00f1an caras planas por casualidade, pero outros foran claramente extra\u00eddos para obtela e mesmo no caso que podedes ver na foto de enriba podemos atopar exemplos de traballo da pedra m\u00e1is chamativos. E, na cara Oeste, a do po\u00f1ente, a veci\u00f1a da m\u00e1moa, unha acumulaci\u00f3n de pedras de maior tama\u00f1o que rompen a regularidade do resto do c\u00edrculo neste punto concreto. \u00c9 marabilloso: non entendemos o seu uso, pero comprendemos en certo xeito como crearon este espazo. Observo o pico de Lobeira, dunha banda do ali\u00f1amento (a\u00ednda que non en posici\u00f3n cos tres monumentos megal\u00edticos), e da outra a antiga illa do Grove. <\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/cromlech_5.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Lobeira non \u00e9 Stonehenge, pero poder\u00edanos contar moit\u00edsimas cousas do noso pasado. \u00c9 un lugar \u00fanico no seu x\u00e9nero. O gran problema hoxe, unha vez taladas as \u00e1rbores, \u00e9 a s\u00faa enorme fraxilidade. Eu non sei como chegou tan ben ata n\u00f3s, pero poder\u00eda desaparecer en pouco a nada que alg\u00fans castr\u00f3ns se po\u00f1an a andar por el en quad ou similar. <\/p>\n<p>D\u00e9bolle a <a href=\"http:\/\/apedradoencanto.blogspot.com\">Bea Comendador<\/a> as indicaci\u00f3ns para chegar ata aqu\u00ed. Grazas! E aqu\u00ed <a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&#038;hl=en&#038;oe=UTF8&#038;num=200&#038;start=198&#038;msa=0&#038;msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&#038;ll=42.55738,-8.770437&#038;spn=0.008835,0.022745&#038;t=h&#038;z=16\">est\u00e1 a localizaci\u00f3n en Cap\u00edtulo 0 Mapas<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O c\u00edrculo l\u00edtico de Lobeira at\u00f3pase nun penich\u00e1n do monte. Fotos: Sole Murgu\u00eda falou del&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2009\/01\/25\/lobeira-o-cromlech-que-saiu-do-lume\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Lobeira: o cromlech que saiu do lume<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":6167,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,18,8],"tags":[],"class_list":["post-6166","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6166","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6166"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6166\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/6167"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6166"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6166"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6166"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}