{"id":5904,"date":"2008-12-16T00:42:37","date_gmt":"2008-12-15T22:42:37","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=5904"},"modified":"2008-12-16T00:55:25","modified_gmt":"2008-12-15T22:55:25","slug":"vinosde-nadal-hai-unha-esperanza","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/12\/16\/vinosde-nadal-hai-unha-esperanza\/","title":{"rendered":"Vi\u00f1os&#8230;de Nadal? Hai unha esperanza"},"content":{"rendered":"<p><span class=\"drop_cap\">E<\/span>stes d\u00edas o t\u00edpico \u00e9 que che pregunten por que vi\u00f1o levar para as ceas familiares e festivas. Ben, en realidade, o t\u00edpico \u00e9 outra cousa. Unha sorte de advertencia: &#8220;pero mira que \u00e9 en casa dos meus pais&#8221;, ou &#8220;mira que \u00e9 en casa dos meus sogros&#8221;. Ou sexa, en realidade, o que che est\u00e1n a dicir \u00e9 &#8220;Non me recomendes rollos raros dos teus, conf\u00edrmame o vi\u00f1o no que estou pensando&#8221;. Eu d\u00edgolles: Marqu\u00e9s de C\u00e1ceres Reserva. Ou algo as\u00ed. Coto. Faustino. Azpilicueta. Tampouco gastes moita pasta, salvo que saibas que os comensais son uns gourmet.<\/p>\n<p>\u00c9 directamente impos\u00edbel escoller un vi\u00f1o para a cea de Nadal e pretender que maride con estes exercicios dom\u00e9sticos de pantagruelismo. M\u00e1is que nada porque unha cea destas comeza con xam\u00f3n, aceitunas, segue con langostinos, n\u00e9coras, centolas, gambas, percebes, vieiras, bacallau, chuleti\u00f1as de a\u00f1o. Adem\u00e1is, nestes xantares congr\u00e9ganse bebedores habituais e ocasionais, que reciben co alcol unha bomba de humor que nunca sabes por onde vai estoupar (ben entraren, \u00e1 altura das carnes, nun sombrizo estado antifamilia pol\u00edtica, ben incontrol\u00e1beis mostras de euforia tutelar, agasallando inesperadamente con 50 euros a un sobri\u00f1o at\u00f3nito polo xesto). As\u00ed que hai que desistir o vi\u00f1o perfecto. Nestas ceas, o m\u00e1is aconsell\u00e1bel \u00e9 un caldo honesto, result\u00f3n, reco\u00f1ec\u00edbel, sen demasiada complicaci\u00f3n nin gasto. Algunhas botellas do branco m\u00e1is pr\u00f3ximo \u00e1 t\u00faa terra (sacadas da neveira uns quince ou vinte minutos antes de ser servidas), un tinto result\u00f3n de froita vermella e toques de madeira, para que ningu\u00e9n se po\u00f1a nervioso. A todo isto, estou estereotipando: eu estou convencido de que o Nadal \u00e9 o tempo no que se che perdoan as innovaci\u00f3ns. As\u00ed que, se non te atreves cos tintos, aqu\u00ed vai unha idea para desmelenarse cautamente.<\/p>\n<p>Res\u00e9rvate para os postres. C\u00f3lleos coa garda baixa e unhas cantas copas de vi\u00f1o. E, cando chegue a tarta ou ese biscoito, e estean felices e cargados, l\u00facete cun vi\u00f1o doce. Xa sabes, sempre te consideraron algo exc\u00e9ntrico. Proba cun tokaji h\u00fangaro (Vega Sicilia comercializa o Oremus, por 8 euros) ou cun sauternes (at\u00f3pase alg\u00fan barato por 12 euros), ou cun Pedro Xim\u00e9nez, un Set\u00fabal, un Porto, un Jumilla ou mesmo un Tostado do Ribeiro (coma o de Vi\u00f1a Costeira, a 35 euros a botella). M\u00e9teos na neveira tres ou catro horas antes. Que saian algo fr\u00edos. Ver\u00e1s como se lles alegra a cara inesperada. E converteraste no tipo que cambiou esa mon\u00f3tona cea de Nadal por unha incr\u00edbel excentricidade. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Estes d\u00edas o t\u00edpico \u00e9 que che pregunten por que vi\u00f1o levar para as ceas&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/12\/16\/vinosde-nadal-hai-unha-esperanza\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Vi\u00f1os&#8230;de Nadal? Hai unha esperanza<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[22,7],"tags":[],"class_list":["post-5904","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-vino","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5904","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5904"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5904\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5904"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5904"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5904"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}