{"id":5652,"date":"2008-11-05T00:23:05","date_gmt":"2008-11-04T22:23:05","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=5652"},"modified":"2008-11-05T00:33:12","modified_gmt":"2008-11-04T22:33:12","slug":"altares-de-postmarcos-2007-unha-nova-via-para-o-albarino-no-barbanza","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/11\/05\/altares-de-postmarcos-2007-unha-nova-via-para-o-albarino-no-barbanza\/","title":{"rendered":"Altares de Postmarcos 2007: unha nova v\u00eda para o Albari\u00f1o no Barbanza"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/entreosrios.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A casa e adega Entre os R\u00edos, na Pobra do Carami\u00f1al<\/em><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">H<\/span>ai algo no albari\u00f1o, como variedade vit\u00edcola, realmente sorprendente: segundo as terras nas que se cultive, os vi\u00f1os elaborados principalmente con ela adoptan personalidades moi diferenciadas; para nada \u00e9 o mesmo os albari\u00f1os catados no Saln\u00e9s, no Ulla, no Rosal, na Ribeira Sacra ou no Ribeiro. Pero desco\u00f1eciamos o sabor do albari\u00f1o -elaborado con m\u00e9todos modernos e finalidade comercial- feito no Barbanza. Da mi\u00f1a comarca, que foi rica en vi\u00f1edos no seu tempo -especialmente a Pobra, Boiro e Rianxo-, non quedara nin unha soa adega metida ao mercado. Ata que comezaron a rexurdir nos \u00faltimos anos, e deron un importante paso adiante coa creaci\u00f3n dunha denominaci\u00f3n espec\u00edfica Vi\u00f1os da Terra de Barbanza e Iria a finais do 2006. O norte da R\u00eda de Arousa non \u00e9, segundo a denominaci\u00f3n, R\u00edas Baixas. Pero o Ulla case compostelano si. Senraz\u00f3ns do politiqueo.<\/p>\n<p>O caso \u00e9 que este rexurdir dos vi\u00f1os do Barbanza ten moito que ver cunha figura, Antonio Crusat. Crusat mercou hai moitos anos na Pobra do Carami\u00f1al unha alde\u00ed\u00f1a abandonada no can\u00f3n do R\u00edo Pedras, chamada Entre os R\u00edos porque, singularmente, as casi\u00f1as e mu\u00ed\u00f1os atop\u00e1banse nunha pequena illa que formou o Pedras a base do arrastre. Hoxe, <a href=\"http:\/\/www.entreosrios.com\">Entreosr\u00edos \u00e9 unha bonita casa de turismo rural<\/a> e nas ladeiras do car\u00f3n -orientadas ao sur- agroman os vi\u00f1edos de albari\u00f1o que dan conta deste retornar do vi\u00f1o ao Barbanza. A marca \u00e9 <em>Altares de Postmarcos<\/em> (Postmarcos \u00e9 o nome da aldea veci\u00f1a na que se preservou miragreiramente, no top\u00f3nimo, o nome do pobo prerromano que habitou estas terras do Barbanza). Probei a anada 2007 cunha sensaci\u00f3n encontrada: ti\u00f1a medo de que fose unha bomba de acidez por mor de que co\u00f1ezo os vi\u00f1edos, -en realidade, vinos nacer- metidos en socalcos no can\u00f3n, nunha zona umbrosa, pero tam\u00e9n ilusi\u00f3n por saber que daban as nosas vi\u00f1as nunha elaboraci\u00f3n m\u00e1is contempor\u00e1nea. Pero cal foi a mi\u00f1a sorpresa cando o que me atopei foi moi distinto e me enorgulleu. O primeiro vi\u00f1o moderno da mi\u00f1a vila est\u00e1 realmente bo, e non se parece, para nada, aos albari\u00f1os do sur da r\u00eda. O Altares de Postmarcos 07 \u00e9 un albari\u00f1o con importantes notas a maz\u00e1 e a froita en proceso de maduraci\u00f3n, cando ten ese punti\u00f1o azucarado, unha acidez controlada, importantes notas herb\u00e1ceas. F\u00e1ltalle algo de percorrido ao final pero, para ser un primeiro vi\u00f1o, est\u00e1 estupendo. O m\u00e1is parecido en matices e notas que me sae agora mesmo na memoria poder\u00eda ser un ribeiro Casal da Barca.<\/p>\n<p>O Altares de Postmarcos est\u00e1 en tenda sobre os 13 euros e, a\u00ednda que non \u00e9 nada barato para ser unha marca en lanzamento, paga a pena catalo para apreciar a enorme versatilidade albari\u00f1a. Persoalmente, \u00e9ncheme de orgullo que na mi\u00f1a terra saian uns vi\u00f1os as\u00ed para comezar. Terei que pasar por Entreosr\u00edos para que Crusat me amose os vi\u00f1edos, e co\u00f1ecer persoalmente a experiencia. Xa vos contarei.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A casa e adega Entre os R\u00edos, na Pobra do Carami\u00f1al Hai algo no albari\u00f1o,&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/11\/05\/altares-de-postmarcos-2007-unha-nova-via-para-o-albarino-no-barbanza\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Altares de Postmarcos 2007: unha nova v\u00eda para o Albari\u00f1o no Barbanza<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":5653,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[22,7,8],"tags":[],"class_list":["post-5652","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-vino","category-paparotasco","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5652","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5652"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5652\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5653"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5652"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5652"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5652"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}