{"id":5606,"date":"2008-10-29T01:11:24","date_gmt":"2008-10-28T23:11:24","guid":{"rendered":"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/?p=5606"},"modified":"2008-10-29T10:48:56","modified_gmt":"2008-10-29T08:48:56","slug":"densidade-cultural-en-san-mamede-do-castro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/10\/29\/densidade-cultural-en-san-mamede-do-castro\/","title":{"rendered":"Densidade Cultural en San Mamede do Castro"},"content":{"rendered":"<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mamede_0.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>A igrexa de San Mamede no cami\u00f1o do Couto<\/em><\/p>\n<p><span class=\"drop_cap\">P<\/span>or veces este vello pa\u00eds ten unha trama cultural tan densa por riba do mapa xeogr\u00e1fico, tan mesta e complexa que d\u00e1 vertixe. Simplemente hai que acougar nun cami\u00f1o, escoitar moito, preguntar o axeitado, ter un sorriso franco e confiado, e a trama se destapa, e revela cousas marabillosas para quen desexamos escoitalas. Por desgraza, \u00bfcanto durar\u00e1 este encantamento cos \u00faltimos espasmos da sociedade tradicional? \u00bfUnha d\u00e9cada m\u00e1is?<\/p>\n<p>Isto v\u00e9n a conto dun sucedido que nos pasou a semana pasada. Fixemos unha escapada r\u00e1pida a Silleda, de volta \u00e1 aldea de Ansemil, ao Pante\u00f3n Se\u00f1orial dos Deza, seguindo unha pista que deixou Fernando Santal\u00f3 <a href=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/index.php\/2008\/05\/01\/buscando-o-gran-castelo-dos-churruchaos-na-capela-senorial-dos-deza\/\">no post no que falei do castelo dos Churruchaos<\/a> . En Ansemil atopamos, cabo dunha nogueira, ao am\u00e1bel se\u00f1or que nos abrira as portas da capela na anterior visita. Mentres nos convidaba \u00e1s primeiras noces, pregunt\u00e1moslle por castros e castelos. <\/p>\n<p>-Castros co\u00f1ezo dous. Un al\u00ed en Marr\u00e1s, que pode ser o que preguntades. E outro por m\u00e1is al\u00f3. Nel hab\u00eda unha capela na que mataron un cura. E como seica non se pode dar misa no sitio onde mataron a un cura, levaron a capela de al\u00ed.<\/p>\n<h3>Asasinato no castro<\/h3>\n<p>Obviamente, puidonos a curiosidade. \u00bfUn castro como escenario dun asasinato dun cura? Pedimos ben as cadras e cambi\u00e1moslle o rumbo ao ser\u00e1n. Na aldea de Castro un home sinalounos un monte achairado que xurd\u00eda claramente no medio dun accidentado territorio de c\u00f3maros e outeiros. O Couto. O Castro.<\/p>\n<p>-&#8230;que mataron a un cura? Iso tivo que ser na Gherra, que era cando se fac\u00edan cousas desas! -d\u00edxonos o veci\u00f1o. <\/p>\n<p>No cami\u00f1o \u00e1 igrexa, unha muller e o seu home estaban sentados tomando o sol \u00e1 porta da casa. A muller contounos, \u00e1 fin, toda a historia. <\/p>\n<p>-Antes a igrexa da parroquia estaba no alto do castro. Al\u00ed atopouse a nosa Virxe. Pero un d\u00eda, os mouros, que viv\u00edan embaixo, mataron ao cura. E as\u00ed que se tivo que baixar a igrexa pedra a pedra ao p\u00e9 do Couto. Todos os 2 de setembro facemos unha procesi\u00f3n e subimos ata a igrexa. <\/p>\n<p>Escoitamos fascinados.<br \/>\n-\u00bfE esa virxe \u00e9 moura? -pregunteille eu.<br \/>\n-Non -miroume a vella estra\u00f1ada-, pero era unha das Catro Irm\u00e1ns. E os outros tres irm\u00e1ns est\u00e1n no Corpi\u00f1o, no San Sebasti\u00e1n e no Pico Sacro. <\/p>\n<h3>Catro eixos do mundo<\/h3>\n<p><span class=\"drop_cap\">N<\/span>on o agardaba. Catro puntos referenciais da Galicia central, dun enorme valor simb\u00f3lico cada un deles. D\u00faas virxes <em>irm\u00e1s<\/em>, esta e a do Corpi\u00f1o, experta na intercesi\u00f3n con forzas m\u00e1xicas e <em>diab\u00f3licas<\/em>, e dous San Sebasti\u00e1n, o do monte de Meda ao que suben procesi\u00f3ns simult\u00e1neas de varias parroquias e o do Pico Sacro, onde os disc\u00edpulos de Santiago Ap\u00f3stolo se enfrontaron un drag\u00f3n. Nas palabras da vella asomab\u00e1monos por unha xaneli\u00f1a a un abismo de lendas fundidas no pasado. Quizais, no fondo, estiveran contando unha historia m\u00e1is antiga que o cristianismo. Aqueles parroqui\u00e1ns contin\u00faan a esconxurar o asasinato lexendario ano tras ano, chegando ata as portas da antiga fortaleza ou santuario. Abaixo, seguen a habitar os asasinos. <\/p>\n<p>Dun xeito ou doutro, supuxen que ser\u00eda a t\u00edpica igrexa barroca rural, do XVII ou as\u00ed. Cal ser\u00eda a nosa sorpresa cando nos atopamos diante dun sobresa\u00ednte templo rom\u00e1nico do s\u00e9culo XI ou XII. E dela, sa\u00eda un cami\u00f1o que ascend\u00eda brevemente ata a croa do castro entre \u00e1rbores e bosque espeso. Entre as ponlas viamos como rodeabamos a muralla do antigo lugar. E, aos p\u00e9s dela, o cami\u00f1o abr\u00edase para acoller un cruceiro. Ata al\u00ed chegaba a procesi\u00f3n da que nos falaba a vella. No interior da croa, outra sorpresa. Cami\u00f1amos con herbas espesas ata a cintura, ata unha gran plataforma de terra erguida no centro da croa, duns tres metros e pico de alto. Un lugar ideal para ter asentada unha pequena capela ou igrexa, onde a vella nos dixera. Lembrei un promontorio similar no castro de Punta Ostreira, na Pobra do Carami\u00f1al, que tam\u00e9n ti\u00f1a outra capela, por certo.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mamede_2.jpg\" alt=\"\" \/><br \/>\n<em>Canzorros e baixorrelevos na igrexa de San Mamede do Castro<\/em><\/p>\n<p>De volta abaixo, examinamos outra volta o templo. Ao p\u00e9 do Couto, a igrexa de San Mamede do Castro est\u00e1 conscientemente illada das casas da aldea, como se a decisi\u00f3n da s\u00faa construci\u00f3n pasara por continuar aos p\u00e9s da antiga fortaleza, porque si, e non ao car\u00f3n dos feligreses. O seu rom\u00e1nico est\u00e1 cheo de chiscadelas, como podedes ver nestes s\u00edmbolos. Pero o m\u00e1is interesante foi un detalle que apreciamos especialmente no presbiterio. Efectivamente, esa igrexa rom\u00e1nica nalg\u00fan momento foi reconstru\u00edda ou <em>reubicada<\/em>. Algunhas das pezas, alg\u00fans dos canzorros, estaban ubicados f\u00f3ra do lugar orixinal. E outras pedras foran colocadas de xeito apresurado, claramente desmontadas da estrutura constru\u00edda polos primeiros canteiros. Mira esta porta:<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"http:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-content\/uploads\/mamede_1.jpg\" alt=\"\" \/><\/p>\n<p>Esta porta medieval parece tapiada, pero eu non entendo moito de edificaci\u00f3n e soa, m\u00e1is ben, a que cando a quixeron recompo\u00f1er non aparec\u00edan todas as pedras que deberan. Despois de todo, \u00bfser\u00eda ese traslado traum\u00e1tico do templo, despois dun asasinato dun sacerdote, unha realidade? \u00bfOu a lenda simplemente tentar\u00eda explicar o feito vis\u00edbel de que a igrexa foi reconstru\u00edda nalg\u00fan momento? \u00bfOu estar\u00eda agochando outro tipo de mitolox\u00eda? \u00bfHoubo un asasinato?\u00bfE quen foi o asasino? \u00bfE que xustificar\u00eda o traslado hai s\u00e9culos dunha igrexa do s\u00e9culo XII pedra a pedra, se as\u00ed foi a cousa? <\/p>\n<p>\u00bfAxudar\u00edanos a sabelo a inscrici\u00f3n que podes ver nese t\u00edmpano da porta? Se algu\u00e9n sabe lela e est\u00e1 interesado, p\u00f3dolle enviar unha copia en alta resoluci\u00f3n. Por agora, te\u00f1o a sensaci\u00f3n de que, se cadra, algunha informante oriunda da parroquia -a nosa fonte principal casara nela- poidera dar unha versi\u00f3n m\u00e1is detallada do asasinato. \u00bfA primeira lenda na que os mouros ga\u00f1an a sacerdotes cristi\u00e1ns? Um. <\/p>\n<p>A isto refer\u00edame con densidade. A maior parte da xente pasar\u00e1 por aqu\u00ed e desco\u00f1ecer\u00e1 toda esta intriga subxacente, que s\u00f3 se obt\u00e9n trala fortuna de ir encadeando conversas atinadas. Todo un CSI cultural nas s\u00faas pantallas!<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/maps.google.es\/maps\/ms?ie=UTF8&#038;hl=es&#038;oe=UTF8&#038;num=200&#038;start=198&#038;msa=0&#038;msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&#038;ll=42.72148,-8.24378&#038;spn=0.024434,0.038624&#038;z=15\">Localizaci\u00f3n de San Mamede do Castro en Cap\u00edtulo 0 Mapas<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A igrexa de San Mamede no cami\u00f1o do Couto Por veces este vello pa\u00eds ten&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/2008\/10\/29\/densidade-cultural-en-san-mamede-do-castro\/\">Ler a historia<span class=\"screen-reader-text\">Densidade Cultural en San Mamede do Castro<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":5603,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[2,18,8],"tags":[],"class_list":["post-5606","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-diario","category-notas-arqueoloxicas","category-roteiros","excerpt","zoom","full-without-featured","even","excerpt-0"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5606","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5606"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5606\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5603"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5606"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5606"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.manuelgago.org\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5606"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}