{"id":5700,"date":"2008-11-14T02:18:07","date_gmt":"2008-11-14T00:18:07","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=5700"},"modified":"2008-11-14T02:18:07","modified_gmt":"2008-11-14T00:18:07","slug":"the-wine-codex-unha-guia-independente-dos-vinos-da-peninsula","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/11\/14\/the-wine-codex-unha-guia-independente-dos-vinos-da-peninsula\/","title":{"rendered":"The Wine Codex, unha gu\u00eda independente dos vi\u00f1os da Pen\u00ednsula"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/thewinecodex\/wp-content\/uploads\/2008\/11\/logo_2.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">B<\/span>en, pois ese \u00e9 o t\u00edtulo do meu novo proxecto, <a href=\"http:\/\/www.thewinecodex.com\">The Wine Codex<\/a>. Tr\u00e1tase dunha pequena gu\u00eda persoal aos vi\u00f1os da Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica destinada a un p\u00fablico internacional. Est\u00e1 redactada en ingl\u00e9s e o que pretende \u00e9 compartir o co\u00f1ecemento sobre bos vi\u00f1os da Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica. Nos \u00faltimos anos te\u00f1o catado moito vi\u00f1o franc\u00e9s e italiano, os dous pa\u00edses m\u00e1is prestixiados en termos vin\u00edcolas; ao facelo, decateime da enorme altura de moitos vi\u00f1os do Estado espa\u00f1ol e Portugal, unha calidade que choca con enorme desco\u00f1ecemento da diversidade e riqueza vin\u00edcola deste suroeste de Europa. Case todas as gu\u00edas de vi\u00f1o son de pagamento, e os internautas non peninsulares que queiran saber sobre vi\u00f1os da Espa\u00f1a e Portugal con rapidez na rede deber\u00edan pagar, por forza, a subscrici\u00f3n ao sitio de Robert Parker. Debera haber outros cami\u00f1os, \u00bfnon? <\/p>\n<h3>Notas de cata como nubes de tags<\/h3>\n<p>Observei que, na rutina diaria, a cata dos vi\u00f1os d\u00e1 moitas veces pequenas notas que non acadan entidade para sa\u00edren como posts en Cap\u00edtulo 0; pola contra, acumuladas, etiquetadas e recuperadas pod\u00edan ser, con tempo, unha informaci\u00f3n moi valiosa. As\u00ed que decid\u00edn converter o meu caderno de notas persoal nunha base de datos orientada a consumidores e afeccionados ao vi\u00f1o coma min. Por exemplo, en <em>The Wine Codex<\/em>, as notas de cata son, en realidade, nubes de tags. Nada de complexas, longas e supostamente as\u00e9pticas e <em>obxectivas<\/em> descrici\u00f3ns de vi\u00f1os que s\u00f3 expresan percepci\u00f3ns moi, moi persoais. Prefer\u00eda definir as caracter\u00edsticas m\u00e1is destacadas e sobresa\u00edntes dos vi\u00f1os, e facilitar a creaci\u00f3n dun corpus de sensaci\u00f3ns e gustos (<em>\u00bfg\u00fastanche os vi\u00f1os concentrados?\u00bfcon forte presenza de froita vermella?\u00bfcon acidez elevada?<\/em>) que permitira navegar a base de datos ao teu gusto, combinado con outras caracter\u00edsticas de consumo do vi\u00f1o nos pa\u00edses anglosax\u00f3ns. Por exemplo, o feito de escoller moitas veces o vi\u00f1o pola variedade de uva, e non pola denominaci\u00f3n. <\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/www.thewinecodex.com\"><em>The Wine Codex<\/em><\/a> nace como un caderno persoal, que a tecnolox\u00eda permite sistematizar para converter nalgo m\u00e1is complexo e aproveit\u00e1bel. Os criterios da cata e da valoraci\u00f3n expr\u00e9sanse no <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/thewinecodex\/index.php\/tastelogue\/\">Tastelogue<\/a>, pero parten dunha base: non podemos facer obxectivo o que, por forza, superados certos niveis de calidade, \u00e9 subxectivo. E iso acontece co vi\u00f1o. Pola contra, si podemos amosar a nosa independencia. En <em>The Wine Codex<\/em> non vendemos vi\u00f1o, non somos asesores de comunicaci\u00f3n de ningunha adega, non organizamos ning\u00fan congreso ou feira vin\u00edcola. En <em>The Wine Codex<\/em> catamos os vi\u00f1os nas barras dos bares, nas mesas postas no xard\u00edn na primavera, vendo unha boa peli na casa un fin de semana da invernada; non \u00e9 cata as\u00e9ptica, \u00e9 a cata dun consumidor para outro consumidor. <\/p>\n<p><strong>Notas t\u00e9cnicas<\/strong><br \/>\nA nivel tecnol\u00f3xico, paseino coma un enano <a href=\"http:\/\/www.thewinecodex.com\">desenvolvendo a beta que agora podes ver<\/a>. Trat\u00e1base de exprimir WordPress ao m\u00e1ximo a trav\u00e9s da s\u00faa caracter\u00edstica de <em>campos personalizados<\/em> para convertelo nun banco de datos con capacidade de xesti\u00f3n, personalizando a maqueta externa, os formularios internos, cargando plugins. Detr\u00e1s de <em>The Wine Codex<\/em> hai un bo lote de horas e un feixe de co\u00f1ecementos que aprend\u00edn. E os que lle quedan!<\/p>\n<p><em>The Wine Codex<\/em> ir\u00e1 evolucionando e incorporando vi\u00f1os continuamente; a\u00ednda que agora haxa poucos, ao cabo duns meses converterase nunha publicaci\u00f3n interesante na que poder consultar marcas, obter datos b\u00e1sicos sobre o seu sabor e olfato, as\u00ed como a s\u00faa calidade. Agradezo calquera comentario ou suxesti\u00f3n para melloralo. <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ben, pois ese \u00e9 o t\u00edtulo do meu novo proxecto, The Wine Codex. Tr\u00e1tase dunha&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/11\/14\/the-wine-codex-unha-guia-independente-dos-vinos-da-peninsula\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">The Wine Codex, unha gu\u00eda independente dos vi\u00f1os da Pen\u00ednsula<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":28192,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[22,2,7],"tags":[],"class_list":["post-5700","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-vino","category-diario","category-paparotasco","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5700","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5700"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5700\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/28192"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5700"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5700"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5700"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}